Amosando publicacións coa etiqueta Marco. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Marco. Amosar todas as publicacións

12 de xan. de 2017

Exposición "Mulleres do Silencio. De Maruja Mallo a Ángela de la Cruz" no Museo Marco de Vigo


Esta mostra supón unha relectura actualizada da exposición A arte inexistente comisariada por Rosario Sarmiento para o Auditorio de Galicia en 1995, que reunía obras de artistas mulleres en Galicia no século XX. Dende a perspectiva do tempo transcorrido, situámonos no espazo histórico-temporal das primeiras décadas do século XXI, o que permite visualizar relatos, protagonismos e visións máis amplas sobre as achegas e o papel dalgunhas artistas na historia da creación plástica da Galicia contemporánea. A exposición percorre diferentes xeracións de artistas ata chegar a aquelas creadoras que acceden por primeira vez en Galicia a unha formación académica, tras a creación da Facultade de Belas Artes de Pontevedra en 1990.

Ata o16 abril 2017
Lugar: Planta baixa
Horario: martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 y de 17.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 14.30
Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Comisariado: Rosario Sarmiento


Artistas: Mónica Alonso, Berta Cáccamo, Elena Colmeiro, Mª Carmen Corredoyra y Ruiz de Baro, Mª Antonia Dans, Angela de la Cruz, Mª Victoria de la Fuente, María Xosé Díaz, Dolores Díaz Baliño, Almudena Fernández Fariña, Mª Elena Fernández-Gago, Menchu Lamas, Maruja Mallo, Fina Mantiñán, Tatiana Medal, Julia Minguillón, Rosalía Pazo Maside, Soledad Penalta, Pamen Pereira, Beatriz Rey, Mercedes Ruibal.

15 de xuño de 2015

Luis Seoane. Retrato de esguello

Foto: cortesía Fundación Luis Seoane
Este proxecto expositivo, coproducido polo MARCO de Vigo e a Fundación Luis Seoane, formúlase como revisión global da figura dun autor complexo e diverso, un creador de vocación universal. Intelectual comprometido, editor, pintor, debuxante, ilustrador, gravador, muralista, deseñador gráfico, cartelista, deseñador industrial, escenógrafo teatral, poeta, narrador, guionista, ensaísta, comunicador en prensa escrita e radiofónica, crítico e teórico das artes, emprendedor e outras moitas cousas, a traxectoria de Luis Seoane sitúao como a personalidade máis poliédrica da cultura galega do século XX. 
Unha vez clausurada no MARCO, a exposición terá continuidade en varias institucións de Galicia como o Museo Provincial de Lugo, a Fundación Granell de Santiago, ou o Centro Torrente Ballester de Ferrol, que amosarán visións parciais e diferentes desta mostra. En 2016 viaxará á Fundación Luis Seoane e outros espazos da Coruña.

Datas: 12 xuño 2015 - 27 setembro 2015
Lugar: Salas de exposicións da planta baixa
Horario: martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 14.30
Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo / Fundación Luis Seoane, A Coruña; Coordinación: Carmela Montero
Comisariado: David Barro

28 de xan. de 2015

MuMo. O Museo Móbil



Datas: 27 xaneiro 2015 - 28 xaneiro 2015
Lugar: rúa Príncipe, fronte a fachada principal do MARCO.

O proxecto didáctico MuMo. O museo móbil, organizado pola asociación francesa l'Art à l'Enfance chegou onte a Vigo e estará hoxe, mércores 28 de xaneiro, fronte a fachada principal do MARCO. Débese a unha iniciativa realizada en colaboración co MARCO e l'Alliance Française de Vigo.
Creado en 2011, o MuMo nace da convicción de que a través da arte formamos persoas máis abertas e xenerosas, axudamos a eliminar as fronteiras e transformamos a nosa forma de mirar o mundo. Todas as obras que compoñen este "museo móbil" foron creadas especificamente para o público infantil por artistas de recoñecido prestixio internacional, e versan sobre o tema social da convivencia en harmonía. A súa estrutura é a dun camión-contedor que se desprega e acolle catro espazos diferenciados con obras de pintura, escultura, instalación, vídeo e deseño. Máis información

7 de xul. de 2014

Proxecto Expositivo "Score. O Espazo entre Imaxe e Son" no MARCO


SCORE é un proxecto expositivo que xoga cos diferentes significados do do termo score como medio para navegar a través dunha serie de obras de cinema e vídeo.
O punto de partida da mostra responde a un crecente interese polo son dentro da arte contemporánea. A relación entre arte e son non é recente, pero o incremento no número de publicacións e exposicións relacionadas co son nos últimos anos é proba dunha maior atención a este medio. SCORE pretende situar este debate no contexto do cinema e o vídeo, observando como os artistas abordan a relación entre son e imaxe en movemento.
 
