Amosando publicacións coa etiqueta Documentais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Documentais. Amosar todas as publicacións

27 de maio de 2013

Actos en torno ás Letras Galegas no Marco


Mañá martes 28 de maio e o mércores 29, o salón de actos do MARCO acollerá dous actos relacionados coa celebración do Día das Letras Galegas: a proxección dun documental de Gonzalo Enríquez Veloso sobre Roberto Vidal Bolaño, e unha conferencia-coloquio en torno ás figuras de Rosalía de Castro e Vidal Bolaño, que estará a cargo de Uxía Blanco e Xavier Castro.

MARTES 28 maio, ás 19.30: Proxección do documental "Recuperando a Roberto Vidal Bolaño" de Gonzalo Enríquez Veloso (2013, 30’). Coprodución: Millo Filmes e Televisión de Galicia. Salón de actos. ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA.
MÉRCORES 29 maio, ás 19.30: Conferencia-coloquio "Rosalía de Castro e Roberto Vidal Bolaño: unha visión nos espellos do calexón do gato" con Uxía Blanco e Xavier Castro. Organiza: Concello de Vigo, Servizo de Normalización Lingüística. Salón de actos.  ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA.

14 de set. de 2012

Exposición "A India, un ollar solidario" na Capela do Hospital de Cangas



Inaguracion da exposición de varios fotógrafos “A India, un ollar solidario” que terá lugar na Capela do Hospital de Cangas hoxe venres, 14 de setembro do 2012, ás 19:00 horas. Esta exposición forma parte xunto coa estrea do documental “Un trozo de cielo”, dos eventos que a ONG ShangaIndia celebra co gallo da necesidade de recaudar fondos para a Escola Maria Soliña da India. O documental, realizado por Luis García Verdú, proxectarase nunha gala presentada pola actriz Uxía Blanco. O dia 21 no Auditorio Nova Galicia Banco en Vigo, e o domingo 23 de setembro no Auditorio Municipal de Cangas ás 20:00 horas.

15 de maio de 2012

ISABEL COIXET RENDE HOMENAXE AOS VOLUNTARIOS DA CATÁSTROFE DO PRESTIGE


Isabel Coixet rende homenaxe aos case 300.000 voluntarios que limparon as costas galegas tras a catástrofe do "Prestige" co documental "Marea branca", que se estrea este mércores. Este anos cúmprense dez anos daquela traxedia ambiental que asolou as costas de Galicia.
Este documental, unha iniciativa de Coronita, poderase ver dende este mércores en www.coronasavethebeach.org e, a partir do 5 de xuño, Día Mundial do Medioambiente, estará libre para podelo descargar.

25 de abr. de 2012

V XORNADAS AUDIOVISUAIS SOBRE CERÁMICA


Este mércores, 25 de Abril do 2012, ás 19:00 h no Centro Antena do Concello de Nigrán, proxectarase TOUGEI NO MORI, onde durante 40 m  Arnold Annen gran coñecedor da linguaxe cerámica y mais en concreto da porcelana, descóbrenos os seus segredos técnicos e a súa paixón pola investigación para conseguirr novos resultados y efectos a través da luz.

"TOUGEI NO MORI" de Violette Fassbaender
Ano 2000, Suiza 
Centro Antena, Concello de Nigrán 
As 19 h.


26 de mar. de 2012

"THE SEPTEMBER ISSUE" DOCUMENTAL : MODA + ARTE

 

THE SEPTEMBER ISSUE 
DOCUMENTAL: MODA+ARTE
Mércores, 28 de marzo de 2012, ás 20.00 horas

Para pechar o ciclo de conferencias Historia da Moda e a súa relación coa Arte, o  Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa presenta este documental sobre Anna Wintour a lendaria editora xefe da revista Vogue e a figura máis poderosa e influente do mundo da moda.
Cun look moi definido, sempre escondida tras a súa característica melena e as súas soadas lentes de sol, nunca ata este momento permitira que ninguén se penetrase nas reviravoltas da súa redacción. Agora, o realizador R. J. Cutler introduce ao espectador nun mundo que ata ese momento cría coñecer.
Ano tras ano, cando chega agosto, a xente corre aos quioscos para facerse co número de setembro de Vogue. A edición do ano 2007 foi, e aínda hoxe segue sendo, a máis grande da historia, R. J. Cutler descóbrenos todo o que aconteceu durante a súa preparación.

11 de abr. de 2011

IV XORNADAS AUDIOVISUAIS SOBRE CERÁMICA


Este luns 11 de abril de 2011, seguindo co programa das IV Xornadas de Audiovisuais sobre Cerámica, se proxectara o vídeo "YIXING: a raíña das teteiras", un documental onde se amosan con todo detalle as técnicas de construción destas apreciadas teteiras.
Dirixida por Patrice Valfre e Luc Bouery.
Duración: 120 minutos
Lugar: Auditorio da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO).
Hora: 19.00 h.