Durante o curso pasado restauráronse varios libros e revistas do noso
fondo histórico. Periódicamente traeremos ao noso blog algunhas destas
obras para ver os resultados.
Hoxe ocupármonos da obra: Colección de trajes de España, tanto antiguos como modernos, que comprehende todos los de sus dominios: dividida en dos volumenes, con ocho quardernos de á doze estampas cada uno dispuesta y gravada por D. Juan de la Cruz Cano y Holmedilla... Tomo primero.
Esta obra imprimiuse en Madrid no ano 1777.. En España non existían precedentes deste tipo de estampas que si eran
moi comúns en Francia, onde o autor permaneceu durante oito anos
pensionado pola Real Academia de San Fernando. A serie tivo un éxito
case inmediato, tanto en España como no estranxeiro, onde se fixeron
edicións fraudulentas en Francia e Alemania.
É a obra máis popular do gravador madrileño Juan de la Cruz Cano y
Olmedilla que proxecto a colección como unha obra por entregas, dividida
en dous volumes, con ocho cadernos de doce estampas cada un. O
primeiro caderno saíu á venda en 1777, o sétimo e último en 1788, aínda
que deste só se coñecen dez estampas. Dous anos despois falece o autor e
deixa a obra incompleta. (Fonte: Biblioteca Nacional de España)
O noso volume só ten seis cadernos. O sexto contén "As castas de América" e só hai 4 estampas. O libro ten 67 follas. Cada folla é un gravado. Están numerados do 1 ao 64. A primeira folla e as dúas ultimas están sen numerar.
Está encadernado en holandesa ou media pel, o lombo e
as esquinas son de pel chagrain cor marrón e os frontes de papel marmoleado. Está
encadernación estaba en moi mal estado con as tapas moi sucias e
deterioradas. O papel presentaba engurras e pliegues, cortes e ata perda
de papel. O cartón fora atacado polos insectos e presenta numerosas galerías. O libro está cosido e encartonado con cinco cordeles. As guardas son tamén de papel marmoleado e como papel de tiro usáronse dous cantorales para a tapa anterior e a posterior.
A cor do papel marmoleado variou pola exposición á luz a longo dos anos. Tiña
tamén suciedad superficial sobre todo na primeira páxina. Manchas de
tinta, marcas de humidade, e resaltaban as galerías que provocadas polos
insectos que fixeron verdadeiros túneles que percorrían o libro. Aínda que os gravados atópabanse en bo estado e o papel das páxinas interiores estaba ben conservado. Destacaba pola beleza dos gravados, a boa calidade do papel e as marabillosas marcas de auga.
Despois dos traballos de restauración donde a primado a conservación, é dicir intentar conservar todo o que libro ofrece, non foi posible utilizar o cartón das tapas, moi deteriorado, nin a pel das esquinas en moi mal estado. Utilizáronse cartones neutros cortados do mesmo tamaño que os orixinais, aos que se pegou o papel xa limpo e restaurado das tapas, limpáronse as follas de cantorales usadas como papel de tiro, as guardas... Reparouse o papel atacado polos insectos... Usáronse varios
tipos de papel xaponés segundo o tipo de desperfecto a reparar.
O lombo orixinal foi restaurado con papel xaponés tinguido cunha cor
similar. A pel hase lijado un pouco, cunha lija suave para darlle un
aspecto envellecido. Aplicóuselle unha capa de cera Cire 212.
Este é o resultado, puidemos ser fieis á estrutura do libro e este non perdeu a súa identidade.


