Imaxe: Jose Luis Cernadas Iglesias, Catedral de Ourense |
A xornada Metodoloxía e criterios sobre restauración de instrumentos históricos. Estado da cuestión en Galicia xorde do interese da Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega de sensibilizar a sociedade sobre a importancia do noso patrimonio musical instrumental. Ademais desta finalidade divulgativa, quere servir de punto de encontro de especialistas para coñecer o estado da cuestión en Galicia e debatermos sobre o futuro co fin de mellorar a comunicación entre os diferentes profesionais e a sociedade. Será o vindeiro 15 de febreiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario