Amosando publicacións coa etiqueta Vídeos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vídeos. Amosar todas as publicacións

1 de maio de 2012

VIGO, ARQUITECTURA PERDIDA



Espero que vos guste este vídeo títulado "Arquitectura perdida" que colgou en YouTube Cris & FM. Neste vídeo pódese apreciar gran parte dos edificios perdidos da cidade de Vigo. Por iso, móstranse situados nos seus emprazamentos orixinais, pero adaptados en imaxes actuais. Primeiro ven os edificios existentes e logo desaparecen para mostrar aquelas construcións que foron demolidas. Tamén se poden observar as mutilaciones e alteracións noutros edificios, á vez que estupendas recuperacións. 
Se estades interesados, na nosa biblioteca temos o libro "La ciudad que se perdió : arquitectura desaparecida, arquitectura no realizada" de Jaime Garrido Rodríguez, que podedes consultar na nosa pequena sección local.

30 de mar. de 2012

A ESCOLA DE ARTE E SUPERIOR DE DESEÑO RAMÓN FALCÓN DE LUGO INAUGURA CANLE EN YOUTUBE


Os compañeiros da Escola de Arte e Superior de Deseño de Lugo  fannos participes da seguinte nova:
Invitámosvos a que coñezades unha mostra do que se está facendo na Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo a través da nosa canle en youtube (www.youtube.com/user/ramonfalconlugo), recentemente inaugurado. Encantaríanos que estivésedes subscritos para coñecer de primeira man todas as novidades que vaiamos incluíndo. Facemos tamén fincapé en que visitedes a nosa web (http://www.escoladeartelugo.com) para saber máis sobre nós.
Esperando que nos consideredes un centro de interese para a vosa actividade, aproveitamos a ocasión para remitirvos un saúdo.
Imaxe promocional de Ramón Falcón: http://youtu.be/QZf6l0z0dmA

24 de mar. de 2012

THE JOY OF BOOKS


Chegou o fin de semana, déixovos un divertido video, feito nunha librería de Toronto. Espero que vos guste.

23 de mar. de 2012

ARKITYPO, A HISTORIA DA TIPOGRAFÍA CONTADA EN 3D



Arkitypo é un proxecto de investigación entre a Escola Ravensbourne e o estudo de deseño Johnson Banks cuxo obxectivo é levar ao límite a tecnoloxía mediante a xeración rápida de prototipos de alfabetos en 3D. Para cada tipografía levouse a cabo unha extensa investigación, con debuxos e maquetas cos efectos visuais 3D. O resultado, compróbao por ti mesmo no  vídeo.

5 de mar. de 2012

CONCURSO DE MICROVÍDEOS POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, 8 DE MARZO DE 2012


Desde o 1 ao 31 de marzo está aberto o prazo para participar na convocatoria do Concurso de Microvídeos. As bases están disponibles no espazo web: http://www.igualdadevigo.org/concursovideos .   

14 de feb. de 2012

THE FANTASTIC FLYING BOOKS OF Mr. MORRIS LESSMORE



Un agasallo para os que aman os libros, inspirado no huracán Katrina, Buster Keaton e O Mago de Oz.     

8 de feb. de 2012

TIPOGRAFÍA E IMPRESIÓN DE TIPOS MÓVILES


Upside Down, Left To Right: A Letterpress Film from Danny Cooke on Vimeo.


Un curto sobre tipografía e un dos poucos talleres que quedan impresión de tipos móbiles no Reino Unido, www.plymouth.ac.uk . É unha película de Danny Cooke con banda sonora de Tony Higgins.