Datas: 11 xullo 2014 - 11 xaneiro 2015
Lugar: Planta baixa
Horario: martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 14.30 e de 17.00 a 21.00. Domingos de 11.00 a 14.30. Pechado luns
Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

9 de xuño de 2014

Exposición "Eidos da Imaxe. Grafías dos Feitos e do Pensamento" no MARCO

"EIDOS DA IMAXE. GRAFÍAS DOS FEITOS E DO PENSAMENTO" é froito da colaboración entre o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, e a Universidade de Vigo. O Proxecto BALIZA, desenvolvido na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e integrado en Campus do Mar. Knowledge in Depth, forma parte das accións financiadas polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte no marco do Subprograma de Fortalecemento de Campus de Excelencia Internacional. Trátase dun programa cuxo fin é aumentar a internacionalización e a creación de estruturas estables capaces de conxugar o mundo universitario co territorio, a administración cívica, a sociedade civil e o mundo empresarial. Neste contexto, o Ministerio de Educación xunto coa Secretaría de Universidades, impulsou a publicación do documento 'A arte como criterio de excelencia', destinada especificamente á introdución de iniciativas artísticas dentro dos proxectos de Campus de Excelencia Internacional. Nesta liña de actuación enmárcase o Proxecto BALIZA, cuxo obxectivo é deseñar un plan de actuación a medio prazo relativo á investigación no campo das Belas Artes: seminarios, xornadas, foros de debate, desenvolvemento de recursos e ferramentas específicas, son algunhas das actuacións levadas a cabo dende o ano 2012, e este proxecto expositivo significa un paso esencial na exploración e visibilidade do binomio arte-ciencia.
O proxecto concibiuse segundo sete vías de desenvolvemento, que se corresponden coa montaxe da exposición nas salas do MARCO: Morfografías, Xeografías, Cronografías, Anatomografías, Micrografías, Macrografías e Espectrografías.
Datas: 
6 xuño 2014 - 12 outubro 2014 
Lugar:
Salas de exposición do 1º andar 
Horario: 
martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 14.30 e de 17.00 a 21.00. Domingos de 11.00 a 14.30. Pechado luns 
Comisariado:
Alberto Ruiz de Samaniego

21 de maio de 2014

Últimos Días da Exposición "Historia, Miradas de Artistas" no MARCO


Últimos días da exposición 
"HISTORIA, MIRADAS DE ARTISTAS"
que se clausura este domingo 25 de maio no MARCO 
e que se exhibirá a partir de xuño en PhotoEspaña 2014 (Zaragoza)
 
Eric Baudelaire, Mohamed Bourouissa, Luc Delahaye, Shai Kremer, Cristina Lucas, Eduardo Nave, Paola de Pietri, Paolo Ventura 
A través de oito artistas que traballan coa fotografía, o vídeo e a instalación, a exposición ‘HISTORIA, MIRADAS DE ARTISTAS’ formula diversas miradas, diversos modos de aproximarse aos feitos históricos, tanto do presente coma do pasado. A todos eles os une o desexo de reflexionar sobre os devanditos acontecementos pero o fan dende unha postura distanciada, que ten máis que ver coa do artista ca coa do fotógrafo de prensa ou de reportaxe. A maioría destes artistas traballan con imaxes construídas —apelando a ese “facer imaxes” que sinala Hans Belting na súa Antropología de la imagen—, e con iso poñen en dúbida o carácter demostrativo ou indexal do medio fotográfico. No seu conxunto, as obras reunidas nesta exposición formulan cuestións sobre os diversos modos de representación da realidade e evidencian, de xeito sutil e distanciado, as pegadas, feridas e cicatrices deixadas pola historia.
Ata o 25 de maio 
MARCO, salas de exposición do 1º andar

15 de maio de 2014

Día Internacional do Museo 2014 no MARCO


Como cada ano dende 1977, o ICOM (Consello Internacional de Museos) invita aos museos do mundo enteiro a celebrar o Día Internacional do Museo, creado para promover o interese xeral pola xestión e as actividades dos museos e centros de arte. O lema para o DIM 2014 é "Os vínculos creados polas coleccións dos museos", que pretende renovar os métodos tradicionais de participación que implementaron os museos para manter vivo o interese do público. Os museos enfróntanse constantemente a cambios que os obligan a reformular o seu compromiso tradicional e atopar novas formas de accesibilidade e comunicación, no seu papel de relatores do patrimonio cultural e da memoria colectiva dunha comunidade.
O MARCO súmase a esta celebración e ofrece unha programación especial na fin de semana do 16 ao 18 de maio, con actividades para públicos de todas as idades, e amplía o seu horario coa apertura de salas o domingo pola tarde.

