Amosando publicacións coa etiqueta Proxectos 2016. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxectos 2016. Amosar todas as publicacións

16 de dec. de 2016

Catálogo da Exposición Proxectos 2016


Aquí tedes o catálogo da Exposición Proxectos 2016. Esperamos que vos guste moito!!!
Proxectos 2016. Catálogo PDF 
Exposición que podedes visitar ata o día 22 de decembro.
Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Datas: do 11 de novembro ao 22 de decembro de 2016
Horarios: de 19:00 a 21:00 horas, dias laborables

11 de dec. de 2016

Exposición Proxectos 2016. Pintura

Do catálogo da Exposición Proxectos 2016

PINTURA
Elisa Vila Cea
A selva vixiada
Lienzo, óleo e diversos animais de distintos materiais

Baseándome nun certo estilo inxenuo, tento atopar unha obra persoal, abrindo o espazo a partir da inclusión de animais (insectos a maior parte) que percorren o cadro e o espazo circundante.
A partir do estudo da obra de Rousseau e doutros artistas masculinos e femininos que teñen unha estética naif (cores brillantes e contrastados e perspectiva acientífica captada por intuición), fago tamén unha exploración na arte actual e das integracións espaciais (instalacións) no que ten moito peso a obra do artista galego Jorge Perianes.

PINTURA
Mª del Pilar Alves Nogueira.
A nosa Ria
Lienzo e óleo

Tríptico que tenta resaltar a pintura nunha mirada persoal á nosa paisaxe, dende un punto de vista tradicional que se achega a un certo estilo do romanticismo.

 

PINTURA
Azumiart - (Fátima Abal Garcia)
E-Solución
Compostas en acrilico, madeira traballada a man

(Onde a natureza atopa un problema, busca unha solución e o resolve mediante unha evolución)
O traballo baséase en dúas pezas concretas de Maruja Mayo (Naturaleza Viva. Vida Vibrante. 1943 - Naturaleza Viva, 1942); con elas inspírome para crear dende a miña propia visión unha homenaxe ao surrealismo galego, en especial a esta gran artista.


7 de dec. de 2016

Exposición Proxectos 2016. CAIM-Gaita

Do catálogo da Exposición Proxectos 2016


CAIM (Construción Artesanal de Instrumentos Musicais) GAITA
Jandro Barciela
Volta de rosca

O proxecto trataba de conseguir un punteiro co que se puidera tocar, dende a música máis tradicional, pasando por obras con piano, ata música do barroco.
Respectando o interior do punteiro actual, o que pretendiamos, era recuperar a subtónica, ter un Mib máis decente e facilitar o uso do segundo rexistro.
O resultado que obtemos é un punteiro que nos dá moito xogo á hora de tocar un repertorio ou outro. Co furado de rexistro, ademais de facer con facilidade o segundo rexistro, podemos facer unhas pequenas dinámicas moi curiosas.
Coa subtónica, recuperamos ese Sib grave que tanto se botaba en falta, ideal para tocar repertorio do mestre Manuel Villanueva. Modo mixolidio ou completo.
Neste punteiro, para obter o Mib, temos que executalo como se fora Mi natural e o Mi natural como se dun “clarinete” se tratase.
En conclusión: un punteiro con moitas opcións e variantes que nos exise un pequeño estudo, se non estas afeito ás diferentes posturas, para sacarlle todo o rendemento.


5 de dec. de 2016

Exposición Proxectos 2016. Cerámica

Do catálogo da Exposición Proxectos 2016


CERÁMICA ARTÍSTICA
Fernando Carballa Villanueva
Cabeza e Protector
Gres BT. Parafusos prásticos
Cabeza composta por 112 pezas. Protector formado por 56 pezas. Todas elas cocidas a alta temperatura. Ensambladas con parafusos plásticos.

Esta obra busca conseguir lixeireza, claridade, liberdade, luz... en contraposición aos seus aspectos formais de cerramento, pesadez, escuridade, claustrofobia...

