Amosando publicacións coa etiqueta Escultura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Escultura. Amosar todas as publicacións

6 de nov. de 2019

Vídeos da Conferencia de Beatriz de San Ildefonso "A Influencia da EMAO nas Artes Plásticas de Vigo"

Dentro do programa complementario da Exposición A Escola de Artes e Oficios, 130 anos na Historia de Vigo, tivo lugar a conferencia A influencia da Escola Municipal de Artes e Oficios nas Artes plásticas en Vigo: da formación ao artista, a cargo de Beatriz de San Ildefonso Rodríguez.

Día: mércores 2 de outubro de 2019
Hora: 19:30
Lugar: Biblioteca da Escola de Artes e Oficios (García Barbón, 5)

Vídeo 1 Vídeo 2 Vídeo 3

25 de set. de 2019

Conferencia na EMAO: A influencia da Escola Municipal de Artes e Oficios nas Artes plásticas en Vigo: da formación ao artista

Dentro do programa complementario da Exposición "A Escola de Artes e Oficios, 130 anos na Historia de Vigo", terá lugar a conferencia A influencia da Escola Municipal de Artes e Oficios nas Artes plásticas en Vigo: da formación ao artista, a cargo de Beatriz de San Ildefonso Rodríguez.

Día: mércores 2 de outubro de 2019
Hora: 19:30
Lugar: Biblioteca da Escola de Artes e Oficios (García Barbón, 5)

18 de xan. de 2019

Catálogo Web da Exposición "Proxectos 2018"


Xa temos o catálogo web da exposición Proxectos 2018. Nesta exposición, producida integramente pola EMAO, presentáronse algúns dos proxectos dos/as alumnos/as que cursaron o nivel avanzado no ano académico 2017-2018.
Parabéns a todos os participantes!!!

20 de out. de 2018

Imaxes da Inauguración de Exposición "Proxectos 2018"


Lémbrovos que nesta ocasión e debido a problemas de espazo, habilitouse tamén unha zona de exposición no hall de entrada da Escola. Alí están expostas as obras da especialidade de pintura. Anímovos a visitala!

17 de out. de 2018

Exposición "Proxectos de Fin de Estudos EMAO 2018" no Espazo EMAO

Cartel de Federico Fernández


Exposición na EMAO
“PROXECTOS DE FIN DE ESTUDOS EMAO 2018"
Inauguración o 19 de outubro ás 19:00


Dentro do Plan de Estudos da Escola de Artes e Oficios de Vigo inclúese, para o alumnado que remata os seus estudos nas distintas especialidades, a opción de cursar un Nivel Avanzado. Neste nivel educativo desenvolve, durante un ano, un proxecto de carácter persoal no que plasma as aprendizaxes e competenciastécnicas e artísticas do seu paso pola especialidade cursada na Escola.

Este proxecto individual -seleccionado previamente polo seu mestre/a, e dirixido por el/ela durante o seu desenvolvemento posterior en réxime presencial en taller- pode ter un carácter investigador, creador, de emprendemento empresarial ou laboral, de afondamento nunha técnica ou nunha idea, de experimentación con novos materiais...

Na presente exposición, producida integramente pola EMAO, presentamos algúns dos proxectos dos/as alumnos/as que cursaron o nivel avanzado no ano académico 2017-2018. Un ano no que materializaron a súa proposta inicial, man a man co seu titor/a. Do proceso proxectual, recóllense aquí os resultados, os productos creativos ou artesanais, que representan o froito parcial, unha mostra especial, da experiencia e o coñecemento vivido nas aulas e obradoiros ao longo dos seus estudos. En todos eles plásmanse materialmente os obxectivos de excelencia técnica e creatividade que figuran como base do proxecto formativo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

FICHA DA EXPOSICIÓN
Proxectos de fin de estudos 2018

Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Datas: do 19 de outubro ao 5 de decembro de 2018 (agosto pechado). Inauguración 19 de outubro ás 19:00 horas
Horarios: de 19:00 a 21:00 horas, dias laborables
Comisariado: Federico Fernández e Emma Pintos, mestres de Debuxo artístico e de Moda da EMAO
Especialidades participantes: Serigrafía artística, Debuxo artístico, Pintura, Artesanía en Coiro, Moda e confección, Cerámica artística, Talla e escultura en madeira.
Cartel: Federico Fernández mestre de debuxo da EMAO
Produción e montaxe: Alumnado e profesorado da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Axudante de montaxe: Alberto Couñago

5 de xuño de 2018

#Crea Vigo. Festival de Cultura Urbana, 5, 6 e 7 Xuño


Mañá, mércores 6 de xuño, o artista e arquitecto, Román Corbato, realizará a instalación escultórica "Lapso" na Praza Compostela, en colaboración co alumnado de Talla e escultura da Escola de Artes e Oficios de Vigo, a partir das 10.00h. na Plaza Compostela...

25 de maio de 2018

#Crea Vigo. Festival de Cultura Urbana


Mércores 6 de xuño, na praza Compostela, dende ás 10:00 h. O escultor Román Corbato coa colaboración do alumnado de escultura e talla en madeira da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo realizará a peza escultorica "Lapso" como "lugar de reflexión" entre a cidade, a arquitectura e a natureza domesticada, unha peza para que os viandantes a percórran
As rúas de Vigo converteranse en escenario de múltiples manifestacións de arte urbana. Actividades de música, danza e a creación dunha escultura ao aire libre son parte da programación da iniciativa "CreaVigo" lanzada polo Concello para completar a nova edición de medianeiras.

