Amosando publicacións coa etiqueta Cursos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cursos. Amosar todas as publicacións

27 de mar. de 2019

CONVOCATORIA CURSO "APROXIMACIÓN ÁS TÉCNICAS DECORATIVAS EN COIRO" NA EMAO

CONVOCATORIA DO CURSO MONOGRÁFICO 
APROXIMACIÓN ÁS TÉCNICAS DECORATIVAS EN COIRO
Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios (PEMAO15), faise a Convocatoria do seguinte curso monográfico aberto ás persoas interesadas que non estean matriculadas no curso 2018-19 na EMAO e que cumpran os requisitos que se indican:

Aula Artesanía en Coiro: Aproximación ás técnicas decorativas en coiro
Impartido por Pepe Pereira Somoza , mestre da especialidade de Artesanía en coiro na EMAO
Destinatarios: Aberto ao público interesado no traballo do Coiro. Non é necesario ter experiencia. Non poderán estar matriculados en ningunha especialidade da EMAO no curso 2018-19
Datas: do 10 de abril ao 12 de xuño de 2019, mércores non festivos de 10,00h a 14,00h.
Duración: 30 horas (7 sesións)

Obxectivo: As técnicas decorativas aplicadas no coiro teñen unha longa tradición na nosa Escola, pretendemos con este curso facer unha pequena introdución histórica a cada unha das técnicas que imos empregar e coñecer a súa aplicación, os materiais máis axeitados para cada unha e as ferramentas propias.
Coñeceremos técnicas decorativas para aplicar no coiro e outras para facer pezas decorativas con coiro, mediante a elaboración de pequenas mostras que se poderán empregar a posteriori para elaborar pezas.

Programa:
Repuxado.
Labrado.
Estampado.
Texturas.
Costuras decorativas
Modelado.
Trenzado
Tallado
Material a aportar polo alumnado: Tireta de coiro, agullas e burís para repuxar.

CONDICIÓNS DE MATRÍCULA E ADMISIÓN

Datas: do 10 de abril ao 12 de xuño de 2019, mércores non festivos de 10,00h a 14,00h.
Lugar: Aula de Artesanía en Coiro da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Prazas limitadas: 15 persoas

Inscripción:
Gratuíta. Mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles)
  • Asunto: Solicitude inscripción Curso “Aproximación ás técnicas decorativas en coiro”
  • Corpo da mensaxe:
  • Nome e apelidos do/a solicitante e DNI
  • Enderezo de correo electrónico no que desexan recibir a confirmación de admisión, se é o caso.
Admisión de solicitudes:

Prazo: ata o 5 de abril de 2019
  • Non poderán inscribirse as persoas que estean matriculadas na EMAO no curso 2018-2019
  • Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
  • Só serán válidas as solicitudes que cumpran estrictamente as condicións indicadas nesta convocatoria
  • A inscrición farase por estricta orde de recepción do correo electrónico de solicitude ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
  • A confirmación da matrícula realizaráa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase aos reservas.

10 de set. de 2018

Probas de acceso e sorteo para alumnado preinscrito no curso 2018-19 na EMAO

¡IMPORTANTE!

Todas as persoas pre-inscritas no curso 2018-19 na Escola municipal de Artes e Oficios de Vigo, para seren definitivamente admitidas e poderen formalizar, se é o caso, a matrícula, deben necesariamente presentarse e superar as probas de acceso correspondentes a cada especialidade, conforme ao seguinte

CALENDARIO DE PROBAS

CAIM GAITA E ZANFONA (Construcción Artesanal de Instrumentos Musicais)
17 de setembro ás 16:00 horas
OURIVARÍA
- Persoas preinscritas no Curso Básico: 17 de setembro ás 16:00 horas
- Persoas preinscritas en Curso Extraordinario: 19 de setembro ás 16:00 horas
ARTESANÍA EN COIRO
- Persoas preinscritas no Curso Básico: 18 de setembro ás 16:00 horas
- Persoas preinscritas en Curso Extraordinario: 19 de setembro ás 16:00 horas
SERIGRAFÍA ARTÍSTICA
18 de setembro ás 16:00 horas
CERÁMICA ARTÍSTICA
Día 19 de setembro ás 16:00 horas
DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS
20 de setembro ás 16:00 horas
TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA
20 de setembro ás 16:0 horas

SORTEO

Nas especialidades de PINTURA E DEBUXO ARTÍSTICO, para a selección do alumnado realizarase un SORTEO entre todas as persoas pre-inscritas, o
18 de setembro ás 12:00 horas na Biblioteca da EMAO. Este sorteo é público.

