Páxinas

18 de maio de 2017

Día Internacional dos Museos 2017




Os museos xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia propoñen unha completa e diversa programación de actividades para convidar a todos os galegos e as galegas a celebrar o Día Internacional dos Museos, o 18 de maio, que este ano se presenta baixo o lema Museos e historias controvertidas: dicir o indicible nos museos. 
A programación conmemorativa do Día dos Museos pódese consultar para cada un dos centros na Axenda de Cultura https://www.cultura.gal/gl/axenda. Tamén se ofrece información específica das principais actividades no enlace https://www.cultura.gal/gl/ciclo/2010
As actividades serán gratuítas para os asistentes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario