Páxinas

24 de mar. de 2019

Quinta Edición da Feira dos Ensinos Artísticos e Profesionais de Vigo


Mañá inaugúrase a Quinta Edición da Feira dos Ensinos Artísticos e Profesionais de Vigo. Este ano realizarase o 25 e 26 de Marzo no Hall do Auditorio Mar de Vigo. A Feira aberta ao público en xeral desenvolverase en horario de 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00
Esta nova edición conta coa colaboración do Concello de Vigo. Durante eses días as persoas que se acheguen poderán coñecer máis de 100 profesións para acceder ao mercado laboral así como poderán participar en diversos talleres e actividades. Miniconciertos , actuacións en directo e un desfile de moda serán parte do broche final nesta edición. 
Esta quinta edición acolle a máis de 24 centros formativos de múltiples especialidades: maxisterio, artes gráficas, restaurador de bens culturais, encaixe de palillos, serigrafía, idiomas, música, teatro, danza, auxiliar de voo, electricidade, deseño de moda, estética, deseño gráfico, deseño de xoias, gemólogía, cociña, imaxe e son, electricidade, panadería, hípica, esgrima, respostería, barbería, cerámica, actividades deportivas, fotografía artística, baile, camareiro, actor, dirección de escenas, dramaturxia, electrónica... 
Entre os centros atópanse: Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, Escola de Artes e Oficios de Vigo, Escola Universitaria CEU de Maxisterio Vigo, Mayeusis Conservatorio dás artes, Escola Oficial de Idiomas de Vigo(EOI), Escola Superior de Deseño e Moda Goymar-Vigo, Escola de Barbería Ondas e Perfil, Escola de Hostalería Cidade de Vigo, Centro de Artes Plásticas e Deseño AULA D, Escola de Imaxe e Son de Vigo EISV, Escola T. de Xoiería do Atlántico, Escola de Azafatas e Tripulantes de Cabina de Pasaxeiros de Vigo – Air- Hostess, Club Falcata de Esgrima Histórica, EFA A Cancela Centro de Formación Profesional, CPR Colexio Fogar Afundación, Centro de Artes Plásticas aplicadas ao Deseño de indumentarias TEX MODA, Escola Superior de Arte Dramática de Galicia ( ESADg), Colexio Cemar Internacional Marcote, Centro de Artes Plásticas e Deseño Atlántico, Escola Europea Parasanitaria ESPS, Escola de Barbería CEM – VIGO. Escola Hípica Abrain e IES Pedra da Auga.

Ningún comentario:

Publicar un comentario