¿En que consisten as probas de acceso?

As probas de acceso constan de dúas partes:
  • Un cuestionario no que o aspirante deberá cumprimentar preguntasxenéricas. Estas preguntas nunca serán referidas a cuestións técnicas sobre a especialidade. A valoración do cuestionario será global de 0 a 10.
  • Un exercicio práctico co material específico de cada especialidade,
    no que non se valorarán coñecementos específicos previos relativos á especialidade, senón conceptos, como habilidade, actitude, recursos e creatividade.
A nota final sairá da valoración conxunta do cuestionario e mais a proba práctica, e ponderarase do 0 ao 10.
O tempo para realizar a proba de acceso a estas especialidades será aproximadamente de 30 minutos en total.
O/a aspirante presentarase no horario indicado co DNI e un bolígrafo.


Para consultar a convocatoria completa das probas de acceso e sorteo, pincha aquí.

Convocatoria xeral do curso 2018-19, pincha aquí.

Peza elaborada no curso de verán da EMAO no taller conxunto Deseño e Encaixe de Palillos e Ourivaría

18 de abr. de 2018

Bases e Convocatoria do Acceso ao Nivel Avanzado para o Curso 2018-2019 na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo


Aqui tedes as bases e a convocatoria do acceso ao nivel Avanzado da EMAO para o curso 2018-2019. O Nivel Avanzado consiste no desenvolvemento dun Proxecto de Fin de Estudos previamente presentado e seleccionado conforme ás normas e aos criterios que se explicitan nestas Bases. Este nivel ten carácter presencial, en sesións semanais de dúas horas de duración durante a totalidade do curso académico. A asistencia será obrigatoria para os /as seleccionados/as, cun máximo de faltas de asistencia xustificadas do 25% do total do crédito horario.

20 de set. de 2017

Comezou o Seminario de Oscar Scopa na Hemeroteca da EMAO



Onte comezou na hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo o seminario "A imaxe e os seus interrogantes nas artes e as humanidades" impartido por Oscar Scopa. Está destinado a persoas vinculadas ás artes e ás humanidades.
Ata o 27 de marzo de 2017. Os martes en dúas sesións cada mes de 1,30 horas de duración. 
  • 19 de setembro
  • 3 e 24 de outubro
  • 7 e 28 de novembro
  • 5 e 12 de decembro
  • 16 e 30 de xaneiro
  • 6 e 27 de febreiro
  • 6 e 27 de marzo

Horario: de 20:00 a 21:30 horas
Oscar Scopa publicou numerosos traballos científicos en Europa e América. Entre os seus libros cabo destacar "Cavas e miñangos" (1985), "Fachada" (1986), "Camporégano" (1997), "Nostálgicos de aristocracia" (2005) ou "O fin do mundo xa tivo lugar (isto non é unha crise)" (2013). Deu conferencias por distintos países europeos e americanos. Foi columnista dos xornais Diario 16 e El Mundo. Tamén foi columnista da revista especializada Cuadernos de Jazz. Exerce a docencia na Universidade Carlos III de Madrid e na Universidade de Vigo.

28 de xul. de 2017

Convocatoria do Seminario na EMAO: "A imaxe e os seus interrogantes nas artes e as humanidades" por Oscar Scopa


O 19 de setembro comeza na hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo o seminario "A imaxe e os seus interrogantes nas artes e as humanidades" impartido por Oscar Scopa. Está destinado a persoas vinculadas ás artes e ás humanidades. 
Oscar Scopa publicou numerosos traballos científicos en Europa e América. Entre os seus libros cabo destacar "Cavas e miñangos" (1985), "Fachada" (1986), "Camporégano" (1997), "Nostálgicos de aristocracia" (2005) ou "O fin do mundo xa tivo lugar (isto non é unha crise)" (2013). Deu conferencias por distintos países europeos e americanos. Foi columnista dos xornais Diario 16 e El Mundo. Tamén foi columnista da revista especializada Cuadernos de Jazz. Exerce a docencia na Universidade Carlos III de Madrid e na Universidade de Vigo.
Datas: comeza 19 de setembro de 2017 ata 27 de marzo de 2017. Martes en dúas sesións cada mes de 1,30 horas de duración.
  • 19 de setembro
  • 3 e 24 de outubro
  • 7 e 28 de novembro
  • 5 e 12 de decembro
  • 16 e 30 de xaneiro
  • 6 e 27 de febreiro
  • 6 e 27 de marzo
Horario: de 20:00 a 21:30 horas
Máximo 30 prazas
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Avd. García Barbón, 5) 
Inscripción: ata o 14 de setembro, gratuita mediante envío de correo-e a emao@vigo.org cos seguintes datos (imprescindibles):
  • Asunto: Seminario "A imaxe"
  • Nome e apelidos solicitante
  • DNI
  • Curriculum vitae e/ou perfil profesional en internet
A selección corresponderá ao director do seminario, en función do contido do curriculum das persoas solicitantes (traxectoria profesional e experiencia no eido das artes e humanidades), sempre que cumpran coas condicións indicadas.

