Amosando publicacións coa etiqueta Alberto Granada. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Alberto Granada. Amosar todas as publicacións

27 de mar. de 2012

"A VIDA É UN ACCIDENTE" EXPOSICIÓN DE ALBERTO GRANADA DETRAS DO MARCO

 
Inauguración venres día 30 de marzo, a partir das 20:30 hrs.
Coa actuación en vivo de CLAVE DE FADO

Alberto Granada (Zaragoza, 1970), antigo alumno de serigrafía artística na nosa Escola, inaugura exposición este próximo venres en Detrás do Marco Café (rúa Londres, Vigo). A mostra consta de 15 orixinais que se poden ver dende o 26 de marzo ata o 29 de abril.
Alberto provén do mundo do cómic e a ilustración, onde recibiu varios galardóns e realizou diferentes publicacións. Viviu e pintou en Zaragoza, París, Alcalá de Henares e Vigo. Galicia adoptoulle no 2007, realizou exposicións individuais en Vigo, Zaragoza, Monforte de Lemos, Monçao (Portugal) e A Coruña. O ano pasado presentou no Museo Pazo de Tor a instalación "Lois Pereiro no Pazo de Tor", primeiro proxecto seleccionado pola Rede Museística Provincial de Lugo, dentro do proxecto "Espazos públicos de visibilidade".
A súa pintura viaxa desde o surrealismo figurativo e simbolista á abstracción máis colorista, pero sempre cun pouso escuro e dramático, herdanza dos tempos convulsos que nos tocou vivir.
Contacto: alberto.granada@hotmail.com                             
Fans: http://www.facebook.com/#!/pages/Alberto-Granada-painter/226041204113191

26 de maio de 2011

A MOSTRA "PINTURAS DE AMOR E ENFERMIDADE" VIAXARÁ A ZARAGOZA


O alumno da Emao, Alberto Granada mostrará en Zaragoza na Sala Desafinado, a súa obra "Pinturas de amor e enfermidade" o seu traballo dende 2010 ao redor da figura do poeta Lois Pereiro. É unha serie de 20 pinturas que van dende a abstracción ao surrealismo figurativo. A mostra comeza o vindeiro 2 de xullo coa lectura, en galego, de varios poemas de Lois Pereiro por artistas, poetas e locutores aragoneses. Na actualidade "Pinturas de amor e enfermidade pódese ver en Vigo na Galeria de Arte Androx, de luns a venres de 19 a 21 h. ata o 15 de xuño. O pintor aragonés Alberto Granada vive e traballa en Vigo dende 2007, é membro fundador do Grupo Sótano 5 xunto con outros compañeiros da Emao (Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo) onde reciben clases de serigrafía artística da man de Nelson Villalobos dende 2008.