 
CERÁMICA ARTÍSTICA
Juana Martinez 
Elaboración e produción dun revestimento cerámico artesanal 
Pasta: PA/PRAF/Gres porcelánico
Vidrados: ATP/ATP+Cu+Co 

A intención é facer un exercicio de simplificación na que o observador pode entender o obxectivo final do revestimento, onde o paralelepípedo proposto divídese en dous planos: o horizontal sería o chan, e o plano vertical serían as paredes revestidas da edificación.
Estudo para a elaboración dun revestimento cerámico artesanal resolto mediante unha matriz xeométrica cuxo módulo hexagonal propón unha estética que alude a xeometrías propias da natureza, ao tempo que atende aos requisitos de funcionalidade, simplicidade e versatilidade. Do mesmo xeito, o proxecto cuantifica o tempo de produción e materiais necesarios para o desenvolvemento do proceso de produción, permitindo avaliar o custo efectivo do revestimento.

CERÁMICA ARTÍSTICA
Natalia Touriño e Muíño
Encaixe cerámico.
Porcelana G8/Supermimbre/Gres BT

A proposta consta de dúas partes, relativas ao encaixe; por un lado hai volume relacionado coa luz e, por outro, hai liñas sobre un soporte útil: as tazas de viño.


CERÁMICA ARTÍSTICA
Nero Carpente
Ai lalelo, Ai lalalo
Louza branca, gres branco, calcas cerámicas

Colección seriada de recipientes cerámicos para bebidas alcohólicas; unindo funcionalidade, creatividade e cultura popular. Trátase de relacionar esta modalidade de pezas coa propia actividade festiva e musical na que se empregan dentro da cultura galega


CERÁMICA ARTÍSTICA
María del Pilar López Freire
Fish-iño
Colada Art 13 e gres BT

Nove pezas exentas que recrean a manipulación do peixe no porto pesqueiro de Vigo. O aproveitamento dos refugallos que produce, como alegoría do desenvolvemento da cidade olivíca.
Fíxose un molde dun peixe imaxinario cortado en tres seccións, cada unha delas tratadas de xeito diferente. Unhas foron relizadas a coada e outras ao apretón. No acabado das pezas utilizáronse diferente vidrados. As pezas que van sobre peana están realizadas en grés sen vidrar.

4 de dec. de 2016

Exposición Proxectos 2016. Serigrafía artística (2)

Do catálogo da Exposición Proxectos 2016


SERIGRAFÍA ARTÍSTICA
Olalla Lojo Ríos
Oco

Butaca Paxaros
Serigrafía sobre tela a unha tinta.
Butaca antigua tapizada e repousapés. A ilustración é unha adaptación dunha ornamentación clásica do libro "The World of Ornament". Taschen.

Cadeira Caruncho
Tapizado dunha cadeira antiga con serigrafía artesanal a unha tinta sobre tea.

Tapiz colgante Paxaros
Serigrafía artesanal sobre tea a 4 tintas

Camisa neno Lúpulos
Serigrafía artesanal sobre tea. Confección a man de camisa. Talla: 1-2 anos

Lazo neno Follas
Serigrafia sobre tea a unha tinta

Carteira de man Paxaros
Serigrafía sobre tea a unha tinta

Lámpara Paxaros
Serigrafía a tres tintas sobre papel pergameo

Mediante a serigrafía artesanal e o deseño de estampados propios este proxecto céntrase en producir artículos enmarcados no ámbito da decoración e do interiorismo.


SERIGRAFÍA ARTÍSTICA
Jose David Bastos Abalde
Pantallas
True detective: cuatricromía. O uso da imaxe na serie recorda ás paisaxes de Gaspar Friedrich, dándolle á arbore un significado místico-relixioso.
Mad men: tres cores (sen superpoñer ).Tres cores representativos da Serie: vermello, negro e gris. Este plano é elixido por ser clara homenaxe a Hopper.
Os soprano: catro cores (superpostos). O uso do clarescuro neste plano, axeitado por estar as persoaxes nun velorio, lembran sen dúbida a pintores como Rembrant.