22 de abr. de 2014

Día Internacional del Libro 2014



O mércores 23 de abril, 48 bibliotecas de museos e centros de arte e cultura inundarán as cidades de libros con motivo da celebración do Día Internacional do Libro. Estes centros únense nunha experiencia de Bookcrossing na que liberarán máis de 2.500 volumes relacionados con diferentes disciplinas. 



O MARCO únese, un ano máis, a esta experiencia e liberará un total de 80 catálogos en distintos puntos da cidade de Vigo, nunha iniciativa promovida pola Biblioteca-Centro de Documentación do Museo. A solta de libros iniciarase ás 11.00 da mañá fronte á fachada principal na rúa Príncipe.

6 de feb. de 2014

Exposición "Historia Miradas de Artistas" no Museo Marco


Eric Baudelaire, Mohamed Bourouissa, Luc Delahaye, Shai Kremer, Cristina Lucas, Eduardo Nave, Paola de Pietri, Paolo Ventura
A través de oito artistas que traballan coa fotografía, o vídeo e a instalación, a exposición formula diversas miradas, diversos modos de aproximarse aos feitos históricos, tanto do presente coma do pasado. A todos eles únelles o desexo de reflexionar sobre os devanditos acontecementos pero o fan dende unha postura distanciada, que ten máis que ver coa do artista que coa do fotógrafo de prensa ou de reportaxe. É dende a postura distanciada da arte dende onde estes autores abordan aspectos como a memoria, as pegadas, as feridas, a evocación ou mesmo a reinterpretación dos acontecementos históricos.

Datas: 7 febreiro 2014 - 25 maio 2014
Lugar: Primeiro andar

Horario: martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 14.30 e de 17.00 a 21.00. Domingos de 11.00 a 14.30

Produción: La Fábrica

Comisariado: Oliva María Rubio

23 de dec. de 2013

Obradoiros Infantís de Nadal no Marco



"No Nadal, un conto"
Obradoiros infantís de Nadal

Para nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas
 
Datas no MARCO:

Xoves 26 e venres 27 de decembro de 2013
Xoves 2 e venres 3 de xaneiro de 2014
Horario: de 12.00 a 14.00

Lugar: ‘Laboratorio das Artes’ (1º andar)
Organiza: Concellaría de Normalización, Concello de Vigo / Centro de Interpretación da Oralidade, en colaboración co MARCO
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ata completar aforo
· Hora límite de entrada: ás 12.15
· Máximo 3 nenos por adulto

11 de dec. de 2013

Continúa o Ciclo "Material Memoria" no MARCO


Continúa o ciclo "Material Memoria" no MARCO  
Este venres e sábado, con dúas pezas escénicas de Patricia Caballero  
Aquí gloria y después paz  (Venres 13 de decembro, ás 19.30)
Lo raro es que estemos vivos (Sábado 14 de decembro, ás 19.30)

Esta fin de semana continúa no Patio 1 da planta baixa do MARCO "Material Memoria", o programa de artes escénicas e cine comisariado por Pablo Fidalgo Lareo dentro da exposición VERANEANTES. Nesta ocasión, con dúas propostas escénicas de Patricia Caballero (Cádiz, 1987). ENTRADA GRATUÍTA. Prazas limitadas ata completar aforo.

13 de nov. de 2013

Festa do 11º Aniversario do MARCO


O 13 de novembro de 2013, o MARCO cumpre once anos dende a súa apertura ao público en 2002. Con motivo desta celebración, o venres 15, sábado 16 e domingo 17 de novembro terá lugar a Festa do 11º Aniversario, cun programa de actividades para públicos de todas as idades, que se suman ás dúas exposicións que se mostran en salas:

"VERANEANTES", na planta baixa
"Unha máquina desexa instrucións como un xardín desexa disciplina", no 1º andar



Horarios especiais de apertura
Para esta ocasión, o Museo permanecerá aberto ao público nun horario máis amplo do habitual: o sábado ata as dúas da madrugada; e o domingo ata as 21.00.
Venres 15 e domingo 17: de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00
Sábado 16: de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 02.00

