Durante o curso pasado restauráronse varios libros e revistas do noso
fondo histórico. Periódicamente traeremos ao noso blog algunhas destas
obras para ver os resultados.
Hoxe ocupármonos da obra: Colección de trajes de España, tanto antiguos como modernos, que comprehende todos los de sus dominios: dividida en dos volumenes, con ocho quardernos de á doze estampas cada uno dispuesta y gravada por D. Juan de la Cruz Cano y Holmedilla... Tomo primero.
Esta obra imprimiuse en Madrid no ano 1777.. En España non existían precedentes deste tipo de estampas que si eran moi comúns en Francia, onde o autor permaneceu durante oito anos pensionado pola Real Academia de San Fernando. A serie tivo un éxito case inmediato, tanto en España como no estranxeiro, onde se fixeron edicións fraudulentas en Francia e Alemania. É a obra máis popular do gravador madrileño Juan de la Cruz Cano y Olmedilla que proxecto a colección como unha obra por entregas, dividida en dous volumes, con ocho cadernos de doce estampas cada un. O primeiro caderno saíu á venda en 1777, o sétimo e último en 1788, aínda que deste só se coñecen dez estampas. Dous anos despois falece o autor e deixa a obra incompleta. (Fonte: Biblioteca Nacional de España)

O noso volume só ten seis cadernos. O sexto contén "As castas de América" e só hai 4 estampas. O libro ten 67 follas. Cada folla é un gravado. Están numerados do 1 ao 64. A primeira folla e as dúas ultimas están sen numerar.
Está encadernado en holandesa ou media pel, o lombo e
as esquinas son de pel chagrain cor marrón e os frontes de papel marmoleado. Está
encadernación estaba en moi mal estado con as tapas moi sucias e
deterioradas. O papel presentaba engurras e pliegues, cortes e ata perda
de papel. O cartón fora atacado polos insectos e presenta numerosas galerías. O libro está cosido e encartonado con cinco cordeles. As guardas son tamén de papel marmoleado e como papel de tiro usáronse dous cantorales para a tapa anterior e a posterior.
A cor do papel marmoleado variou pola exposición á luz a longo dos anos. Tiña
tamén suciedad superficial sobre todo na primeira páxina. Manchas de
tinta, marcas de humidade, e resaltaban as galerías que provocadas polos
insectos que fixeron verdadeiros túneles que percorrían o libro. Aínda que os gravados atópabanse en bo estado e o papel das páxinas interiores estaba ben conservado. Destacaba pola beleza dos gravados, a boa calidade do papel e as marabillosas marcas de auga.
Despois dos traballos de restauración donde a primado a conservación, é dicir intentar conservar todo o que libro ofrece, non foi posible utilizar o cartón das tapas, moi deteriorado, nin a pel das esquinas en moi mal estado. Utilizáronse cartones neutros cortados do mesmo tamaño que os orixinais, aos que se pegou o papel xa limpo e restaurado das tapas, limpáronse as follas de cantorales usadas como papel de tiro, as guardas... Reparouse o papel atacado polos insectos... Usáronse varios
tipos de papel xaponés segundo o tipo de desperfecto a reparar.
O lombo orixinal foi restaurado con papel xaponés tinguido cunha cor
similar. A pel hase lijado un pouco, cunha lija suave para darlle un
aspecto envellecido. Aplicóuselle unha capa de cera Cire 212.
Este é o resultado, puidemos ser fieis á estrutura do libro e este non perdeu a súa identidade.
Boas tardes, poderiadesme dicir se contén grabados de traxes galegos? Grazas.
ResponderEliminarNon, lamentablemente non ten ningún traxe relacionado con Galicia. Aínda así ten uns gravados excelentes.
ResponderEliminarMoitas gracias!
ResponderEliminar