Estudo de planos cinematográficos usados en series televisivas, comparados coa obra de grandes autores e susceptibles de seren convertidos en ilustracións, utilizando en cada unha diferentes técnicas serigráficas


SERIGRAFÍA ARTÍSTICA
Douglas Omar Franco Ixcot
Carlos Maside

Serigrafías baseadas nas ilustracións que Maside publicou entre 1940 e 1950 na revista “Industrias pesqueras” (Arquivo da Bibliioteca da EMAO)
O proxecto é un estudo do material gráfico de Maside e a súa reinterpretación en serigrafía en diferentes soportes: papel, madeira e coiro

SERIGRAFÍA ARTÍSTICA
Douglas Omar Franco Ixcot
Catálogo
Caixas de madeira serigrafiadas de 28.5 x 26.5 x 5 cm que conteñen as láminas en papel. Serigrafía sobre papel Fabriano academia, 22,5 x 24,5 cm

Catálogo baseado nas iconas realizadas por Carlos Maside para a revista “Industrias pesqueras” dos anos 1940 a 1950 en Vigo

 

SERIGRAFÍA ARTÍSTICA
Douglas Omar Franco Ixcot
Zapatos: cruzando o mar dun salto
Serigrafía sobre pel de poltro. Talla: 43


2 de dec. de 2016

Exposición Proxectos 2016. Serigrafía artística (1)

Do catálogo da Exposición Proxectos 2016


SERIGRAFÍA ARTÍSTICA
Esther arjona lópez
Sons da emao
2 tintas sobre papel royal talens blanco

Conxunto de caixa e postais serigrafiadas a man. Anverso: ilustracións de instrumentos musicais da tradición galega construídos na EMAO. Envés: código escaneable para escoitar o son de cada instrumento.
Caixa de postais serigrafiadas coa temática de instrumentos musicais tradicionais galegos que ademáis do seu carácter visual se pode oír unha gravación sonora de cada instrumento mediante descarga con código QR. 
 


SERIGRAFÍA ARTÍSTICA
Aarón Sanromán
Diovivo
Técnica mixta. Serigrafía con resina epoxi e metacrilato líquido, catalizador, verrniz UVI. Estarcido e acabado final a mano con verniz cristal 3D. Soporte de papel con imprimación acrílica negra mate.

“En Galicia a chuvia é arte” (Siniestro Total)
O proxecto trata o tema da paisaxe galega a través dunha ventá que nos deixa ollar a chuvia coma espectadores dunha viaxe no tempo, onde os diferentes tipos de chuvia, e as máis de 100 palabras que temos na nosa terra para definila, serven para narrar de forma atemporal o sentimento e a historia da nosa terra coma elemento documental.
Cadansúa ventá é representativa dun tipo de chuvia, sen unha orde aparente ao igoal cá capacidade caótica do noso clima de se alterar e cambiar. Os tipos de chuvia que se representan son os seguintes (de esquerda a dereita):
1. Boubizo: chuvia miúda e pouco intensa
2. Morriña: chuvia miúda e persistente
3. Dioivo: chuvia abundante e intensa
4. Orballo: chuvia fina e persistente
5. Zarrapallada: chuvia miúda e intermitente
6. Treboada: tromba de auga forte e intensa

 
SERIGRAFÍA ARTÍSTICA
Emilia Pereiro Riveira
Herbarius umbrarum
Serigrafía sobre papel
Herbarius umbrarum é unha selección de serigrafías feitas a partir de plantas recollidas na cidade de Vigo e arredores. Cada serigrafía pretende capturar a sombra dunha planta que deriva nunha figura única. Con este proxecto preténdese representar e simplificar as formas das plantas pero tamén salientar a súa fraxilidade e elegancia.
Unha planta é un ser vivo efémero no tempo; para a súa conservación e futuro estudio utilízase o método do herbario que consiste en recolectar, prensar e secar especimes para a súa clasificación. Sen embargo, mediante a serigrafía pódese multiplicar a súa impronta de xeito indefinido para que perdure.
Trátase dun proxecto de experimentación coa técnica do reporte directo creando un catálogo coas estampas dos especimes botánicos recollidos.

