Amosando publicacións coa etiqueta Arte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Arte. Amosar todas as publicacións

4 de feb. de 2020

Presentación do libro "Enteiramente Pintado" sobre o Legado de Berta Cáccamo


A pintora Berta Caccamo (Vigo, 1963-2018), profesora de Belas Artes e integrante do colectivo Atlántico, foi unha das figuras da pintura contemporanea galega. Neste acto, "Enteiramente Pintado" non só se fará a presentación do libro homónimo por Juan de Nieves, comisario da exposición que se fixo o ano pasado, se non que se fará tamén un percorrido vital da artista e unha homenaxe á súa memoria. 
Interviran o seu irmán, Xosé Cáccamo, que abordará a orixe do seu legado, e que nos leerá o seu sentido poema "Berta"; e o crítico de arte Carlos Bernárdez, que se ocupou de escribir sobre a obra da pintora desde un punto de vista analítico

13 de out. de 2017

Becas de Creación Artística no Estranxeiro Gas Natural Fenosa 2017


O Museo de Arte Contemporánea da Fundación Gas Natural Fenosa (en diante, MAC) dentro do marco establecido polo seu Plan de Cooperación Cultural e Internacionalización nos apartados referidos a: a) formación e fortalecimento do sector cultural e b) movilidade internacional de profesionais do sector cultural; convoca un total de tres (3) becas co obxectivo de incentivar a realización de proxectos de creación artística no estranxeiro por parte de artistas novos, nados ou residentes en Galicia.
Cada unha das tres becas terá unha duración de tres meses e poderá desenvolverse desde o momento de concesión da beca ata novembro de 2018. A estancia no estranxeiro deberá ser continuada. Si o beneficiario debe interromper a estancia no estranxeiro, será por unha causa xustificada.
Poderán ser beneficiarios destas becas todos aqueles artistas nados ou residentes en Galicia que a data 31 de decembro de 2017 non cumpran os 40 anos. Os solicitantes non galegos deberán presentar un certificado de empadroamento que acredite que levan residindo en Galicia polo menos un ano no momento de presentación da candidatura.
As solicitudes poderán presentarse ata as 14:00h (GTM 1) do 17 de novembro de 2017. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes non se aceptará ningunha candidatura.

18 de abr. de 2017

XXII Bienal "Arte no Morrazo"


O Concello de Cangas e Frigoríficos do Morrazo convocan a Bienal "Arte no Morrazo", co fin de fomentar as Belas Artes e estimular a creatividade, diversificándose nun Premio-Beca, en colaboración coa Facultade de BB.AA. de Pontevedra, Universidade de Vigo, segundo as seguintes BASES. O prazo de presentación remata o 22 de abril de 2017.

13 de xan. de 2017

XXII Mostra ArtXove, Pontedeume 8 a 23 de Abril de 2017

O Concello de Pontedeume convoca a XXII Mostra ArtXove, destinada ó espallamento e potenciación das artes plásticas de acordo a unhas bases. Poderán participar nesta mostra tódolos artistas da Comunidade Autónoma de Galicia, naturais ou residentes. A idade dos participantes estará comprendida entre 18 e 35 anos. Poderase concorrer nas modalidades de escultura, pintura e fotografía. As obras e documentación para a elaboración do catálogo deberán ser enviadas antes do Luns, 20 de febreiro de 2017. Para máis información chamar ao teléfono da Biblioteca Municipal de Pontedeume: 981432598


Basesxove2016.Pdf

9 de xuño de 2016

Visita do alumnado de Encaixe de Palillos á Igrexa Santa María de Castrelos

O alumnado de Deseño e encaixe de palillos na Emao, visitou a semana pasada a Igresa románica de Santa María de Castrelos no seu 800 aniversario. Este é o tema de inspiración para a próxima exposición no Espazo Emao. Nestas imaxes podedes ver o bo traballo que realizaron as alumnas desta especialidade amosando as sombras proxectadas no espazo, conseguindo que esta peza teña vida e que a sombra que reflexa forme parte da obra, o resultado final estará no Espazo Emao a partir do 30 de xuño.

