Dentro
da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de
Artes e Oficios (PEMAO15), faise a seguinte 1ª convocatoria de
cursos monográficos para o período abril-xuño 2017, dirixidos ás
persoas interesadas, que cumpran os requisitos fixados e que non
estean matriculadas no presente curso 2016-2017 na EMAO:
*
Aula de Pintura: “TEORÍA E PRÁCTICA DO CADERNO DE APUNTES: A
TERAPIA DA OBSERVACIÓN”
Impartido
por Jacobo Fernández, mestre da especialidade na EMAO
Destinatarios:
Persoas interesadas na práctica do debuxo e da pintura, que non
estean matriculadas na EMAO no curso 2016-17
Datas:
do 21 de abril ao 23 de xuño, os venres (laborables) de 18:00 a
21:00 horas
Inscrición
ata o 18 de abril
Duración:
30 horas
Programa:
Estudo
e adestramento no caderno de apuntes, técnicas básicas, historia,
actualidade, filósofía e, sobre todo, práctica deste medio de
debuxo e pintura portátil cada vez máis vixente.
- Historia, filosofía e actualidade.
- Materiais e cuestións técnicas.
- Práctica a partir de propostas de traballo dentro e fora da escola.
Material
a aportar polo alumnado: Caderno de apuntes e materiais básicos
de debuxo e cor.
*
Aula de CAIM-Gaita (colaboración con Ourivaría): “ANELADO DE
GAITAS E INSTRUMENTOS CON METAIS”
Impartido
por Carlos Corral e Sandra de Jesús,
mestres da EMAO das especialidades de CAIM-Gaita e Ourivaría,
respectivamente.
Destinatarios:
Ex-alumnos/as da EMAO da especialidade de CAIM-GAITA.
Datas:
do 17 de abril ao 26 de xuño,
os luns (laborables) de 11 a 14 horas
Inscrición
ata o 11 de abril
Duración:
30 horas
Programa:
OBXETIVOS:
-
Ampliar os coñecementos dos alumnos na materia de ornamentación do
instrumento.
-
Adquirir os coñecementos básicos do traballo en metais non ferrosos
(cobre, latón, prata, etc); técnicas de corte, conformado,
soldadura, limado, lixado, repuxado e pulido.
CONTIDO:
-
Cálculo e desenrolo do metal necesario para cada anela.
-
Corte do metal.
-
Recocido e conformado das anelas na lastra
-
Técnica de soldadura
-
Repasado (limar, lixar, ...)
-
Preparación da base na madeira
-
Axuste e colocación
-
Técnica de repuxado sobre a madeira no torno
-
Repasado e satinado no torno
-
Abrillantado na pulidora
Material
a aportar polo alumnado:
Dúas
limas de agulla ou limatóns:
Unha
lima de agulla plana ou de espada (barrete)
Unha
lima de agulla de media cana
Soldadura
de prata en fío.
Unha
ducia de pelos de segueta do número 4/0 ou 3/0 para cortar metal.
*
Aula de CAIM-LUTHERÍA ANTIGA: “ELABORACIÓN DE ROSETAS PARA LAÚDE
RENACENTISTA E BARROCO”
Impartido
por Ramón R. Casal, mestre
de CAIM-Luthería antiga da EMAO
Destinatarios:
Este curso vai dirixido a músicos, artesáns ou aficionados á
madeira que sintan inquedanza pola luthería antiga e queiran ampliar
os seus coñecementos e que non estean matriculados na EMAO no curso
2016-17
Datas:
do 20 de abril ao 22 de xuño, os xoves (laborables) de 11:00 a 14:00
horas
Inscrición:
ata o 18 de abril
Duración:
30 horas
Programa:
O
curso terá un contido eminentemente practico.
Historia
da luthería, destacando o campo dos constructores de Laude
Renacentista e Barroco.
Elaboración
da mesa de calar.
Preparación
da goma laca para vernizado final.
Debuxado
do modelo elexido na madeira.
Taladro
da peza para introducir a serra.
Segueteado
manual.
Perfeccionamento
con limas e bisturí.
Montaxe
no caso da roseta de dous pisos, preparación do pergamiño.
Acabado
con goma laca.
Material
a aportar polo alumnado:
1
bata branca
1
Libreta e portaminas de 0.5
1
Segueta ou serra de arco.
12
serras do nº 2 ou nº 3 para madeira.
1
bisturi nº 3
10
coitelas do nº 11
1
peza de madeira de faia (fagus sylvatica) de 1000 x 120 x 4 mm.
CONDICIÓNS
COMÚNS A TÓDOLOS CURSOS
Duración
curso: 30 horas
Prazas
limitadas: 15 por curso
Inscripción:
Gratuíta.
Mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.org,
cos seguintes datos (imprescindibles)
•
Asunto: [nome do
curso]
•
Nome e apelidos do/a
solicitante:
•
DNI:
•
Anos nos que cursou
estudos da especialidade na EMAO: [no caso en que sexa condición
telos cursado
para acceder ao monográfico seleccionado]
Admisión
de solicitudes:
- Non poderán inscribirse as persoas que estean matriculadas na EMAO no curso 2016-217
- Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
- Só serán válidas as solicitudes que cumpran as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso monográfico en concreto
- A inscrición farase por estricta orde de recepción do correo electrónico de solicitude ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
- A confirmación da matrícula realizaráa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase aos reservas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario