O Fórum Metropolitano da Coruña presenta unha intensa programación de
banda deseñada para Agosto. Así, entre os días 1 e 19 poderá verse a
exposición Tour de mallas que conmemora os 50 anos de Spider-Man
amosando unha selección de obras con este heroe como protagonista, así
como doutros super heroes. Canda a isto, o vindeiro 10 de agosto
celebrarase o III Festival Banda Desghreñada no que actuarán os grupos
Las Vecchias, Back to 1984 e Los22, compostos por debuxantes e xente
vencellada ao panorama galego de BD. Para rematar o programa, entre os
días 21 e 23 este espazo acollerá as xornadas Mangalego, centradas no
cómic xaponés e que inclúen actividades de karaoke, cosplay e xogos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario