Páxinas

28 de xuño de 2018

Escola de Verán EMAO Vigo 2018

CURSOS CONVOCADOS
9 ao 20 de xullo
Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
[preinscrición ata o 3 de xullo]

Aulas de Debuxo e Moda e Confección: “O DEBUXO COMO LINGUAXE NA MODA: O FIGURIN I”
Impartido por Federico Fernández e Emma Pintos, mestres das especialidades na EMAO
Destinatarios: Persoas interesadas na práctica do debuxo na moda.
Datas: do 9 ao 20 de xullo de 10:00 a 13:00 horas
Duración: 30 horas
Programa:
Obxectivo: Curso interdisciplinario na que nos centraremos, mediante exercizos, en achegar o debuxo do movemento do corpo, a proporción e as posicións diversas do mesmo, para aplicalo na representación dun figurín de deseño de roupa. Ademais trataremos os elementos dunha peza de ropupa, a representación de tecidos, as texturas e caidas, costuras, adornos... Toda a información que pode dar un debuxo a un deseño de moda.
Contido
Breve radiografía da ilustración de moda analizando imaxes dos grandes ilustradores na historia da Moda
Coñecer a morfoloxía do corpo humano e aplicala aos figuríns de moda
Coñecer os tecidos, texturas, caídas e enrrugas e representalos por medio do debuxo
Representar os elementos dunha peza de roupa (costuras, peches, petos, colos, mangas...)
Coñecer e aplicar as texturas visuais reltilizar a liña e texturas visuais para a representación das formas
Material a aportar polo alumnado: Block de debuxo tipo esbozo formato A3. Papel cebola. Lapis HB e 2B. Goma.

Aula de Cerámica Artística: “PASTA EXIPCIA”
Impartido por Miguel Vázquez, mestre da EMAO das especialidades de Cerámica Artística
Destinatarios: Persoas con coñecementos na cerámica, ben adquiridos na EMAO, ou acreditados presentando un curriculum formativo e que non estean matriculadas na EMAO no curso 2017-18
Datas: do 9 ao 20 de xullo, de 10 a 13 horas
Duración: 30 horas
Programa:
Obxectivo: Elaborar xoias e volumes de pequeno formato,Investigando as posibilidades contemporáneas desta técnica ancestral.
Contido:
Aproximación histórica á pasta exipcia.
As distintas formulacións da pasta.
Posibilidades de coloración.
Procesos de elaboración de volúmes e a súa manipulación.
A pasta exipcia como recubrimiento cerámico.
Materiais e realización de mobiliario específico para o seu secado e posterior coción.
Material a aportar polo alumnado:
Pinceis e ferramentas de man propias da cerámica, así como libreta, lápis e bolígrafo. Roupa de traballo

Aulas de Deseño e encaixe de palillos e Ourivaría: “MAR DE LATÓN E FÍO”
Impartido por Mª Angeles Nuñez e Sandra de Jesús, mestres de Deseño e Encaixe de Palillos e Ourivaría respectivamente
Destinatarios: Aberto a persoas sen ningún tipo de coñecemento sobre ás técnicas destas especialidades e que non estean matriculadas na EMAO no curso 2017-18. 10 prazas.
Datas: do 9 ao 20 de xullo, de 10:00 a 13:00 horas
Duración: 30 horas
Programa:
Obxectivos:
- Deseñar a peza ou pezas de latón e tecido adecuándoas a temática proposta “O Mar”.
- Aprender a traballar as técnicas e procedementos básicos do encaixe e da Ourivaría.
- Crear unha peza rematada (gargantilla ou colar) que combine o tecido e o metal.
Contido:
- Desenrolo do deseño dos distintos elementos que forman o colar, do bocexo á imaxe final.
- Adecuación dos elementos ao tema, conseguindo que se complementen entre si e formen unha peza equilibrada e completa.
Ourivaría (metodoloxía teórico-practica):
- Materiais e ferramentas a empregar
- Transferencia da imaxe ao metal
- Técnicas de corte: furar e calar
- Técnicas de conformado
- Recrudescencia, Recocido e Soldado.
- Construción de remates e peche
- Limar e esmerilar
- Acabados: Pulir, satinar, brillar
Encaixe (metodoloxía teórico-practica):
- Materiais e ferramentas a empregar
- Deseño para a estrutura do encaixe
- Enchido dos palillos
- Realización básica do punto do tecido (Par Enteiro)
- Engarzar fio e outros materiais
- Remate do punto de tecido para unir co metal.
Material a aportar polo alumnado:
Os consumíbles que se solicitan, compraranse unha vez comece o curso, pois adaptaranse ao que hai que crear.
- Fíos, lá, algodón, liño, etc.. Soldadura de prata. Fío de latón. Brocas. Fíos de serra nº 4/0 para arco de serra. Bata ou mandil

