CURSOS
MONOGRÁFICOS DE VERÁN. XULLO 2016
ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO
ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO
Convócanse
os seguintes cursos monográficos que terán lugar nas aulas e
talleres da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo no mes de
xullo de 2016:
Aula
de Debuxo artístico: “Debuxar o corpo espido”
Impartido
por Federico Fernández, mestre da especialidade na EMAO
Destinatarios:
Ex-alumnos/as da EMAO das especialidades de Pintura e Debuxo.
Programa:
Programa:
- A proporción e o encaixado. Toma de medidas
- Representación da figura a través de unha estructura sinxela. Equilibrio e ritmo na figura humana. Fondo e figura.
- A mancha o claroscuro a partir de modelo espido: Representación do volumen por contraste do claroscuro, tendo en conta a posición de luces e sombras.
- Realización de apuntes de movemento. Captación e xestión da información visual.Retentiva. O boceto e o apunte do natural.
Material
a aportar polo alumnado: Lápis de carbón, barra de grafito,
barras de carbón papeis de debuxo diversos, goma de pan, chinchetas,
rotuladores acrílicos de diversos grosores.
Aula
de Pintura: “O libro de artista”
Impartido
por Paula Mariño, mestra da especialidade na EMAO
Destinatarios:
Ex-alumnos/as da EMAO das especialidades de Pintura e Debuxo.
Programa:
- Introducción: Qué é un Libro de artista?/ Historia do Libro de Artista/ Como fabricalo?/Traballos recentes
- Tipoloxía dos libros intervidos
- Prácticas de elaboración do Libro persoal. Traballo en grupo e individual.
Aula
de Deseño e encaixe de palillos: “Iniciación ao encaixe ruso”
Impartido
por Marian Núñez, mestra da especialidade na EMAO
Destinatarios:
Ex-alumnos/as de Encaixe de Palillos na EMAO
Programa:
- Deseñar os distintos equipos para a correcta execución da cinta.
- Axustar a escala do deseño.
- Adecuar o material (liño, seda, algodón) á escala de traballo.
- Obter distintas cintas para desenvolver nun deseño especifico de encaixe ruso.
Material
a aportar polo alumnado: Almofada plana circular /Palillos
mallorquins /Diferentes fios /Alfinetes /Ganchillos (e demais
utensilios para realizar o traballo)
Taller
de Cerámica artística: “A cerámica e o audiovisual”
Impartido
por Miguel Vázquez, mestre da especialidade na EMAO
Destinatarios:
Aberto, non se necesitan coñecementos previos de cerámica
Programa:
- Distinguir os distintos xéneros da producción audiovisual sobre cerámica.
- Elaborar fichas técnicas das distintas propostas audiovisuais.
- Acostumarse a utilizar o audiovisual como método de coñecemento sobre cerámica
Material
a aportar polo alumnado: Non hai material
Taller
de Serigrafía artística: “Introducción á serigrafía artística”
Impartido
por Alba Pardo, mestra da especialidade na EMAO
Destinatarios:
Aberto, non se necesitan coñecementos previos de serigrafía
Programa:
- Equipo e materiais
- Preparación de pantallas
- Limpeza, emulsionado, insolado e secado
- O rexistro
- A impresión
- Cómo montar un pequeno obradoiro serigráfico caseiro
Material
a aportar polo alumnado: Rotulador opacador para serigrafía,
cinta adhesiva, papel para estampar, acetatos A4.
Talleres
de Ourivaría e Artesanía en coiro: “Creación
de fornituras e accesorios en Coiro e Metal”
Impartido
por Sandra de Jesús e Pepe Pereira, mestres das especialidades
na EMAO
Destinatarios:
Ex alumnos/as da EMAO das dúas especialidades, ou externos con
coñecementos básicos demostrables.
Programa:
- Introducción os materiais e técnicas a empregar
- Segueteado, conformado e acabado de pezas en coiro e metal.
- Fixación de elementos de suxeición na peza decorativa.
- Aplicación de complementos decorativos mixtos con técnicas de decoración e estampación.
- Completar sistemas de peche e suxeición.
Material
a aportar polo alumnado: Ferramenta básica de man que poidan
aportar segundo a súa especialidade (alicates, seguetas, tesoiras,
coitelas, burís…..)
Taller
de Encadernación: “Carpetas e caixas contedoras de obra gráfica”
Impartido
por Pablo Otero, mestre da especialidade na EMAO
Destinatarios:
Aberto
Programa:
- Diferentes métodos de conservación gráfica:
- Carpetas
(Obra gráfica sen volume: debuxo, acuarela, fotografía, serigrafía)
- Caixas
para gravados que protexan o volume, o gofrado e o matérico
- Elementos a elaborar:Carpetas de tapa dura con solapas, con peto e fol Caixas con tapa independente, de dobre bandeixa e con boca de peixe
Taller
de Talla e escultura en madeira: “Gravado en relevo madeira
-xilografía II”
Impartido
por Rosa García, mestra da especialidade na EMAO
Destinatarios:
Persoas que teñan coñecementos previos demostrables de gravado en
madeira. Terán preferencia as que realizaron o curso na EMAO
“Gravado en relevo madeira -Xilografía I”.
Programa:
- Procesos de creación do gravado en relevo, cunha soa plancha: plancha a fondo perdido.
- Técnicas aditivas: O collagraph e Carborumdum
- Técnicas mixtas
Material
a aportar polo alumnado: Planchas de linóleo, madeira e papeis
de gravado
Taller
de Construción de Zanfonas: “Técnica
de calado. Corte con segueta de marquetería”
Impartido
por Xaime Rivas, mestre da especialidade na EMAO
Destinatarios:
Aberto
Programa:
- Habilidades e competencias necesarias para efectuar corte con segueta de marquetería con calidade. Prácticas con cortes en liña con serra de corte frontal, cortes en curva con serra de corte frontal, cortes con serra de corte redondo.
- Construcción dun obxeto concreto suxerido polo alumno/a ou polo mestre.
Material
a aportar polo alumnado:
Taboleiro
de marqueteria para as prácticas.Taboleiro
con deseño impreso para a construcción do obxeto concreto. Arco
de marquetería grande.
Taller
de Construción de gaitas: “Iniciación á construción de
palletas”
Impartido
por Carlos Corral, mestre da especialidade na EMAO
Destinatarios:
Antigos alumnos/as de IMPG ou CAIM da EMAO, profesores/as de gaita e
gaiteiros/as. (indicarase no correo de inscrición)
Programa:
- Corte e desbastado de cana
- Calibrado da cana e preparación segundo tonalidade
- Confección do tudel
- Preatado e atado
- Desvaste das palletas
- Rematado e afinación
- Confección de pallóns
CONDICIÓNS
COMÚNS A TÓDOLOS CURSOS
Duración
curso: 30 horas
Datas:
laborables do 4 ao 15 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas
Prazas
limitadas: 15
por curso, agás Zanfona e Gaita que será de 10
Prazo
de solicitude:
ata o 28 de xuño de 2016
Inscripción:
Gratuíta.
Mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.org,
cos seguintes datos (imprescindibles)
- Asunto: [nome do curso]
- Nome e apelidos do/a solicitante:
- DNI:
- Anos nos que cursou estudos da especialidade na EMAO: [no caso en que sexa condición telos cursado para acceder ao monográfico seleccionado]
Admisión
de solicitudes:
- Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
- Só serán válidas as solicitudes que cumpran as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso monográfico en concreto
- A inscrición farase por estricta orde de recepción do correo electrónico de solicitude ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
- A confirmación da matrícula realizaráa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase aos reservas
Ningún comentario:
Publicar un comentario