1 de dec. de 2016

Exposición Proxectos 2016. Talla e escultura en madeira (2)

Do catálogo da Exposición Proxectos 2016

TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA
Alberto Bentosinos Rico
O Labirinto
Madeira de tileira e piñeiro. Vidro e espellos
Esta peza utiliza a simboloxía do labirinto para representar o camiño na vida, un camiño cara ao interior, de crecemento e descubrimento persoal

TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA
Dolores Carballo Vilar
O despertar da amalgama
Madeira e ponlas de bimbio
Abstracción figurativa que representa unha cabeza feminina con perfil intimista


TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA
Mónica Soto Sánchez
Pitopinga
Madeira, cristal, plástico, aramio, materiais de reciclaxe
Catro módulos percorren a parede (caixóns) cunha temática e unha estetica común



TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA
Miguel Costas Vázquez
¿Xénero?: masculino-femenino
Madeira de arce e pedra acabado a cera natural
Representa nunha mesma peza as figuras da muller e do home partindo do eixe físico da columna vertebral

29 de nov. de 2016

Exposición Proxectos 2016: Talla e escultura en madeira (1)

Do catálogo da exposición "Proxectos 2016":

TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA
Ángel Puga González.
Diálogo bravo de materiais xurdidos do mar
Madeira – crebas

Por ser neto, fillo, irmán, sobriño, curmán e veciño de mariñeiros, por vivir nun barrio como o de Espiñeiro, tan relacionado co mar, andar ás crebas xa de neno, ser membro dunha familia que dependía do mar para ben e para mal, foime doado volver ás crebas, xuntar uns paos e uns garabullos para, levado pola imaxinación, facer esta peza para homenaxear ao mar
 
TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA
Francisco José Rodríguez Estévez
Diosa Navia
Ponla de poda de árbore da Praia de Patos
A Deusa que amosa signos de embarazo ten un ventre fértil e ofrece os seus peitos aos novos retoños que ocuparan o espazo baleiro pola nosa viaxe sen retorno; fontes de auga fresca e cristalina, elixir de fertilidade e de vida.
TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA
Brandán Francisco Rodríguez Menacho
De lo invisible a lo visible
Madeira de tileira, parafusos, aramio, papel maché, area e cola

Representa en madeira bechiños que son minúsculos

 
TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA
Henar de Diego de Diego
Tríptico alegoría da Creación
Madeira de tileira

O proxecto consiste na realización dun tríptico tallado en madeira no que se tenta transmitir a idea da orixe da Creación.
O panel da esquerda representa a creación do mundo: o caldo vital do que todos procedemos.
O central, o máis importante, representa o nacemento, a orixe da vida. As formas lévanos a pensar nun feto, no ventre materno.
O panel da dereita representa o proceso de evolución constante. Todo flúe, nada permanece igoal

 
TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA
Jose Manuel Ucha Groba
El hacedor de huellas
Madeira, ferro e acrilico

Reflexión sobre o desastroso camiñar nesta vida



26 de nov. de 2016

Esposición Proxectos 2016: Ourivaría (2)

Do Catálogo da Exposición Proxectos 2016:


OURIVARÍA
Rogelio Castro Arca
Fíbula Bereber, o estético e o simbólico. 
Prata, cabuxón oval de coral vermello, turquesa, esmalte, acibeche e latón.

Reprodución dunha fíbula de estilo Bereber, feita en prata, con filigrana, cunha montura para un cabuxón oval de coral vermello, e aplicación de esmalte ao lume coa técnica de Champlevé . Unha segunda fíbula feita en prata con acibeche tallado e un traballo de entorchado no corpo da fíbula, semellando un torque celta. Unha terceira feita en latón na que salienta o traballo de forxado e retorcido do corpo e da agulla.

Nesta obra preséntanse a reprodución e interpretación dunha fíbula Bereber, feita en prata, con coral, turquesa e esmalte, aplicando as técnicas e procedementos tradicionais, para conseguir unha fiel reprodución e mostrar a destreza e a arte dos ourives bereberes.
Acompáñase doutras dúas fíbulas de inspiración celta: unha de prata con acibeche e outra de latón; estas dúas representan o uso tan cotidián que se lle deu a este tipo de broche e, tamén, como cada civilización adoptou e interpretou o deseño deste elemento.

