Páxinas

18 de xul. de 2012

O Fórum Metropolitano da Coruña presenta a súa programación de Banda Deseñada para agosto 2012


O Fórum Metropolitano da Coruña presenta unha intensa programación de banda deseñada para Agosto. Así, entre os días 1 e 19 poderá verse a exposición Tour de mallas que conmemora os 50 anos de Spider-Man amosando unha selección de obras con este heroe como protagonista, así como doutros super heroes. Canda a isto, o vindeiro 10 de agosto celebrarase o III Festival Banda Desghreñada no que actuarán os grupos Las Vecchias, Back to 1984 e Los22, compostos por debuxantes e xente vencellada ao panorama galego de BD. Para rematar o programa, entre os días 21 e 23 este espazo acollerá as xornadas Mangalego, centradas no cómic xaponés e que inclúen actividades de karaoke, cosplay e xogos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario