Páxinas

17 de xuño de 2016

Convocatoria do Curso 2016 -2017 na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

O 20 de xuño ábrese o prazo de preinscripción para o curso 2016-2017

A presente convocatoria realízase ao abeiro da Normativa do Plan de Estudos 2015 (PEEMAO2015), aprobada pola Xunta Reitora do Organismo Autónomo na súa sesión de 16/04/2015 e posteriores modificacións aprobadas na sesión da Xunta Reitora de data 10/12/2015 e na sesión da Xunta de Goberno Local de data 29/04/2016. 
Todas as persoas que desexen iniciar os estudos en calquera das especialidades ofertadas deberán realizar a súa preinscrición, a partir do 20 de xuño, conforme ao modelo oficial de solicitude que será subministrado na Administración da EMAO e que tamén se poderá descargar e/ou cubrir e imprimir dende a páxina web www.vigo.org, apartado Educación-Escola Municipal de Artes e Oficios. As persoas interesadas tamén poderán preinscribirse on-line dende a páxina correspondente da web-EMAO.
O impreso de solicitude, debidamente cuberto e por duplicado (exemplar para a Administración e exemplar para o/a interesado/a) deberá entregarse na Administración ou na súa versión on-line, no horario e días que se establecen nestas normas. 

PRAZOS 

20 de xuño a 9 de setembro : Preinscrición alumnado de novo ingreso (só internet on-line) 
20 de xuño ao 31 de xullo e de 1 a 9 de setembro: Preinscrición alumnado de novo ingreso (presencial e on-line) 
30 de xuño : Listado de alumnado apto no curso 2015-2016 
13 de setembro
  • Publicación listados solicitantes novo ingreso 
  • Listados provisionais de alumnado procedente de cur sos anteriores, coa súa asignación ao nivel que lle corresponde no curso 20 16-2017. A presenza neste listado significa que a súa matrícula foi dada de alta para este curso. 
14 de setembro : sorteo para inscrición de alumnado de novo ingreso (só especialidades de Pintura, Debuxo artístico ) ás 12 h. da mañá na Biblioteca da EMAO. 
14-16 setembro : Celebración das probas de acceso, no/s día/s concretos que publicamente se indiquen nos primeiros día de setembro. 
21 de setembro : 
  • Listas de admitidos de novo ingreso despois do sorteo e probas de acceso
  • Listas definitivas de alumnado procedente de cursos anteriores, coa súa asignación ao nivel que lle corresponde no curso 2016-2017. A presenza neste listado significa que a súa matrícula foi dada de alta para este curso. 
22-30 de setembro : Matrícula alumnado de novo ingreso. 
3 de outubro: COMEZO DO CURSO

Ningún comentario:

Publicar un comentario