“En los pueblos bereber, las joyas que son propiedad de las mujeres, son esencialmente fíbulas, brazaletes, diademas, pectorales, collares y ajorcas que pasan de generación en generación y de madre a hijas. Estas joyas las reciben de mano de los maridos como dote cuando se casan, este ajuar es una especie de seguro en caso de viudedad o de divorcio por parte del marido. En las joyas amazigh, es tan importante su función estética así como su hondo significado simbólico e identitario, ya que afirman la pertenencia a una tribu o a un clan y dicen mucho sobre la mujer que las porta, y, en el caso de la Fíbula joya muy representativa del mundo amazigh, también una función defensiva ante agresiones y de amuleto protector contra los males”

 
OURIVARÍA
Margarita Castro Villaverde
El Universo
Fío de prata de 2 mm de grosor. Chapa de prata de 0,3 mm e de 1mm. Xemas talla cabuxón de 10 mm de diámetro: perla natural cultivada, cornalina, lapislázuli, feldespato aventurina azul, aventurina verde, xade amarelo e turquesa. Ametista talla cabuxón de 12 mm .

A peza está construída con fío de prata de 2mm, leva 7 cabuxón de 10 mm de diámetro engastados en bisel, mais un de 12 mm na peza central. Ademais dos círculos e das monturas para os engastes, o colar ten unha peza central construída con chapa de prata texturada a martelé, calada e coa ametista engastada.
O proxecto “Universo” materialízase nun colar de prata e xemas preciosas. Representa o universo, os planetas e o seu constante movemento. Atopámonos co círculo, como forma perfecta e símbolo de movemento, que son os que constrúen a estrutura da peza; no interior deles, e seguindo o seu movemento, van engastadas as pedras que simbolizan a materia do universo. 

 

23 de nov. de 2016

Exposición Proxectos 2016: Ourivaría (1)

A ficha de catálogo das pezas expostas na exposición Proxectos 2016 desta especialidade:

OURIVARÍA
Mª Luisa Caride Lago
De “Cochleare” a cuchara
Madeira, cobre, prata, latón, metacrilato, ametistas, esmalte en frío. 

Colección de seis culleres coas que se interpreta a evolución deste utensilio ao longo da historia. Levouse a cabo unha investigación e análise sobre a culler, xurdindo estes seis deseños. En cada culler aplícanse técnicas e procedementos distintos dependendo tamén do material empregado:
- Culler primitiva feita de madeira con incrustacións de prata, interpretando a orixe da culler como utensilio
- Culler Antiga feita de cobre cun gravado de inspiración exipcia e patinado. Esta culler baséase nas culleres-paleta exipcias que se empregaban para os ungüentos e a maquillaxe
- Culler Romana, elaborada en prata; o seu deseño parte dunhas culleres romanas que se usaban para comer caracois, de aí que teña un espeto na parte de atrás do mango.
- Culler Papal, a inspiración desta culler xorde da ostentación eclesiástica, é unha culler xoia, feita en latón, co seu esmalte e as súas pedras preciosas engastadas que, neste caso, son unhas ametistas
- Culler Futurista, feita usando metacrilato, neste caso de cor azul, tallada e modelada dunha peza e cunha incrustación, no seu perfil, de prata.
- A Anti-culler, esta non-culler é o resultado dun deseño de culler que non se pode empregar como tal; é mais unha xoia, pois o seu mango pousa sobre o seu cunco facendo imposible un uso correcto como utensilio.



OURIVARÍA
José Ignacio Bajo Benito
Inquedanza serea
Xibias de calamar, Caricola e Estrela de prata 950. Molde en area Delf
 
Un proxecto de investigación e práctica de distintos tipos de función alternativa, empregando tamén distintos metais. O obxectivo foi investigar os procesos; así construíronse moldes en xíbia, de madeira, de area, adaptándoos aos puntos de fusión dos metais.
Podemos ver unha mostra do resultado dalgúns dos moldes feitos en xíbia xa empregados, observar como o metal entrou e queimou o interior: os moldes preséntanse como unha obra en si mesma.
Tamén se presentan as pezas que resultaron destes procesos.