A confirmación da inscripción realizarase por correo electrónico enviado dende a EMAO.

As persoas inscritas que falten ás dúas primeiras sesións, ou a tres durante a duración do seminario, serán dadas de baixa, poidendo ocupar o seu lugar os que tormen parte da lista de agarda elaborada despois da primeira selección de participantes.


Ao finalizar o seminario entregarase certificado de asistencia.

24 de abr. de 2017

Convocatoria do Nivel Avanzado para o Curso 2017-2018

Proxecto  de Douglas Omar Franco Ixcot


Convocatoria do Nivel Avanzado para o curso 2017-18.
O alumno/a que remate o nivel superior da especialidade na que estea matriculado/a, coa cualificación de apto/a, poderá acceder ao nivel Avanzado, que consiste no desenvolvemento dun proxecto persoal de fin de estudos directamente relacionado coa especialidade cursada, previamente presentado e seleccionado ao remate do curso académico, unha vez avaliado e calificado como Apto/non apto o proxecto desenvolvido, conforme ao Plan de Estudos da EMAO 2015 (PEMAO2015).
Este nivel ten carácter presencial, en sesións semanais de dúas horas de duración durante a totalidade do curso académico. A asistencia será obrigatoria para os /as seleccionados/as, cun máximo de faltas de asistencia xustificadas do 25% do total do crédito horario.
Á finalización do proxecto, que deberá ser rematado antes do fin do curso académico 2016-2017, o/a docente-titor/a emitirá un informe de valoración no que conste motivadamente se o alumno/a acadou ou non os obxectivos expresos indicados na súa memoria inicial de proxecto.

Prazos
  • Do 18 de maio ao 12 de xuño de 2017, presentación de proxectos por parte do alumnado.
  • Do 13 ao 16 de xuño de 2017, informe dos proxectos por parte do profesorado e presentación da ficha docente normalizada de cada proxecto seleccionado á Comisión citada en 5.2.
  • Do 19 ao 23 de xuño de 2017: estudo e selección de proxectos pola Comisión de valoración
  • Dia 27 de xuño de 2017: exposición pública (taboleiro e internet) do listado de alumnado e proxectos seleccionados.

20 de mar. de 2017

Imaxes da Clase Maxistral de Isaac Romero Esteras e Jose Bértolo na Hemeroteca


Aquí tedes algunhas imaxes da clase maxistral do pasado venres na hemeroteca, Trenzas, trucos e botóns, organizada polo mestre da especialidade de Artesanía do Coiro, Pepe Pereira. Nesta demostración os artesáns Isaac Romero Esteras e José Bértolo fixeron as delicias dos alumnos e publico en xeral interesado nesta especialidade. Esta actividade inscríbese na programación formativa e divulgativa complementaria da Exposición #handmadenothomemade Coiro: cor e volume  que se mostra no Espazo EMAO ata o 7 de abril. A próxima sera o  venres 24 de marzo ás 18:15  horas
Clase maxistral: Aplicación do Guadamecil Contemporáneo 
Impartida por Nelson Gómez Callejas (Colombia). 
Destinatarios: público en xeral (previa inscrición) e alumnado da especialidade
Prazas limitadas
A técnica adquire con Nelson unha fasquía especial: a cor, o xeito de aplicalo, os productos empregados.  Ademais dunha introdución histórica faranos comprender a obra do mestre, pai do Guadamecil Contemporáneo que, sen dúbida, non só nos aprenderá a traballar o Coiro senon que tamén nos amosará  como transformar en arte o que levamos dentro.

