Amosando publicacións coa etiqueta Daisy Villalobos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Daisy Villalobos. Amosar todas as publicacións

29 de abr. de 2015

Imaxes da Presentación de "Origen" o Novo Poemario de Daisy Villalobos




Esta tarde, na hemeroteca, tivemos a sorte de disfrutar do recital poético de Daisy Villalobos Leal e Miguel Angel Curiel para presentar o último poemario de Daisy, títulado "Origen"  Esta novísima poetisa publicou xa outros dous poemarios "Pon labios en la hierba" e "Los paisajes de tu mano izquierda". Esta obra está prorrogada por Ignacio Gómez de Liaño  quen nos comenta que con "Origen" Daisy Villalobos introduciunos, nun espeso bosque, nun labirinto, no que a viaxe dos neutrinos fai boas migas co nacemento das bacterias, e no que todo pertence á Ilusión do Ser, ese Ser co que soñaba a Nada.
Parabéns!!!

27 de abr. de 2015

Presentación do Poemario "Origen" de Daisy Villalobos Leal


Este mércores, 29 de abril, ás 20:00 h, na hemeroteca, teremos un recital poético a cargo de Miguel Angel Curiel e Daisy Villalobos Leal, co  gallo da presentación do último poemario de Daisy Villalobos, títulado "Origen". Este é o terceiro libro de poemas desta novísima escritora, anteriormente publicou "Pon labios en la hierba" e "Los paisajes de tu mano izquierda".

22 de maio de 2013

Presentación do Libro "Los Paisajes De Tu Mano Izquierda", Xoves, 23 de Maio


Mañá xoves, 23 de maio, ás 20 h tera lugar a presentación de "Los paisajes de tu mano izquierda", será na librería Librouro, este é o segundo libro da prometedora poetisa Daisy Villalobos Leal e está prologado por J. M. Caballero Bonald recentemente galardoado co premio Cervantes. Anteriormente publicou "Pon labios en la hierba". Desde aquí desexámoslle moita sorte a Daisy.

20 de mar. de 2012

RECITAL DE POESÍA NA HEMEROTECA DA EMAO


O pasado venres, 16 de marzo, tivo lugar na hemeroteca da Emao, un recital de poesía a cargo da novísima autora Daisy Villalobos que deleitou ao público coa lectura dalgúns versos do seu libro "Pon labios en la hierba" publicado pola editorial Elvira. O acto foi presentado polo noso director Rafael Ojea,  a autora estivo acompañada polo escritor David Pérez que fixo unha semellanza da traxectoria poética de Daisy Villalobos e por Pablo Villalobos que puxo fondo musical ao recital. Desde aquí, desexamos moita sorte a Daisy neste camiño da creación poética que acaba de comezar.


13 de mar. de 2012

RECITAL DE POESÍA NA HEMEROTECA DA EMAO, VENRES, 16 DE MARZO.


Este venres, 16 de marzo, a partir das 18:30 h. esperámosvos na hemeroteca dá nosa escola, a nova poeta Daisy Villalobos recitaranos algúns versos da súa recente obra "Pon labios en la hierba", ela mesma fálanos da súa obra: ... "Pon labios en la hierba" é unha loita interior entre o meu eu poético e o real, onde as imaxes teñen todo o protagonismo, elas envólvenme, preséntanlleme ... eu só as describo, eu convivo con elas, co mesmo vínculo con que alguén está unido á súa propia sombra, unha sombra que che segue, que se che adianta, que non podes pisar e que, de cando en vez, nun espello, podes verlle o rostro, e estiras a man para tocala, e tócasche a ti mesmo... "Pon labios en la hierba", como toda a miña poesía (escrita ou non escrita aínda) é a miña propia sombra no espello. (Daisy Villalobos Leal).
Esta obra é a primeira da Editorial Elvira que se presento ao público o pasado 27 de xaneiro.
Máis información en la revista literaria  "En sentido figurado", páx. 33.