21 de nov. de 2016

Exposición Proxectos 2016: Debuxo artístico

Continuamos adiantando fichas do catálogo da nosa exposición:


DEBUXO ARTÍSTICO
Crisanto Sanmartín 
O debuxo nas artes escénicas galegas
Acuarela e Pilot sobre papeis de diversas gramaxes
Unha serie de debuxos creados a partir de fotografías da época, collages destas fotografías e creacións da propia inventiva e recordos do autor.
Collendo elementos que configuran as artes escénicas galegas representadas a maioría delas nas décadas dos 50 e 60 do século pasado, como A lenda de Montelongo, Os vellos non deben de namorarse, O Fidalgo, Danzas populares, etc.., trátase, a través do debuxo, de abrir unha vía de investigación, interpretativa e particular do propio autor, xa que formou parte de grupos como Cantigas e Agarimos, Ditea e Coros y Danzas de España, que representaron algún destes temas nesa época.




DEBUXO ARTÍSTICO
Rosa Rodríguez Seoane
Diatomeas, Coccolithofhoros y Dinoflagelados
Pedras e material de desfeita recollido na beira do mar, pintado con pigmente fosforecente

Os debuxos desta instalación están inspirados en tres tipos de microalgas mariñas: Diatomeas, Coccolithofhoros e Dinoflaxelados. Das primeiras chamoume a atención a diversidade de formas, a diferencia dos coccolithophoros, cuxa morfoloxía en esferas é extraordinaria pero homoxénea. Cos dinoflaxelados descubrín os efectos fosforescentes da bioluminiscencia.
As pedras pulidas que o mar volta á praia parecéronme o soporte ideal para plasmar estas microalgas. Ao longo de moitos días, despois de cada temporal e asistida pola atracción gravitatoria do sol e a lúa sobre o mar, descubrín centos de obxectos sobre a area e as rochas, coma pequeniños anacos de barro que nalgún momento foran tixolos… día tras día funos recollendo ata formar este puzzle. Os efectos dos cambios de luz conclúen este traballo.

 

19 de nov. de 2016

EMAO Proxectos 2016: Deseño e encaixe de palillos

Imos adiantando partes do catálogo da nosa exposición:


DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS
Dorinda Pérez Pousa
Chic & Casual
Peza 1 (Chic): zapato corte salón de tacón alto. Fío especial encaixe de cor negra e nude (948). Cordón prateado. Abalorios. Tapa de tacón forrada en coiro.
Peza 2 (Casual): bota (zapatilla) de deporte. Fío enceirado de cor branca e marrón claro. Fío especial encaixe color azul número 799. Cola de rato. Fío DMC Babylo 20 color branco. Sedón negro. Ollados metálicos como guía para o cordón da zapatilla.

¿Cómo camiñar ou tan sequera permanecer erguido sen algún obxecto que protexa os nosos pés? Este é o punto de partida elixido pola autora do proxecto, que intenta plasmar, a través do encaixe, un calzado de utilización cotiá pero, neste caso, cun efecto artístico, utilizado un material coma o fío que, pola súa natureza, no pode cumprir a función de protección. Así as dúas pezas aquí expostas, aínda que manteñen a forma do zapato e zapatilla, non se poden empregar para saír á rúa.
O proxecto consistíu na elaboración de dúas pezas de calzado totalmente diferentes: unha elegante (Chic) representada polo zapato de tacón alto, e outra máis informal e cómoda, a zapatilla de deporte (Casual). O proxecto tamén tiña a intención de mellorar e ampliar os coñecementos e intentar aplicar novos materias no encaixe de palillos.




DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS
Nati Tamayo Miguel
Mi gato posando
Fíos DMC de distintos tons
Utilizáronse distintos puntos; virís para o corpo, follas de guipur para os ollos, par enteiro para o bordo, medio par para as patas e punto da virxe para o rabo
DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS
Nati Tamayo Miguel
Mi gato por las ramas
DMC (babylo) grosor 20 cor crúa para o punto de filigrana do fondo, lás e fíos de distintas texturas para o resto
Utilizouse para o fondo punto da virxe, par enteiro para o bordo, medio par para as orelliñas, torchon e folla guipur para os ollos
DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS
Nati Tamayo Miguel
Mi gato jugando con una pelota
Fíos de DMC
Utilizouse para o fondo punto da virxe, par enteiro para o bordo, medio par para as orelliñas, torchon e folla guipur para os ollos