Mañá, mércores 19 de decembro ás 19:30 na nosa hemeroteca teremos unha presentación literaria inusual. "Los cincuenta cardenales de Gambetta" de Ana Ghersi, obra da literatura independente galega, ofrécelle un televiaje en cadeira, dirixido pola artista cubana Orisel Gaspar.
Amosando publicacións coa etiqueta Teatro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Teatro b>. Amosar todas as publicacións
18 de dec. de 2018
13 de abr. de 2016
Teatro Keyzán. 50 anos de creación escénica. Vigo 1966-2016
A exposición "Teatro Keyzán. 50 anos de creación escénica. Vigo 1966-2016", inaugúrase este xoves 14 de abril, ás 20:00 h, na planta
baixa da Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15) promovida pola
Concellería de Cultura. Comisariada por José Luis Mateo Álvarez.
A exposición ten como obxectivo achegarse á traxectoria do Teatro Keyzán e á figura do seu fundador Maximino Fernández Queizán, quen comezou como actor a finais dos anos cincuenta na universidade e que, co andar do tempo, converteuse nun referente na dirección teatral en Galicia nas tres décadas seguintes. http://goo.gl/YDQaKX
A exposición ten como obxectivo achegarse á traxectoria do Teatro Keyzán e á figura do seu fundador Maximino Fernández Queizán, quen comezou como actor a finais dos anos cincuenta na universidade e que, co andar do tempo, converteuse nun referente na dirección teatral en Galicia nas tres décadas seguintes. http://goo.gl/YDQaKX
Esta exposición conta coa particularidade de que entre as obras expostas está un conxunto de 8 cerámicas gregas empregadas na versión de A raposa e as uvas de 1985. Inspiradas en orixinais de cerámica grega do século V a.C. realizadas polo noso mestre de cerámica artística, Miguel Vázquez en 1985.
22 de xuño de 2015
"Manipulación" pola Escola Municipal de Teatro de Vigo
O vindeiro xoves 25 de xuño terá lugar unha representación do espectáculo "Manipulación" a cargo do alumnado da Escola Municipal de Teatro de Vigo, no auditorio da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Av. García Barbón, 5) ás 20:30 h
10 de xuño de 2014
Imaxes da Representación de "O Teatro en Granell" na EMAO
Esta tarde, tivemos a sorte de ver na nosa escola a representación da obra teatral "O Teatro en Granell" a cargo de o alumnado da Aula de Repertorio da Escola Municipal de Teatro de Vigo.
Sobre as 20:00 h numeroso público esperaba na rúa Pontevedra para
asistir á representación que tivo varios escenarios, o vestíbulo, o
chamado patio de gaitas e a hemeroteca. Aquí tedes algunhas imaxes.
9 de xuño de 2014
O Martes, 10 de Xuño na Hemeroteca "O Teatro en Granell" Representación da Aula de Repertorio da Escola Municipal de Teatro
Mañá na hemeroteca da nosa Escola de Artes e Oficios, haberá una representación teatral do alumnado da AULA DE REPERTORIO DA ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO titulada "O TEATRO EN GRANEL", ás 20:00 h. Estades invitad@s, pois a entrada é libre e gratuita.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




