Está claro que nestes últimos meses a nosa Escola está de moda. Desde
que o pasado mes de marzo publicásese a novela de Domingo Villar "O
último barco" son moitas as persoas que se achegaron á nosa Escola para
ver de preto os escenarios nos que se desenvolvía unha parte moi
importante da trama.
O venres pasado visitounos un grupo moi especial, o Club de Lectura dos
Mossos de Esquadra, formado por policías, xuíces e operadores xurídicos,
amantes da novela negra.
Aquí tedes algunhas fotos desta visita que resultou moi enriquecedora para todos.
|
Visita á Aula de Cerámica co seu mestre Miguel Vázquez |
|
Visita aos obradoiros de CAIM Zanfona e Gaita |
|
Con Xaime Rivas |
|
Con Carlos Corral |
|
Visita á aula de debuxo con Federico Fernández |
|
Ensaio de Beatriz Martínez e Rodrígo Romaní |
|
Visita con Rafael Ojea á exposición histórica
"A Escola de Artes e Oficios, 130 anos na Historia de Vigo"
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario