Cada 23 de abril celébrase en todo o planeta o "Día Mundial do Libro e
do Dereito de Autor" desde que se acordou na 28ª reunión da UNESCO, que
así fóra. Os argumentos aportados pola organización dedicada ao fomento
da Educación, a Ciencia e a Cultura, pertencente á ONU foi (segundo
dicta o punto 3.18 da resolución alí acordada) porque o 23 de abril de
1616 coincidiron os decesos de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o
Inca Garcilaso de la Vega.
Pero esta crenza é un erro que se leva cometendo desde hai moito tempo. Por
unha banda, está demostrado que Miguel de Cervantes Saavedra non
morreu un 23 de abril, senón o día anterior. Tamén nos atopamos co
reiterado erro de situar o falecemento de William Shakespeare no 23 de
abril de 1616, pero esta é unha verdade a medias, debido a que esa data
estaba rexida polo calendario juliano si tivésemos que cadralo co noso
calendario (calendario gregoriano) resulta que o escritor inglés
falecera once días máis tarde: o 3 de maio. Para
rematar quédanos o escritor de orixe peruano o Inca Garcilaso de la Vega de
quen tamén se di que faleceu o 23 de abril de 1616, pero son moitos os
expertos e historiadores que indican que non se pode saber a data
exacta, debido a que existen inscripciones no que aparece a data 22 de
abril, outras o 23 e ata algunha do 24.
De todos os xeitos, e malia non coincidir realmente as datas, decidiuse
que o 23 de abril debía seguir sendo o declarado "Día Mundial do Libro e
do Dereito de Autor" que vén celebrándose anualmente.
Fonte: http://goo.gl/SFIIEY
Ningún comentario:
Publicar un comentario