28 de feb. de 2017

Crafts Campus 2017 en Holanda


O Crafts Council Nederland (Consello da Artesanía dos Países Baixos) organiza o próximo verán o segundo "Campus de Artesanía" para estudantes de moda e deseño, profesionais artesan@s e calquera persoa que desexe desenvolver as súas habilidades a un alto nivel. Neste curso curto e intensivo poderán adquirirse coñecementos de técnicas tradicionais e novas aplicacións. O carácter innovador destas técnicas pode aplicarse perfectamente a novos deseños en coleccións de moda e produtos de deseño.
Máis información en:  goo.gl/f9pOFx

9 de set. de 2016

Seminario "A Estética e O Enigma do Belo, Aplicado ás Artes Visuais e as Literaturas" por Oscar Scopa



O 7 de outubro comeza na hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo o seminario "A Estética e O Enigma do Belo: aplicado ás artes visuais e as literaturas" impartido por Oscar Scopa. Está destinado a persoas vinculadas a tódalas artes, o deseño e as humanidades. 
Oscar Scopa publicou numerosos traballos científicos en Europa e América. Entre os seus libros cabo destacar "Cavas e miñangos" (1985), "Fachada" (1986), "Camporégano" (1997), "Nostálgicos de aristocracia" (2005) ou "O fin do mundo xa tivo lugar (isto non é unha crise)" (2013). Deu conferencias por distintos países europeos e americanos. Foi columnista dos xornais Diario 16 e El Mundo. Tamén foi columnista da revista especializada Cuadernos de Jazz. Na actualidade exerce a docencia na Universidade Carlos III de Madrid e na Universidade de Vigo.
Datas: comeza 7 de outubro 2016 ata 31 de marzo de 2017. Venres en dúas sesións cada mes de 1,30 horas de duración.
  • 7 e 28 de outubro
  • 4 e 25 de novembro
  • 2 e 16 de decembro
  • 13 e 27 de xaneiro
  • 3 e 24 de febreiro
  • 3 e 31 de marzo
Horario: de 20:00 a 21:30 horas
Máximo 30 prazas
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Avd. García Barbón, 5) 
Inscripción: ata o 30 de setembro, gratuita mediante envío de correo-e a emao@vigo.org cos seguintes datos (imprescindibles):
  • Asunto: Seminario de Estética
  • Nome e apelidos solicitante
  • DNI
  • Curriculum vitae e/ou perfil profesional en internet
A selección corresponderá ao director do seminario, en función do contido do curriculum das persoas solicitantes, sempre que cumpran coas condicións indicadas.

A confirmación da inscripción realizarase por correo electrónico enviado dende a EMAO.

As persoas inscritas que falten ás dúas primeiras sesións, ou a tres durante a duración do seminario, serán dadas de baixa, poidendo ocupar o seu lugar os que tormen parte da lista de agarda elaborada despois da primeira selección de participantes.


Ao finalizar o seminario entregarase certificado de asistencia.

6 de set. de 2016

Últimos Días de Preinscrición na Escola de Artes e Oficios de Vigo para o Curso 2016-2017


Convocatoria Curso 2016-2017 ata o 9 de setembro.
Todas as persoas que desexen iniciar os estudos en calquera das especialidades ofertadas están a realizar a súa preinscrición, desde o 20 de xuño, conforme ao modelo oficial de solicitude que será subministrado na Administración da EMAO e que tamén se poderá descargar e/ou cubrir e imprimir dende a
páxina web www.vigo.org, apartado Educación-Escola Municipal de Artes e Oficios. As persoas interesadas tamén poderán preinscribirse on-line dende a páxina correspondente da web-EMAO.
O impreso de solicitude, debidamente cuberto e por duplicado (exemplar para a Administración e exemplar para o/a interesado/a) deberá entregarse na Administración ou na súa versión on-line, no horario e días que se establecen nestas normas. 

PRAZOS 
20 de xuño a 9 de setembro : Preinscrición alumnado de novo ingreso (só internet on-line) 
20 de xuño ao 31 de xullo e de 1 a 9 de setembro: Preinscrición alumnado de novo ingreso (presencial e on-line) 
30 de xuño : Listado de alumnado apto no curso 2015-2016 
13 de setembro : 
  • Publicación listados solicitantes novo ingreso 
  • Listados provisionais de alumnado procedente de cur sos anteriores, coa súa asignación ao nivel que lle corresponde no curso 20 16-2017. A presenza neste listado significa que a súa matrícula foi dada de alta para este curso. 
14 de setembro : sorteo para inscrición de alumnado de novo ingreso (só especialidades de Pintura, Debuxo artístico ) ás 12 h. da mañá na Biblioteca da EMAO. 
14-16 setembro : Celebración das probas de acceso, no/s día/s concretos que publicamente se indiquen nos primeiros día de setembro. 
21 de setembro : 
  • Listas de admitidos de novo ingreso despois do sorteo e probas de acceso
  • Listas definitivas de alumnado procedente de cursos anteriores, coa súa asignación ao nivel que lle corresponde no curso 2016-2017. A presenza neste listado significa que a súa matrícula foi dada de alta para este curso. 
22-30 de setembro : Matrícula alumnado de novo ingreso. 
3 de outubro: COMEZO DO CURSO
 