 

28 de abr. de 2016

Conferencia-Coloquio "Arte e Sociedade: O Compromiso Artístico" na Hemeroteca de Artes e Oficios


Hoxe, xoves 28 de abril ás 19:30 horas temos na nosa hemeroteca a conferencia-coloquio títulada "ARTE E SOCIEDADE: O COMPROMISO ARTÍSTICO" coa participación dos profesores Xavier Rodríguez Baixeras e Xosé Mª Alvarez Cáccamo, e presentados por Xacinto Barreiro Rodríguez (membro de PERTENZA). Esta actividade está organizada polo Colectivo Pertenza.
Este amplo título serve de base e realidade a calquera pregunta sobre ese tema permanente e necesario na sociedade actual. Coa realización deste ciclo, pretendese abranguer todo o que xira ao redor da triple relación artísta-obra-receptor: arte de minorías/arte de masas, arte de calidade/arte comercial, best-sellers, literatura de ordenador... E outros aspectos e enfoques referidos ao papel do artista na sociedade actual, sobre os que existe moita confusión, produto da selva ideolóxica e mediática na que estamos a vivir.

29 de feb. de 2016

Conferencia "Arte nos Campos da Morte, do Exilio Republicano ao Exterminio Nazi" na Hemeroteca da EMAO

Este xoves, 3 de marzo ás 19:30, na hemeroteca, conferencia de Xosé Carlos L. Bernárdez sobre "Arte nos campos da morte, do exilio republicano ao exterminio nazi". Esta actividade esta coordenada pola mestra da especialidade de pintura Paula Mariño.

24 de feb. de 2016

Unha Bibliografía para o Románico


Para a exposición tematica de xuño, sobre o románico a partir dos 800 anos da Igrexa románica de Santa María de Castrelos no esqueceros de que na biblioteca podedes encontrar bibliografía sobre este periódo da historia da arte que vos sirva de inspiración. Aqui van algúns títulos... 
  • Xeometrías máxicas de Galicia: trisqueis, tetrasqueis, pentasqueis, rosetas, espirais, entrenzados ... e outros símbolos de carácter sacro recollidos pola xeografía galega, dende a época castrexa ata a actualidade / Bieito Romero.-- Vigo : Ir Indo, 2009
  • Bestiario en pedra : animais fabulosos na arte medieval galega / Carlos L. Bernárdez, Xosé Ramón Mariño Ferro.-- Vigo : NigraTrea, 2004  
  • Arte del Císter en Galicia y Portugal [exposición] / coordinación Jorge Rodrigues, Xosé Carlos Valle Pérez.-- [A Coruña] : Fundación Calouste Gulbenkian : Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1999
  • El Románico: arquitectura, escultura, pintura / edición de Rolf Toman; fotografías de Achim Bednorz.-- Barcelona : h.f. Ullmann, cop.2007
  • La escultura románica : investigaciones sobre la historia de las formas / Henry Focillon ; traducción de Rosina Lajo y Mª Victoria Frígola ; prólogo de Joan Sureda.-- Madrid : Akal, D.L. 2005
  • Arte románico y escultura de vanguardia : colecciones del Museu Nacional d'Art de Catalunya : [exposición] Centro Cultural del Conde Duque, 11 de mayo al 24 de junio, Madrid 2001.-- [Barcelona] : Museu Nacional d'Art de Catalunya, D.L. 2001 
  • EL arte románico / Noberto Wolf.-- Köln, London, Madrid, etc. : Taschen, cop.2007
  • Oficios / [introducción de Lázaro Sánchez Ladero].-- Barcelona : Editorial Ramón Sopena, 1983. (Vida y costumbres de la Edad Media ; 2 )
  • Muebles y enseres / [introducción de Lázaro Sánchez Ladero].-- Barcelona : Editorial Ramón Sopena, 1983. (Vida y costumbres de la Edad Media ; 3)
  • Arte religioso / [introducción de Lázaro Sánchez Ladero].-- Barcelona : Editorial Ramón Sopena, D.L. 1982. (Vida y costumbres de la Edad Media ; 5)
  • Orfebres / John Cherry.-- Madrid : Akal, D.L. 1999. (Artesanos medievales)
  • Instrumentos de corda medievais : investigación, reconstrucción / Ramón Yzquierdo Perrín... [et al.].-- Lugo : Deputación Provincial de Lugo, D.L.2006
  • Iconología del "organistrum" en el arte medieval español : su construcción / presentado por Antonio Poves Oliván ; dirigido por Joan Llavería i Arasa.-- Valencia : Universidad Politécnica de Valencia, 2008 
  • Historia ilustrada del libro español: los manuscritos / bajo la dirección de Hipólito Escolar; colaboradores, Manuel Carrión Gútiez...[et al.].-- Madrid : Fundación Germán Sánchez Ruipérez : Pirámide, 1996
  • Codices illustres : los manuscritos iluminados más bellos del mundo : desde 400 hasta 1600 / Ingo F. Walther, Nobert Wolf.-- Hong Kong, Köln, Madrid, etc. : Taschen, cop. 2005

