Páxinas

22 de maio de 2012

SEMINARIO CANLES ALTERNATIVAS DE CREACIÓN NO CGAC, DO 23 AO 25 DE MAIO

Os tripulantes do Halcón Milenario. Foto de Disquecool

Canles Alternativas de creación é o título do encontro co que grupo de investigación Arte e Estética Contemporáneas da Universidade de Santiago de Compostela e mais o Centro Galego de Arte Contemporánea analizarán as iniciativas artísticas independentes que se deron no noso contorno ao longo das últimas décadas. O encontro celebrarase na sede do CGAC entre o 23 e o 25 de maio. O seu obxectivo é indagar nas propostas alternativas que se desenvolveron en Galicia e no norte de Portugal entre os anos setenta e a actualidade. No seminario participaran membros de colectivos e especialistas deste e doutros contextos peninsulares. Analizaranse casos concretos —proxectos e espazos— e estableceranse relacións cos seus ámbitos e realidades históricas, dando así continuidade ao primeiro seminario, de carácter teórico, que tivo lugar na primavera do ano 2011. 
Queremos destacar a participación neste seminario de Marian Núñez, mestra de encaixe de palillos da nosa Escola, que dará testemuño da súa experiencia no Halcón Milenario, un espazo expositivo e taller de traballo onde os seus tripulantes dan renda solta aos seus proxectos artísticos, tanto expositivos como creativos. Será o Venres 25 de maio, ás 18:30 h, debate moderado por Daniel L. Abel coa participación de representantes dos seguintes espazos/proxectos: alg-a lab, FAC Peregrina, Summer of Labs, El Halcón Milenario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario