Amosando publicacións coa etiqueta Visitas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Visitas. Amosar todas as publicacións

17 de mar. de 2020

O Roteiro "O Último Barco" Visita a Escola Municipal de Artes e Oficios

Parece que pasou máis tempo, pero hoxe hai una semana que recibimos na escola a visita dun total de 100 alumnos divididos en varias quendas, provenientes dos seguintes institutos:   
IES 1º de Marzo de Baiona; IES Xoán Montes de Lugo, IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra, IES do Camiño (Palas de Rei), IES Monterroso e IES Daviña Rei (Monforte de Lemos).  
Esta visita era a primeira dun proxecto que puxeron en marcha a editorial Galaxia e o Concello de Moaña, trátase do roteiro "O último barco" no que uns 800 alumnos de toda Galicia recorreran os escenarios da novela de Domingo Villar: a cidade de Vigo e a parroquia de Tirán alén da Ría.


No salón de actos foron recibidos polo historiador José Luis Mateo Álvarez, que que lles fixo unha breve introdución sobre a nosa cidade, especialmente sobre a nosa Escola e a súa achega fundamental á formación da clase obreira de Vigo desde o último terzo do século XIX. 
Posteriormente visitaron os obradoiros de luthería antiga e cerámica, que teñen moita importancia na trama da novela.


Todo isto ocorreu antes que a expansión do coronavirus "Covid-19" trastornara as nosa vidas. Nestes días de obligada reclusión aproveito a ocasión para animarvos a ler  "O último barco" unha novela, na que destaca a nosa Escola de Artes e Oficios como un dos escenarios principais da trama, narra a procura por parte de Leo Caldas e o seu equipo de Mónica Andrade, profesora da escola que non se presentou á comida familiar da fin de semana nin acudiu a impartir a súa clase de cerámica...


12 de xul. de 2019

Novas Visitas á Exposición "A Escola de Artes e Oficios, 130 anos na Historia de Vigo"

Esta semana seguimos recibindo visitas á exposición histórica "A Escola de Artes e Oficios, 130 anos na Historia de Vigo" na nosa sala de exposicións Espazo EMAO. Entre outras destacan as visitas da  Agrupación Amigas e Amigos do MARCO e dun segundo grupo do Ateneo Atlántico.

Agrupación Amigas e Amigos do MARCO


2ª Visita do Ateneo Atlántico


CRÉDITOS

Título: A Escola Municipal de Artes e Oficios, 130 anos na historia de Vigo. Parte I: 1886-1976 Produción: Equipo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, Área de Educación, Concello de Vigo
Lugar: Espazo EMAO (Sala de Exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo). Edificio Anexo da EMAO, entradas pola rúa Pontevedra e Rosalía de Castro.  
Comisario: José Luis Mateo Álvarez, historiador e membro do Instituto de Estudos Vigueses
Comisariado adxunto: M.ª Jesús Cuesta de Pedro, técnica da Biblioteca Pública García Barbón/Escola Municipal de Artes e Oficios e Rafael Ojea Pérez, técnico de cultura e educación do Concello de Vigo  
Revisión lingüística: Xosé Feixó Cid
Textos: José Luis Mateo Álvarez (agás nos que se indica outra persoa)  
Deseño gráfico expositivo (paredes): Eduardo Berea Cruz  
Restauración láminas históricas: Carmen Poyán Rasilla  
Datas: do 7 de xuño ao 19 de xullo de 2019 (de 19:00 a 21:00 h. de luns a venres non festivos) Amosamos o noso especial agradecemento a aquelas persoas, empresas e entidades que fixeron préstamo desinteresado de documentación, obra artística e pezas da súa propiedade.

9 de xul. de 2019

Máis visitas á Exposición Histórica "A Escola de Artes e Oficios, 130 anos na Historia de Vigo"

O pasado 7 de xuño inaugurouse a exposición histórica "A Escola de Artes e Oficios, 130 anos na Historia de Vigo" no Espazo EMAO. Desde entón son moitísimas as persoas que a visitaron de forma individual ou en grupos. Hoxe recibimos a visita da Familia Ojea. 


Familia Ojea

Visita do Club de Lectura dos Mossos d'Esquadra á Escola de Artes e Oficios

Está claro que nestes últimos meses a nosa Escola está de moda. Desde que o pasado mes de marzo publicásese a novela de Domingo Villar "O último barco" son moitas as persoas que se achegaron á nosa Escola para ver de preto os escenarios nos que se desenvolvía unha parte moi importante da trama. O venres pasado visitounos un grupo moi especial, o Club de Lectura dos Mossos de Esquadra, formado por policías, xuíces e operadores xurídicos, amantes da novela negra.
Aquí tedes algunhas fotos desta visita que resultou moi enriquecedora para todos.

Visita á Aula de Cerámica co seu mestre Miguel Vázquez


Visita aos obradoiros de CAIM Zanfona e Gaita

Con Xaime Rivas

Con Carlos Corral

Visita á aula de debuxo con Federico Fernández

Ensaio de Beatriz Martínez e  Rodrígo Romaní

Visita con Rafael Ojea á exposición histórica
"A Escola de Artes e Oficios, 130 anos na Historia de Vigo"

4 de xul. de 2019

Visita do Ateneo Atlántico á Exposición "A Escola de Artes e Oficios, 130 anos na Historia de Vigo"



A exposición "A Escola de Artes e Oficios, 130 anos na Historia de Vigo", comisariada polo historiador e membro do Instituto de Estudos Vigueses José Luis Mateo,  pódese visitar ata o vindeiro 19 de xullo no Espazo EMAO (Sala de Exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo). Edificio Anexo da EMAO, entradas pola rúa Pontevedra e Rosalía de Castro.

3 de xul. de 2019

Visitas á Exposición "A Escola de Artes e Oficios, 130 anos na Historia de Vigo"

Desde que se inaugurou o pasado 7 de xuño a exposición "A Escola de Artes e Oficios, 130 anos na Historia de Vigo" son moitísimas as persoas que pasaron pola nosa sala de exposiciónes, o Espazo EMAO, para visitala. Tamén asociacións e colectivos diversos solicitaron visitas guiadas. Como os descendentes de Antonio Sanjurjo Badía, fundador da empresa "La Industriosa" ou o escritor vigués Domingo Villar, autor da novela "O último barco" na que ten gran protagonismo a nosa Escola. Onte tamén recibimos a visita da Asociación "A Madriña". Nestes días temos varias visitas programadas das que vos iremos dando conta.
Lémbrovos que esta exposición estará aberta ao público todas as tardes de 19:00 a 21:00 horas de luns a venres, en principio ata o 19 de xullo, no  Espazo EMAO (Sala de Exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo). Edificio Anexo da EMAO, entradas pola rúa Pontevedra e Rosalía de Castro.
Non vola perdades!!!
Asociación A Madriña (2-7-2019)

O escritor Domingo Villar e a súa nai (1-7-2019)
Familia Sanjurjo (27-6-2019)