Páxinas

5 de mar. de 2015

Admisión no curso Afinación de tapas harmónicas (CAIM Luthería)

[FOTO: La Voz de Galicia] José Catoira no seu Obradoiro
Mañá venres 6 de marzo, ao longo de todo o día, terá lugar na nosa Escola o curso monográfico Afinación de tapas harmónicas dirixido polo luthier José Catoira
José Catoira foi alumno do Conservatorio de Música Tradicional (hoxe eTrad) e do obradoiro de Luthería da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Posteriormente continuou a súa formación no Cambridge Violin Makers, German Arias Luthier Workshop e Newark School of Violin Making -na que está diplomado- e hoxe é un dos máis recoñecidos profesionais da luthería do noso País.

Este curso monográfico convocouse especialmente para o alumnado de Construción Artesanal de Instrumentos Musicais (CAIM Luthería antiga) e requeríu inscrición, pois ten un número limitado de prazas.

A primeira parte do curso, de carácter teórico, entre as 10:00 e as 12 horas será, sen embargo, aberta ao todas as persoas interesadas ata completar o aforo da nosa Hemeroteca, para despois pasar só as admitidas ao obradoiro de Luthería antiga da EMAO para desenvolver o resto do cursiño, que finalizará contra as 20:00 horas.

Contido da sesión aberta:
  • Frecuencia de resonancia, harmónicos e hercios. 
  • Perspectiva histórica Savart, Chladni, Curtin.


A Lista de alumnado admitido para o curso de Tapas Harmónicas pódese descargar aquí 

Ningún comentario:

Publicar un comentario