Xa tedes na nosa hemeroteca do fondo moderno o número de maio e xuño da revista norteamericana "Leather Crafters & Saddlers Journal". Neste número publícase un artigo do noso mestre de artesanía do coiro, Pepe Pereira, baixo o título de Tanned Women: honoring Women in leathercraft, que trata sobre la exposición "Curtidas" da que el foi comisario recentemente, onde se facía unha merecida homenaxe ás mulleres que ao longo da historia se adicaron ao traballo do coiro nalgunha das súas vertentes: profesional, afeccionada ou artística.
Parabéns a Pepe, que coa publicación do seu artigo nunha revista que é referencia mundial desta especialidade, ainda pon máis de relevo a importancia do traballo que se está
facendo nesta Escola desde hai uns anos.
Para exemplo serven as
exposicións organizadas pola especialidade de Artesanía do Coiro, na nosa sala de exposicións Espazo EMAO, que son pioneiras non só en Galicia senón tamén a nivel nacional, pola
calidade das pezas expostas, a variedade e prestixio dos artesáns
participantes e a diversidade das técnicas mostradas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario