Páxinas

23 de nov. de 2016

Exposición Proxectos 2016: Ourivaría (1)

A ficha de catálogo das pezas expostas na exposición Proxectos 2016 desta especialidade:

OURIVARÍA
Mª Luisa Caride Lago
De “Cochleare” a cuchara
Madeira, cobre, prata, latón, metacrilato, ametistas, esmalte en frío. 

Colección de seis culleres coas que se interpreta a evolución deste utensilio ao longo da historia. Levouse a cabo unha investigación e análise sobre a culler, xurdindo estes seis deseños. En cada culler aplícanse técnicas e procedementos distintos dependendo tamén do material empregado:
- Culler primitiva feita de madeira con incrustacións de prata, interpretando a orixe da culler como utensilio
Culler Antiga feita de cobre cun gravado de inspiración exipcia e patinado. Esta culler baséase nas culleres-paleta exipcias que se empregaban para os ungüentos e a maquillaxe
Culler Romana, elaborada en prata; o seu deseño parte dunhas culleres romanas que se usaban para comer caracois, de aí que teña un espeto na parte de atrás do mango.
Culler Papal, a inspiración desta culler xorde da ostentación eclesiástica, é unha culler xoia, feita en latón, co seu esmalte e as súas pedras preciosas engastadas que, neste caso, son unhas ametistas
Culler Futurista, feita usando metacrilato, neste caso de cor azul, tallada e modelada dunha peza e cunha incrustación, no seu perfil, de prata.
A Anti-culler, esta non-culler é o resultado dun deseño de culler que non se pode empregar como tal; é mais unha xoia, pois o seu mango pousa sobre o seu cunco facendo imposible un uso correcto como utensilio.



OURIVARÍA
José Ignacio Bajo Benito
Inquedanza serea
Xibias de calamar, Caricola e Estrela de prata 950. Molde en area Delf
 
Un proxecto de investigación e práctica de distintos tipos de función alternativa, empregando tamén distintos metais. O obxectivo foi investigar os procesos; así construíronse moldes en xíbia, de madeira, de area, adaptándoos aos puntos de fusión dos metais.
Podemos ver unha mostra do resultado dalgúns dos moldes feitos en xíbia xa empregados, observar como o metal entrou e queimou o interior: os moldes preséntanse como unha obra en si mesma.
Tamén se presentan as pezas que resultaron destes procesos.






Ningún comentario:

Publicar un comentario