11 de out. de 2013

"Veraneantes" Exposición no Marco


Datas: 11 outubro 2013 - 30 marzo 2014
Lugar: planta baixa
Horario: martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 14.30 e de 17.00 a 21.00. Domingos de 11.00 a 14.30

"VERANEANTES" é unha mostra de produción propia cuxo título alude a esa condición de reencontro que supón un proxecto circunscrito ao noso contexto máis próximo. Na súa acepción literiaria, remítenos á peza teatral Veraneantes, que Maximo Gorki estrenou en 1904. A exposición reúne un conxunto de obras en múltiples formatos e soportes distribuídas por todos os espazos da planta baixa do MARCO, incluíndo intervencións específicas en zonas de tránsito de visitantes no interior e exterior do edificio, e tamén outros ámbitos de actuación como a propia web do Museo ou o menú do MARCO restaurante&café.

3 de out. de 2013

Presentación no Marco do Libro "Mis Padres : Romeo e Julieta" de Pablo Fidalgo Lareo



Presentación do libro
Mis padres: Romeo y Julieta (Pre-textos, 2013), de Pablo Fidalgo Lareo
Interveñen: Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Pablo Fidalgo Lareo
MARCO, salón de actos 
Venres 4 de outubro ás 20.00 h

12 de set. de 2013

Exposición "Unha Máquina Desexa Instrucións Como Un Xardín Desexa Disciplina" no Marco


Lembrámosvos que este venres 13 de setembro ás 20.00 terá lugar a inauguración da exposición ‘UNHA MÁQUINA DESEXA INSTRUCIÓNS COMO UN XARDÍN DESEXA DISCIPLINA’ (Premio MARCO/FRAC Lorraine para novos comisarios), comisariada por Catalina Lozano. Nesta ocasión, o artista mexicano Jorge Satorre, participante na exposición, ofrecerá unha charla aberta ao público ás 18.00, nas salas do primeiro andar.

2 de set. de 2013

Boletín de Convocatorias Verán 2013 do Museo MARCO de Vigo


Aquí tedes o Boletín de Convocatorias Verán 2013 do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) que recolle un amplo número de bolsas, axudas, cursos e premios de Galicia e de fóra. Como tivemos vacacións para algunhas actividades estamos fora de prazo pero para outras aún estades a tempo.

27 de maio de 2013

Actos en torno ás Letras Galegas no Marco


Mañá martes 28 de maio e o mércores 29, o salón de actos do MARCO acollerá dous actos relacionados coa celebración do Día das Letras Galegas: a proxección dun documental de Gonzalo Enríquez Veloso sobre Roberto Vidal Bolaño, e unha conferencia-coloquio en torno ás figuras de Rosalía de Castro e Vidal Bolaño, que estará a cargo de Uxía Blanco e Xavier Castro.

MARTES 28 maio, ás 19.30: Proxección do documental "Recuperando a Roberto Vidal Bolaño" de Gonzalo Enríquez Veloso (2013, 30’). Coprodución: Millo Filmes e Televisión de Galicia. Salón de actos. ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA.
MÉRCORES 29 maio, ás 19.30: Conferencia-coloquio "Rosalía de Castro e Roberto Vidal Bolaño: unha visión nos espellos do calexón do gato" con Uxía Blanco e Xavier Castro. Organiza: Concello de Vigo, Servizo de Normalización Lingüística. Salón de actos.  ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA.

20 de maio de 2013

Próxima Exposición de Patricia Esquivas no Marco "Todas as Tradicións son Inventadas"


A exposición de Patricia Esquivias (Caracas, Venezuela, 1979) leva por título unha frase derivada dun dos máis influentes ensaios do historiador marxista Eric Hobsbawm, no que describe a orixe recente de moitas tradicións que permanecen na sociedade e que, non obstante, son produto da invención. A súa orixe pode ser máis ou menos rastrexable, pero todas teñen en común a súa relación co pasado e coa Historia, o elemento lexitimador.
Na súa proposta para o MARCO, Patricia Esquivias presenta unha selección de obras que utilizan a Historia como ferramenta para interpretala, deslexitimala ou para ficcionala, sen vontade de veracidade. Son pezas que abordan o tránsito do pasado ao presente, ou articulan narracións a partir de experiencias persoais e acontecementos históricos ou culturais, cuestionando os argumentos oficiais e as canles hexemónicas de transmisión do coñecemento.
Datas: 24 maio 2013 - 1 setembro 2013
Lugar: primeiro andar
Horario: martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 15.00