Sen Título 2000 (53x80x36 cm). Arxila, óxidos metálicos e Plástico |
O pasado día 13 de xaneiro inaugurouse no Museu do Càntir de Argentona a exposición Transversalidades en Cerámica Contemporánea, comisariada por Joan Serra e Mia Llauder.
Esta exposición quere ser unha mostra do que será o futuro espazo de cerámica contemporánea do museo de Argentona, dando así resposta á falta dun equipamento dedicado á produción actual da arte cerámico
no noso país, onde os museos monográficos están dedicados de forma
exclusiva á cerámica histórica ou tradicional.
A orixe desta colección hai que buscalo nas exposicións feitas desde
1994 durante a feira de cerámica e as obras que foron doadas ao Museu do Càntir de Argentona
durante o congreso da Academia Internacional de Cerámica celebrado en Barcelona en 2016. A diversidade xeográfica é ampla, como o evidencia o
feito de que participan un total de 83 autores de todo o mundo. Entre eles está o noso
profesor de cerámica artística, Miguel Vázquez. Parabéns!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario