Páxinas

5 de abr. de 2017

Demostración de Técnicas para Traballar o Coiro, o Venres 7 de Abril, no Espazo Emao


Este venres, 7 de abril, clausúrase a exposición #handmadenothomemade e como broche final o mestre de artesanía en coiro, Pepe Pereira, organizou unha actividade máis, trátase dunha demostración de diferentes técnicas para traballar o coiro:

  • Repuxado
  • Labrado
  • Pulido por capas
  • Tallado
  • Costura
  • Trenzado
  • Color (Guadamecí tradicional e Jojloma)
  • Modelado
  • Moldeado

Todas estas técnicas estarán realizadas polos alumnos actuais e tamén polos antigos alumnos da especialidade, incluíndo unha presenza simbólica da aula de artesanía do coiro no Espazo EMAO.
Horario: 17:00 a 20:30 
Data: 7 de abril 2017
Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra). 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario