Este xoves, 8 de xuño ás 19:30, na hemeroteca presentación do libro de Jella Lepman "Un puente de libros infantiles". A incrible historia dunha muller con visión, que logrou facer da literatura infantil un instrumento eficaz de entendemento entre nacións, xusto ao término da II Guerra Mundial. Jella Lepman alzou, no medio das ruínas de Alemania, as primeiras pontes de paz, e os seus proxectos en torno á literatura constitúen hoxe algunhas das máis importantes organizacións internacionais. ¡Ven á Escola de Artes e Oficios o vindeiro xoves!
Ningún comentario:
Publicar un comentario