Esta mostra supón unha relectura actualizada da exposición A arte inexistente
comisariada por Rosario Sarmiento para o Auditorio de Galicia en 1995,
que reunía obras de artistas mulleres en Galicia no século XX. Dende a
perspectiva do tempo transcorrido, situámonos no espazo
histórico-temporal das primeiras décadas do século XXI, o que permite
visualizar relatos, protagonismos e visións máis amplas sobre as achegas
e o papel dalgunhas artistas na historia da creación plástica da
Galicia contemporánea. A exposición percorre diferentes xeracións de
artistas ata chegar a aquelas creadoras que acceden por primeira vez en
Galicia a unha formación académica, tras a creación da Facultade de
Belas Artes de Pontevedra en 1990.
Ata o16 abril 2017
Lugar: Planta baixa
Horario: martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 y de 17.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 14.30
Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Comisariado: Rosario Sarmiento
Artistas: Mónica Alonso, Berta Cáccamo, Elena Colmeiro, Mª Carmen Corredoyra y Ruiz de Baro, Mª Antonia Dans, Angela de la Cruz, Mª Victoria de la Fuente, María Xosé Díaz, Dolores Díaz Baliño, Almudena Fernández Fariña, Mª Elena Fernández-Gago, Menchu Lamas, Maruja Mallo, Fina Mantiñán, Tatiana Medal, Julia Minguillón, Rosalía Pazo Maside, Soledad Penalta, Pamen Pereira, Beatriz Rey, Mercedes Ruibal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario