Páxinas

14 de feb. de 2019

Debate sobre A Xestación Subrogada


O venres, 15 de febreiro, ás 19:15 na hemeroteca, debate sobre a xestación subrogada, organizado polo Ateneo Atlántico. O "Mercado de Ventres: Liberdade ou Explotación?. Nel, valoraranse os aspectos médicos, políticos, éticos e xurídicos, os tamén chamados “Ventres de Aluguer”. A resolución legal desta cuestión estase a debater, dende hai meses, en distintas comisións do Congreso dos Deputados.

Por mor da súa complexidade o Ateneo Atlántico ten como invitad@s a diversos profesionais e/ou responsables públicos con contrastado coñecemento da cuestión:
  • Dolores Galovart, Membro da comisión da Igualdade no Congreso dos Deputados polo PSOE
  • Domíngo Vázquez: Médico Xinecólogo
  • Patricia Reyes: Membro da comisión da Igualdade no Congreso dos Deputados por Ciudadanos. (Pendente de confirmación)
  • Diversos profesionais do campo da psicoloxía e da ética.
Presentará polo Ateneo Atlántico, Mª Luisa Abad

Previamente proxectarase o documental: "¿A favor o en contra de la gestación subrogada?"
Entrada libre ata completar aforo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario