Dentro das previsións do novo Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, inícianse neste mes dous cursos monográficos, impartidos polo profesorado da Escola cunha duración, cada un, de 30 horas.
Cada sesión terá lugar os venres lectivos dende as 18:15 ás 20:45 horas.
Os cursos xa programados, que darán comezo o vindeiro día 22 de xaneiro (o prazo para inscribirse remata o 19 de xaneiro), son os seguintes:
- Do Debuxo á Autoedición
Impartido por: Alba Pardo e Federico Fernández, mestres de Serigrafía artística e Debuxo artístico da EMAO, respectivamente.
- Tallado e pulido por capas (Laminado en coiro)
Impartido por: Pepe Pereira, mestre de Artesanía en Coiro da EMAO
Estes cursos van dirixidos a persoas que non estean no curso 2015-2016 matriculadas na EMAO. O número máximo de inscritos é de 15. As persoas interesadas deberán preinscribirse por
correo electrónico, seleccionándose a admisión por orde de recepción no correo electrónico da Escola. No correo deberán recollerse os datos que se indican no/s folleto/s que poden consultarse nesta mesma entrada (pinchar na imaxe para agrandar):
Ningún comentario:
Publicar un comentario