27 de nov. de 2017

Alumnado de Talla e Escultura en Madeira participa en "Big Valise", un proxecto da Área Educativa do Museo Thyssen


Hoxe o Faro de Vigo faise eco da participación dun grupo de alumnos da especialidade de Escultura e talla en madeira, dirixidos pola súa profesora Rosa García, nun proxecto chamado "Big Valise", que agora loce na sala 44 do Museo Thyssen dentro da exposición "Lección de Arte", que se estreou a principios de novembro e poderá gozarse ata o 28 de xaneiro. O obxectivo da mostra -comisionada polo área de educación do Thyssen- é precisamente animar ao público a que reflexione sobre o rol educativo que desempeñan os museos.

A iniciativa, do área educativa do museo, está moi vinculada a Vigo e, en concreto, a Rosa García. A docente da EMAO impulsara antes cos seus alumnos a iniciativa "As Crebas, ver onde outros só miran", que presentou como parte do colectivo Musaraña nunhas xornadas educativas celebradas no Thyssen. A proposta gustou tanto que inspirou "Big Valise", un novo proxecto, máis ambicioso e de alcance estatal, que agora loce no museo.

En "Big Valise" participaron unha decena de alumnos da Escola , que puideron deixar así a súa impronta na maleta fai xusto un ano, antes de que continuase o seu periplo por centros de toda España.
Fotos publicadas por Faro de Vigo
Carmen, Zaira e Rubén

17 de xan. de 2017

Premio Reina Sofía de Pintura e Escultura




A Asociación Española de Pintores e Escultores presenta a 52 convocatoria do Premio Reina Sofía de Pintura e Escultura. A AEPE é unha entidade sen ánimo de lucro, cuxa finalidade principal é a promoción de actividades artísticas en toda a xeografía nacional.

Poderán participar todos os maiores de idade residentes no España, con obras orixinais, que non sexan seleccionadas nin premiadas en ningún outro concurso, e con tema e técnica libres. A data límite de presentación de obras é o 10 de febreiro de 2017 e os participantes enviarán a documentación requirida nas Bases a:  administracion@apintoresyescultores.es

9 de nov. de 2015

"Materia de Barros" Exposición de Escultura Cerámica en Apo'strophe Sala de Arte


En Apo'strophe Sala de Arte podedes visitar, ata o 28 de novembro, a exposición de  Ruth Noemí Lodeiro "Materia de Barros" sobre escultura cerámica. Ruth Noemí Lodeiro foi hai algún tempo alumna da Escola de Cerámica de Nigrán.

Lugar: Apo'strophe Sala de Arte, Fernández del Riego s/n Plaza Elíptica, Vigo
Horario: de Luns a venres:  18:00–20:00. Sábado e domingos (18:00–22:00)

22 de abr. de 2015

Curso de Modelado Figurativo: Como Hacer un Busto por Javier Aguilera


"Curso de Modelado Figurativo : como hacer un busto", impartido por Javier Aguilera, antiguo alumno de cerámica da nosa Escola. Será o próximo 9 de maio, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 en Dinamo Coworking (rúa Ecuador, 14. Vigo)
Información e inscripcións no 635407978. 
paginaweb@mundo-r.com

14 de xan. de 2015

Exposición "Historias de Mar" en Apo'strophe Sala de Arte


Este venres, 16 de xaneiro ás 20:30, en Apo'strophe Sala de Arte, inauguración de "Historias de Mar" exposición dual de José Manuel Ucha, alumno de escultura e talla en madeira da Escola e Álvaro Rodríguez. Presentará o evento Rosa García, mestra de escultura e talla en madeira da Emao. Tedes que ir!

16 de dec. de 2014

"Latidos" Exposición de Maribel Mouriño na Galería Sargadelos


Maribel Mouriño Pino, antiga alumna de cerámica, presenta a exposición "LATIDOS" de escultura e pintura, do 2 ao 31 de xaneiro de 2015 na Galería Sargadelos (rúa Urzaiz, 17. Vigo)

3 de dec. de 2014

Inauguración da Exposición Ética na Sala Apo'strophe de Vigo


Xoves, 4 de decembro de 2014, ás 20:30 na sala Apo'strophe (Centro Comercial Plaza Elíptica de Vigo), inauguración da exposición ËTICA,  24 artistas participan nesta nova mostra de pintura, escultura e fotografía unidas nun tema sempre actual a ÉTICA. Destacar que nesta exposición participan varias persoas relacionadas coa nosa Escola, como Rosa García, mestra de talla e escultura en madeira, Rut Martínez, antiga mestra de debuxo e alumnos como Xosé Manuel Ucha, Miguel Núñez, Fabiola Mecia ou Pepe Güenaga. Parabéns!!!

Ata o 10 de xaneiro de 2015.

16 de out. de 2014

1 de abr. de 2014

"Jardines Imaginados" a Exposición de Rosa García na Sala Apo'strophe de Vigo


Este venres, 4 de abril, na sala de arte Apo'strophe de Vigo, inaugura exposición Rosa García, mestra de escultura e talla en madeira da Emao. Baixo o título "Jardines Imaginados", Rosa móstranos unha selección de gravado & escultura. A inauguración será ás 20:30 h e permanecerá aberta ata o 3 de maio. Animarvos a visitala.

26 de feb. de 2014

Exposición de Álvaro de la Vega en Espacio Moret Art (A Coruña)


En "Adverbios de modo", o ser humano volve tomar o papel protagonista das creacións, pero nesta ocasión desde unha perspectiva relacional. As súas persoas deixaron de desprender esa abafadora soidade que lles caracterizaba e pasaron a relacionarse entre elas en case todas as pezas. 
Espacio Moret Art: C/ Olmos 12, 1º C. 15003 A Coruña