Aulas de Artesanía en coiro e CAIM Gaita : “Ferramentas para traballar o coiro de madeira”
Impartido por Pepe Pereira e Carlos Corral, mestres respectivamente na EMAO das especialidades de Artesanía en Coiro e Construción Artesanal de Instrumentos Musicais (CAIM)-Gaita
Destinatarios: Persoas interesadas no traballo no coiro, que non estean matriculadas na EMAO no curso 2017-18. 10 prazas.
Datas: do 9 ao 20 de xullo, de 10 a 13 horas
Duración: 30 horas
Programa:
Obxectivo: as ferramentas para traballar o coiro foron evolucionando coa evolución técnica do oficio, pero aínda moitos séculos despois algunhas apenas cambiaron, con este curso pretendemos facer un achegamento á ferramenta e os seus usos baixo o punto de vista da súa construción e adaptación ó uso que se lle vai dar.
As veces resulta difícil atopar unha ferramenta adecuada para realizar un traballo especifico e incluso o mercado non sempre nos pode aportar unha solución ó que estamos a buscar, con este curso pretendemos darlle ós alumnos as capacidades para solventar este tipo de problemas ou incluso a desenvolver novas ferramenta.
As pezas que se farán serán cabos para leznas, brunidores, pinzas de costura, un mazo para labrado ou soportes para ferramenta.
Contido:
Presentación da necesidade de ferramentas.
O traballo no torno,ferramentas, uso e precaucións.
A mesa, ferramentas, uso e precaucións.
O cabo da lezna, variacións e usos.
Os brunidores, manuais e mecánicos.
O mazo de labrado, uso e vantaxes.
A pinza de Costura, orixe e usos.
Material a aportar polo alumnado:
Máscarilla, luvas e gafas de protección. Parafusos. Lixas

Aula de Serigrafía artística : “INSOLADO E ESTAMPACIÓN CON LUZ E TINTES NATURAIS”
Impartido por Alba Pardo, mestra da EMAO da especialidade de Serigrafía artística
Destinatarios: Alumnado que cursara na EMAO a especialidade de Serigrafía artística e que non estean matriculadas na EMAO no curso 2017-18
Datas: do 9 ao 20 de xullo, de 10 a 13 horas
Duración: 30 horas
Programa:
Obxectivo: Xogaremos coa luz natural para facer o proceso serigráfico do insolado de pantallas así como para facer a antiga técnica fotográfica da cianotipia, tamén aprenderemos a obter tintes naturais para aplicalos á estampación serigráfica. 
Contido
Presentación histórica da cianotipia
Técnica da cianotipia
O proceso serigráfico
Insolado serigráfico con luz natural
Plantas tintóreas e elaboración de tintes naturais
Impresión serigráfica con tintes naturais
Material a aportar polo alumnado:
Acetatos, materiais opacadores, papeis, cinta adhesiva, pinceis

Aulas de Talla e escultura en madeira e de Encadernación artística: “ESTAMPACIÓN E EDICIÓN DUNHA CARPETA DE GRAVADOS”
Impartido por Rosa García e Pablo Otero, mestra da EMAO, respectivamente das especialidades de Talla e escultura en madeira e de Encadernación artística
Destinatarios: Persoas cun interese artístico no campo da arte gráfica e a edición e que non estean matriculadas na EMAO no curso 2017-18
Datas: do 9 ao 20 de xullo, de 10 a 13 horas
Duración: 30 horas
Programa:
Obxectivo: realización dunha tiraxe de gravados en relevo e confección dunha caixa e carpeta artística como concepto de obra orixinal.
O gravado en relevo 
 entintado e estampación en unha, dúas tintas e oco
realización dunha serie para a súa edición
A importancia da presentación como parte da obra
elaboración dunha caixa co deseño axeitado aos gravados
establecer un diálogo entre contedor e contido
Material a aportar polo alumnado:
Linóleo, papeis de gravado, libreta de apuntes/debuxo, regla de corte (metálica) e cúter  

Aula de CAIM-ZANFONA : “BANCO DE CARPINTEIRO”
Impartido por Xaime Rivas, mestre da EMAO da especialidade de Construcción Artesanal de Instrumentos Musicais-CAIM-Zanfona
Destinatarios: Persoas interesadas,sen requisitos especiais e que non estean matriculadas na EMAO no curso 2017-18. O curso está destinado a ofrecer un punto de arrinque a todas aquelas persoas que queren iniciarse na luthería, non atopan onde dar os seus primeiros pasos.
Datas: do 9 ao 20 de xullo, de 10 a 13 horas
Duración: 30 horas
Programa
Obxectivo: Manexar e preparar a ferramenta manual que se emprega en carpintaría e por extensión na construción de instrumentos musicais de madeira.
Contido:
Manexo de ferramenta do banco de carpinteiro a través da realización de varias practicas con diversos tipos de enlaces. Práctica de talla de voluta. Afiado de formóns e gubias.


CONDICIÓNS COMÚNS A TÓDOLOS CURSOS
Duración curso: 30 horas
Datas: do 9 ao 20 de xullo de 2018. Das 10 ás 13 horas
Lugar: Aulas e talleres da Escola Muncipal de Artes e Oficios de Vigo
Prazas limitadas: 15 por curso
Inscripción:
Gratuíta. Mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles)

  • Asunto: [nome do curso]
  • Nome e apelidos do/a solicitante:
  • DNI:
  • Enderezo de correo electrónico no que desexan recibir a confirmación de admisión, se é o caso.
  • Anos nos que cursou estudos da especialidade na EMAO: [se é o caso no que sexa condición telos cursado para acceder ao curso solicitado]
  • Acreditación de coñecementos previos mediante currículum no caso do curso “Pasta Exipcia” (achegar arquivo en pdf co correo electrónico de solicitude)
Admisión de solicitudes:
  • Non poderán inscribirse as persoas que estean matriculadas na EMAO no curso 2017-2018
  • Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
  • Só serán válidas as solicitudes que cumpran estrictamente as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso en concreto.
  • A inscrición farase por estricta orde de recepción do correo electrónico de solicitude ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
  • A confirmación da matrícula realizaráa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase aos reservas

Ningún comentario:

Publicar un comentario