Preinscrición
A preinscrición, nas prazas ofertadas poderá facerse, nos prazos sinalados:
- Por internet: na web-EMAO [opción recomendada] http://emmavigo.org/emaoadmin/preinscricion/
- Presencial: na oficina administrativa da EMAO entregando cuberto o Impreso de pre-inscrición subministrado nela. Tamén cubrindo dende o ordenador e imprimindo o "Formulario de Pre-inscrición", un PDF editable que deberá entregarse presencialmente por duplicado, unha vez impreso polo solicitante, na Oficina Administrativa (cubrilo, sen entregalo, ou envialo por email, non é válido como inscrición)
O listado de pre-inscritos exporase no tabolerio oficial de anuncios da EMAO (en adiante o Taboleiro) e na web-EMAO. Darase un prazo de un día, parapresentar reclamacións ao listado.
Rematado ese prazo -no caso de que existan máis solicitudes ca prazas ofertadas realizaranse probas de acceso para asignar as prazas agás nas especialidades de Pintura e Debuxo, nas que se asignarán por sorteo entreos solicitantes cuxa solicitude sexa válida, conforme ao procedemento quese establece nas presentes normas.

Unha vez finalizado o prazo de pre-inscrición exporase no Taboleiro e na web-EMAO a relación definitiva de admitidos, clasificados por especialidades e cursos.
Prazos
Ata a 6 de setembro: Preinscrición alumnado de novo ingreso (só internet)
Ata ao 31 de xullo e de 2 a 6 de setembro: Preinscrición alumnado de novo ingreso(presencial e internet)
28 de xuño: Listado de alumnado apto no curso 2018-2019
11 de setembro:
- Publicación listados solicitantes novo ingreso.
- Listados provisionais de alumnado procedente de cursos anteriores, coa súa asignación ao nivel que lle corresponde no curso 2019-2020.
16 de setembro: sorteo para inscrición de alumnado de novo ingreso (só especialidades de Pintura, Debuxo artístico ) ás 12 h. da mañá na Biblioteca da EMAO.
16-20 setembro: Celebración das probas de acceso, no/s día/s concretos que publicamente se indiquen nos primeiros día de setembro.
23 de setembro:
16-20 setembro: Celebración das probas de acceso, no/s día/s concretos que publicamente se indiquen nos primeiros día de setembro.
23 de setembro:
- Listas de admitidos de novo ingreso despois do sorteo e probas de acceso
- Listas definitivas de alumnado procedente de cursos anteriores, coa súa asignación ao nivel que lle corresponde no curso 2019-2020.
A presenza neste listado significa que asúa matrícula foi dada de alta para este curso.
24-27 de setembro: Matrícula alumnado de novo ingreso. De 10,00 a 13,00 e 16,00 a 20,00 horas.
30 de setembro : Horario de mañá de 08,00 ata as 14,00 horas.
1 de outubro: Comezo do curso
A matriculación na EMAO implica a aceptación plena dos programas, horarios e Normativa que rexen a actividade da Escola
1 de outubro: Comezo do curso
A matriculación na EMAO implica a aceptación plena dos programas, horarios e Normativa que rexen a actividade da Escola
Matrícula
As persoas finalmente seleccionadas deberán obrigatoriamente para seren admitidas, formalizar a súa matrícula, mediante a presentación na Oficina administrativa do impreso oficial que se poderá recoller na mesma. Con este impreso deberán aportar copia do DNI ou Pasaporte.
A non formalización da matrícula en prazo, significará a inmediata baixa, e, consecuentemente, a praza será ofrecida ao/á/s solicitante/s quecorresponda na lista de reserva derivada da aplicación dos resultados do sorteo ou probas de acceso (se é o caso).

Horarios de administración e información
Lugar: Edificio principal da EMAO, rúa García Barbón, 5.
Horario: de 10 oh. a 14 h., laborables de luns a venres (agosto, pechado).
Información
✔Correo electrónico: emao@vigo.org
✔Tfno.: 986228088
Información
✔Correo electrónico: emao@vigo.org
✔Tfno.: 986228088
Toda a información sobre a preinscrición, matricula, prazos, horarios, sorteo y probas de acceso, prazas de novo ingreso que se ofertan, cursos extraordinarios de Moda e confección e de Deseño e Encaixe de palillos: preme aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario