Le costume historique de Auguste Racinet
Publicado por primeira vez en Francia entre 1876 e 1888, Le costume historique de Auguste Racinet foi
o máis extenso e incisivo estudo do vestir que xamais se fixera.
Trátase dunha obra colosal, publicada en seis volumes e ilustrada con
case 500 gravados, na que se analiza a historia da ropa, dos modos de
vestir e o estilo en todo o mundo, dende a antigüedade ata finais do
século XIX, e que aínda hoxe é un texto único pola súa extensión e
detalle.
Aínda cando o estudo do Racinet engloba o conxunto do planeta, dende a antigüedade ata os seus días, a obra céntrase no vestir europeo dende a Idade Media ata a década de 1880, tema que aborda cunha paixón e unha atención polo detalle extraordinarias.
No fondo histórico da biblioteca da Emao consérvanse tres tomos : v. 1 de Texto, v. 4 e v. 5 e tamén no fondo moderno a recente edición de Taschen do ano 2012.

Máis imaxes no blog Serigrafía Artística Emao
Ningún comentario:
Publicar un comentario