Páxinas

26 de xuño de 2017

Convocatoria para o Curso 2017- 2018 na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

O 26 de xuño ábrese o prazo de preinscripción para o curso 2017-2018

A presente convocatoria realízase ao abeiro da Normativa do Plan de Estudos 2015 (PEEMAO2015), aprobada pola Xunta Reitora do Organismo Autónomo na súa sesión de 16/04/2015, que debe consultarse en http://hoxe.vigo.org/movemonos/emao16.php e posteriores modificacións aprobadas na sesión da Xunta Reitora de data 10/12/2015 e na sesión da Xunta de Goberno Localde data 29/04/2016.

Prazos:

26 de xuño a 8 de setembro: Preinscrición alumnado de novo ingreso (só internet on-line)
26 de xuño ao 31 de xullo e de 1 a 8 de setembro: Preinscrición alumnado de novo ingreso (presencial e on-line)
30 de xuño: Listado de alumnado apto no curso 2016-2017
13 de setembro:
  • Publicación listados solicitantes novo ingreso.
  • Listados provisionais de alumnado procedente de cursos anteriores, coa súa asignación ao nivel que lle corresponde no curso 2017-2018. A presenza neste listado significa que a súa matrícula foi dada de alta para este curso.
15 de setembro: sorteo para inscrición de alumnado de novo ingreso (só especialidades de Pintura, Debuxo artístico ) ás 12 h. da mañá na Biblioteca da EMAO.
14-19 setembro: Celebración das probas de acceso, no/s día/s concretos que publicamente se indiquen nos primeiros día de setembro.
22 de setembro:
  • Listas de admitidos de novo ingreso despois do sorteo e probas de acceso
  • Listas definitivas de alumnado procedente de cursos anteriores, coa súa asignación ao nivel que lle corresponde no curso 2017-2018. A presenza neste listado significa que a súa matrícula foi dada de alta para este curso.
22-29 de setembro: Matrícula alumnado de novo ingreso.
2 de outubro: Comezo do curso

A preinscrición poderase facer presencialmente ou por internet, mediante o formulario oficial que se subministrará aos interesados/as e no apartado da EMAO da páxina web municipal. A matriculación na EMAO implica a aceptación plena dos programas, horarios e Normativa que rexen a actividade da Escola.

Ningún comentario:

Publicar un comentario