    4 de maio de 2015

    Conferencia "Entender a Arte Contemporánea" por Juan Luis de Laiglesia na Hemeroteca


     Conferencia "Entender a  Arte Contemporánea"
    na Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

    Este venres, 8 de maio ás 19:00 h, Juan Luis de Laiglesia, licenciado en Belas Artes pola Universidade Computense de Madrid, falaranos da arte contemporánea.
    Coordina: Paula Mariño, mestra da especialidade de pintura da EMAO

    28 de xan. de 2015

    Espacio Arte Camelias en Vigo


    Con motivo de facilitar o acceso ao gran público aos artistas, o Centro Comercial Camelias quere poñer en marcha un proxecto denominado ESPAZO ARTE CAMELIAS. Trátase dun espazo aberto nas zonas comúns do CC, onde o autor poderá presentar, explicar e vender as súas obras. O Centro Comercial cederá gratuitamente os seus espazos comúns aos artistas, para a exposición das súas obras, creando un espazo cultural aberto e próximo aos clientes que visitan o Centro Comercial a diario. Nun primeiro momento e en función da demanda de espazos, establécese un periodo de duración de 8 fins de semana a partir do venres 13 de Febreiro. Máis información

    MuMo. O Museo Móbil



    Datas: 27 xaneiro 2015 - 28 xaneiro 2015
    Lugar: rúa Príncipe, fronte a fachada principal do MARCO.

    O proxecto didáctico MuMo. O museo móbil, organizado pola asociación francesa l'Art à l'Enfance chegou onte a Vigo e estará hoxe, mércores 28 de xaneiro, fronte a fachada principal do MARCO. Débese a unha iniciativa realizada en colaboración co MARCO e l'Alliance Française de Vigo.
    Creado en 2011, o MuMo nace da convicción de que a través da arte formamos persoas máis abertas e xenerosas, axudamos a eliminar as fronteiras e transformamos a nosa forma de mirar o mundo. Todas as obras que compoñen este "museo móbil" foron creadas especificamente para o público infantil por artistas de recoñecido prestixio internacional, e versan sobre o tema social da convivencia en harmonía. A súa estrutura é a dun camión-contedor que se desprega e acolle catro espazos diferenciados con obras de pintura, escultura, instalación, vídeo e deseño. Máis información

    7 de out. de 2014

    Club de Arte: Conversa con Monet na Biblioteca Municipal de Redondela



    Infórmovos dunha actividade que terá lugar no vindeiro mes na Biblioteca Municipal de Redondela, que pode ser do voso interese. "Club de arte: conversa con Monet" o 21 de Novembro, ás 20:30 h.
    Xa está aberto o prazo de inscrición, e o número de prazas é limitado, polo que se estades interesados, podedes poñervos en contacto coa Biblioteca Municipal de Redondela, presencialmente ou no teléfono 986-401-561.

