CLASES MAXISTRAIS, CONFERENCIA E DEMOSTRACIÓN
COMPRÓBESE se o acceso é libre ou por inscrición
Dentro da programación formativa e divulgativa complementaria da Exposición #handmadenothomemade Coiro: cor e volume --que se mostra no Espazo EMAO ata o 7 de abril-, o Obradoiro de Artesanía en Coiro da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), --unha vez rematados os encontros con Jim Linnell- oferta o seguinte
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
(todas se realizarán, nos días e horas indicados, na sala de Hemeroteca da EMAO, agás a do día 7 de abril)
* Venres 17 de marzo. 18:15 horas
Clase maxistral: Trenzas Trucos e Botóns
Impartida por: Isaac Romero Esteras (Vigo) e José Bértolo Pichel (Vigo).
Destinatarios: público en xeral (previa inscrición) e alumnado da especialidade
Prazas limitadas
Estes dous artesáns de longa traxectoria no mundo do Coiro, van amosar como traballan o coiro para realizar a tira para trenzar, realizar diferentes trenzados planos e cilíndricos, botón e tamén nos darán trucos e consellos para realizar o bruñido e acabado da peza.
* Venres 24 de marzo. 18:15 horas
Clase maxistral: Aplicación do Guadamecil Contemporáneo
Impartida por: Nelson Gómez Callejas (Colombia).
Destinatarios: público en xeral (previa inscrición) e alumnado da especialidade
Prazas limitadas
A técnica adquire con Nelson unha fasquía especial: a cor, o xeito de aplicalo, os productos empregados. Ademais dunha introdución histórica faranos comprender a obra do mestre, pai do Guadamecil Contemporáneo que, sen dúbida, non só nos aprenderá a traballar o Coiro senon que tamén nos amosará como transformar en arte o que levamos dentro.
* Luns 27 de marzo-16:30 horas
Clase maxistral: Moldeado básico e con area
Impartida por: José Villar (Silleda).
Destinatarios: público en xeral (previa inscrición) e alumnado da especialidadePrazas limitadas
Cunha traxectoria envidiable, de experimentación e formación, José faranos una introdución rápida á técnica do moldeado sobre molde e, para avanzar, explicará unha técnica tradicional de moldeado con area quente, que ten a peculiaridade de que, ademais de dar forma, endurece o coiro. Na exposición podemos apreciar varias técnicas realizadas con esta técnica.
* Mércores 29 de marzo 18:00 horas
Conferencia: Coiro Tridimensional dende o século V a. de C.
Impartida por: Franklin Pereira (Portugal).
Destinatarios: público en xeral, entrada libre ata completar afor
O Profesor visítanos para amosarnos parte do seu traballo realizado durante anos: investigar e divulgar o traballo do Coiro, as suas técnicas e as diferentes formas de traballalo en todo o mundo; nesta ocasión facilitaranos a comprensión da evolución das técnicas de volume no coiro e a tipoloxia de pezas.
* Venres 7 de Abril 17.00 horas
Demostración : Así se traballa o Coiro na EMAO
A cargo de: Alumnado actual e que rematou os seus estudos de coiro na EMAO
Destinatarios: Entrada libre ata completar o aforo
Lugar: Espazo EMAO (Sala de exposicións)
Como xa fixemos na pasada exposición Coiro… aínda que non o pareza, para a clausura temos preparada unha macrodemostración, baixaremos as mesas da clase e en cada unha farase unha demostración de cada unha das técnicas que se ensinan na nosa especialidade, coa novidade de que estas faranas íntegramente alumnado actual e e antigo da Escola.
IMPORTANTE PARA A INSCRICIÓN
Para solicitar a
inscrición nestas actividades deberá enviarse un correo electrónico a emao@vigo.org coas características que se detallan:
* Clase maxistral de Isaac
Romero e José Bértolo:
Indicar no Asunto: “Trenzas trucos
e botóns”
No corpo da mensaxe indicaranse nome e apelidos do/a solicitante
Data límite inscrición: xoves 16 de marzo ás 14.00
* Clase maxistral de Nelson
Gómez Callejas :
Indicar no Asunto: “Guadamecil contemporaneo”
No corpo da mensaxe indicaranse nome e apelidos do/a solicitante
Data Límite: Mércores 22
de Marzo ás 14.00
*Clase maxistral de José
Villar:
Indicar no Asunto: “Moldeado básico
e con area”
No corpo da mensaxe indicaranse nome e apelidos do/a solicitante
Data Límite: Xoves 23 de
Marzo ás 14.00
A admisión, ata completar as 40 prazas reservadas farase por estricta orde de chegada do correo electrónico ao enderezo indicado.
A relación de persoas admitidas publicarase no taboleiro de anuncios da Escola e no Blog da especialidade de Artesanía en coiro
Enviarase ás persoas admitidas un correo electrónico de confirmación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario