A exposición de fin de curso 2015-2016 da EMAO, na que se presentan propostas realizadas nas aulas das distintas especialidades sobre un tema en común, terá este ano como centro de interese a Igrexa románica de Castrelos-Vigo, conmemorando así a efemérides dos 800 anos da súa construcción.
Como en cursos anteriores, trátase da presentación dunha proposta de creación colectiva a realizar polo alumnado, coordinada e dirixida polo mestre-mestra da especialidade, na que poden participar un ou varios niveis de cada unha, seleccionado/s polo/a mestre/a. O resultado será exhibido no Espazo EMAO, nunha Exposición que terá lugar contra o mes de xuño. Animarvos a participar!!!

A maiores, recomendamos a todo o alumnado que visiten, coñezan e
disfruten co estudo e contemplación deste extraordinario monumento da
arte medieval na nosa cidade. Nesta ligazón podedes consultar un libro en PDF sobre as igrexas románicas viguesas: https://goo.gl/L5aUC4"
Ningún comentario:
Publicar un comentario