    14 de xul. de 2014

    XXI Bienal Arte no Morrazo


    Acto de clausura e entrega de PREMIOS E DISTINCIÓNS da presente edición
    da
    BIENAL ARTE NO MORRAZO
    XXI Edición Concello de Cangas-Frigoríficos do Morrazo
    acto que vai ter lugar o venres día 18 de xullo de 2014, ás 20 horas
    na 
    Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Cangas

    28 de maio de 2014

    Xornadas Arte en Acción. Historia, Obradoiro e Performances en Vivo


    A Fundación Laxeiro, en colaboración coa Facultade de Belas Artes de Pontevedra, organiza estas xornadas de arte de acción, que combinan unha parte teórica, onde se fará un achegamento ao contexto histórico da performance, dende as súas orixes nas vangardas históricas, ata a actualidade, e unha parte práctica, coa realización de sinxelos exercicios de aproximación á linguaxe corporal, que partirán do xogo como premisa principal e se recrearán accións curtas de artistas coñecidos que hoxe en día son clásicos desta disciplina. As xornadas finalizarán coa participación de tres artistas, unha delas, a propia directora das xornadas, e dúas artistas convidadas: SYLVIA PECEÑO, TERESA BÚA e SUSANA ROBLES.
    Lugar: 
    Rúa Policarpo Sanz, nº 15, 3º, Vigo. 
    Tlf: 986-43 84 75 (de luns a venres, de 10 a 14.00h)
    Datas: 
    10, 11 de xuño de 2014 de 18.00h a 20.30h

    17 de mar. de 2014

    ArtFad 14: Premios de Arte e Artesanía Contemporánea


    A A-FAD convoca os premios de arte e artesanía contemporánea, co obxectivo de estimular a investigación, a creación e a excelencia no campo dos oficios de arte. Os premios ARTFAD forman parte do evento FADfest, organizado polo FAD, Fomento das Artes e o Deseño.
    O FADfest é a gran cita anual dos sectores do deseño e a creatividade en Barcelona. Ademais de concentrar os premios máis prestixiosos de España en deseño gráfico, deseño industrial, arquitectura, arte, artesanía e moda, reúne os mellores proxectos do ano nunha exposición e organiza un completo programa de debates e accións ao redor da arte, a cultura e o deseño.
    A convocatoria dos premios ARTFAD 2014 é de ámbito nacional e internacional, e vai dirixida a artistas visuales e artesanos profesionais de calquera disciplina, así como a estudantes.

    11 de mar. de 2014

    "O Bosquexo do Mundo" na Fundación Luis Seoane (A Coruña)


    "O Bosquexo do Mundo"
    13 Marzo 2014 - 25 Maio 2014
    Comisarios:
    Ángel Cerviño, Alberto González-Alegre

    Artistas: 
    Marta Bran, Berta Cáccamo, Bosco Caride, Rosendo Cid, Tamara Feijoo, Beatriz Lobo, Juan Loeck, Rut Massó, Din Matamoro, Chelo Matesanz, Santiago Mayo, Tatiana Medal, Miquel Mosquera, Doa Ocampo, Kiko Pérez, Ignacio Pérez-Jofre, Isaac Pérez Vicente, Juan Carlos Román, Luis Seoane, Teo Soriano, Tayone, Mauro Trasto.
    Este xoves 13 de marzo, inaugúrase na Fundación Luis Seoane (A Coruña) a exposición "O BOSQUEXO DO MUNDO".  Unha mostra colectiva comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre e coproducida polo MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o Auditorio de Galicia e a Fundación Luis Seoane, que ofrece a posibilidade dunha visita a ese crisol de formas que é o taller do artista, e trae ao museo un conxunto de útiles e documentos, tamén obras e os seus antecedentes que, como pezas dun crebacabezas en perpetuo movemento, proporciona sustento e alimenta as creacións. Unha aposta polas mostras de produción propia extensible aos tres centros, como nova experiencia de coprodución e de traballo en rede.