Páxinas

22 de xul. de 2016

Catálogo da Exposición "Castrelos, 800 anos de arte románica. Unha visión contemporánea"

Ata o 14 de outubro (agosto pechada) permanecerá aberta, no noso Espazo EMAO, a exposición Castrelos, 800 anos de arte románica. Unha visión contemporánea, que reúne os traballos artesanos e artísticos das distintas especialidades presentes na Escola, que conmemoran o 800 aniversario da igrexa románica de Castrelos, en Vigo.

No catálogo, que vimos de editar en formato exclusivamente dixital, recóllense as imaxes da totalidade das obras expostas e os textos e cartelas explicativos de cada unha.

Pódese descargar esta publicación, nas ligazóns que incluímos ao final desta entrada, nas súas versións en formato flash (libro con simulación  de pase manual das páxinas) ou en pdf.

Descarga catálogo en formato Flash
Descarga catálogo en formato PDF

Ningún comentario:

Publicar un comentario