Xa están publicadas no taboleiro da Escola e tamén na páxina web as listas cos resultados das probas de acceso. As persoas incluídas nos listados do resultado do sorteo e das probas de acceso, deberán formalizar a súa matrícula presentando na Unidade administrativa a seguinte documentación :
- Impreso de confirmación de matrícula debidamente asinado pola persoa interesada, segundo modelo oficial ( pódese recoller na conserxería da Escola).
- Fotocopia simple do seu DNI.
Datas e horario de matrícula:
- 22 ao 29 de setembro (de 9:00 a 14;00 horas e de 16:00 a 20:00 horas)
- 30 de setembro (de 9:00 a 14:00 horas)
De non confirmarse a matrícula nas datas indicadas, daráselle de baixa na lista de admisión, pasando a ocupar o seu posto o seguinte na lista de espera.
Establécese unha lista de agarda para cada especialidade, para os casos de substitución por baixa ou por renuncia do alumnado, durante o primeiro trimestre do curso 2016-2017. Por razóns prácticas, o número de persoas que figuran na lista de agarda que se publica é, como máximo o número de prazas ofertadas para cada especialidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario