O 19 de setembro comeza na hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo o seminario "A imaxe e os seus interrogantes nas artes e as humanidades" impartido por Oscar Scopa. Está destinado a persoas vinculadas ás artes e ás humanidades.
Oscar Scopa
publicou numerosos traballos científicos en Europa e América. Entre os
seus libros cabo destacar "Cavas e miñangos" (1985), "Fachada" (1986),
"Camporégano" (1997), "Nostálgicos de aristocracia" (2005) ou "O fin do
mundo xa tivo lugar (isto non é unha crise)" (2013). Deu conferencias
por distintos países europeos e americanos. Foi columnista dos xornais
Diario 16 e El Mundo. Tamén foi columnista da revista especializada
Cuadernos de Jazz. Exerce a docencia na Universidade
Carlos III de Madrid e na Universidade de Vigo.
Datas: comeza 19 de setembro de 2017 ata 27 de marzo de 2017. Martes en dúas sesións cada mes de 1,30 horas de duración.
- 19 de setembro
- 3 e 24 de outubro
- 7 e 28 de novembro
- 5 e 12 de decembro
- 16 e 30 de xaneiro
- 6 e 27 de febreiro
- 6 e 27 de marzo
Horario: de 20:00 a 21:30 horas
Máximo 30 prazas
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Avd. García Barbón, 5)
Inscripción: ata o 14 de setembro, gratuita mediante envío de correo-e a emao@vigo.org cos seguintes datos (imprescindibles):
- Asunto: Seminario "A imaxe"
- Nome e apelidos solicitante
- DNI
- Curriculum vitae e/ou perfil profesional en internet
A confirmación da inscripción realizarase por correo electrónico enviado dende a EMAO.
As persoas inscritas que falten ás dúas primeiras sesións, ou a tres durante a duración do seminario, serán dadas de baixa, poidendo ocupar o seu lugar os que tormen parte da lista de agarda elaborada despois da primeira selección de participantes.
Ao finalizar o seminario entregarase certificado de asistencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario