Páxinas

8 de set. de 2015

Últimos Días para Visitar a Exposición "O Feo" no Espazo Emao



Recórdovos que ata o 26 de setembro pódese visitar no Espazo Emao a exposición "O Feo". Non vola perdades
Dentro da programación anual da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, inclúese, ao remate de cada curso académico, a producción dunha exposición dos resultados materiais e simbólicos dun proxecto --proposto no claustro do profesorado- que, partindo dunha idea xeradora única, interpretada libremente, dea lugar ao despregue do traballo, imaxinación e saber facer dos distintos talleres. 
Sobre a idea xeradora de “O Feo” agromaron os proxectos creativos, retos técnicos e obras concretas que agora amosamos. Trátase, novamente, da coidada exposición de creacións desenvolvidas coa participación do alumnado dos talleres a partir dunha iniciativa individual ou colectiva, pero, en todo caso, sempre asumida por toda a clase. 
Horario: laborables de 19:00 a 21:00 horas
Lugar: Espazo EMAO (entradas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Idea, produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Ningún comentario:

Publicar un comentario