Páxinas

10 de out. de 2016

Última Semana para Visitar a Exposición "Castrelos 800 Anos de Arte Románica. Unha Visión Contemporánea"



Última semana para visitar na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, a exposición "Castrelos 800 anos de arte románica: unha visión contemporánea".
A arte románica en Vigo ten data: 1216. É o ano da construción da Igrexa de santa María de Castrelos, un dos exemplos mellor conservados do románico rural galego. No ano que andamos cúmprense, pois, os 800 deste monumento. Con este motivo, o profesorado e alumnado da Escola de Artes e Oficios de Vigo acordaron, a comezos do curso 2015-2016, adicar a esta efemérides a exposición do proxecto colectivo que pechou o ano académico 2015-2016.
O lugar é o Espazo EMAO, edificio da Escola, entradas polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro, de luns a venres de 19:00 a 21:00 horas

Ningún comentario:

Publicar un comentario