23 de xuño de 2016

Cursos Monográficos de Verán na Escola de Artes e Oficios de Vigo

O prazo de inscrición remata o 28 de xuño!
(clic na imaxe amplía)
CERÁMICA
DEBUXO
SERIGRAFÍA
DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS

TAMÉN: (ver convocatoria xeral coas normas de inscrición)
  • Aula de Pintura: “O libro de artista”
  • Talleres de Ourivaría e Artesanía en coiro: “Creación de fornituras e accesorios en Coiro e Metal”
  • Taller de Encadernación: “Carpetas e caixas contedoras de obra gráfica”
  • Taller de Talla e escultura en madeira: “Gravado en relevo madeira -xilografía II”
  • Taller de Construcción de Zanfonas: “Técnica de calado. Corte con segueta de marquetería”
  • Taller de Construcción de gaitas: “Iniciación á construcción de palletas”

17 de xuño de 2016

Convocatoria do Curso 2016 -2017 na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

O 20 de xuño ábrese o prazo de preinscripción para o curso 2016-2017

A presente convocatoria realízase ao abeiro da Normativa do Plan de Estudos 2015 (PEEMAO2015), aprobada pola Xunta Reitora do Organismo Autónomo na súa sesión de 16/04/2015 e posteriores modificacións aprobadas na sesión da Xunta Reitora de data 10/12/2015 e na sesión da Xunta de Goberno Local de data 29/04/2016. 
Todas as persoas que desexen iniciar os estudos en calquera das especialidades ofertadas deberán realizar a súa preinscrición, a partir do 20 de xuño, conforme ao modelo oficial de solicitude que será subministrado na Administración da EMAO e que tamén se poderá descargar e/ou cubrir e imprimir dende a páxina web www.vigo.org, apartado Educación-Escola Municipal de Artes e Oficios. As persoas interesadas tamén poderán preinscribirse on-line dende a páxina correspondente da web-EMAO.
O impreso de solicitude, debidamente cuberto e por duplicado (exemplar para a Administración e exemplar para o/a interesado/a) deberá entregarse na Administración ou na súa versión on-line, no horario e días que se establecen nestas normas. 

PRAZOS 

20 de xuño a 9 de setembro : Preinscrición alumnado de novo ingreso (só internet on-line) 
20 de xuño ao 31 de xullo e de 1 a 9 de setembro: Preinscrición alumnado de novo ingreso (presencial e on-line) 
30 de xuño : Listado de alumnado apto no curso 2015-2016 
13 de setembro : 
  • Publicación listados solicitantes novo ingreso 
  • Listados provisionais de alumnado procedente de cur sos anteriores, coa súa asignación ao nivel que lle corresponde no curso 20 16-2017. A presenza neste listado significa que a súa matrícula foi dada de alta para este curso. 
14 de setembro : sorteo para inscrición de alumnado de novo ingreso (só especialidades de Pintura, Debuxo artístico ) ás 12 h. da mañá na Biblioteca da EMAO. 
14-16 setembro : Celebración das probas de acceso, no/s día/s concretos que publicamente se indiquen nos primeiros día de setembro. 
21 de setembro : 
  • Listas de admitidos de novo ingreso despois do sorteo e probas de acceso
  • Listas definitivas de alumnado procedente de cursos anteriores, coa súa asignación ao nivel que lle corresponde no curso 2016-2017. A presenza neste listado significa que a súa matrícula foi dada de alta para este curso. 
22-30 de setembro : Matrícula alumnado de novo ingreso. 
3 de outubro: COMEZO DO CURSO

16 de xuño de 2016

Cursos de Verán na EMAO. Vigo 2016

CURSOS MONOGRÁFICOS DE VERÁN. XULLO 2016
ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO
Convócanse os seguintes cursos monográficos que terán lugar nas aulas e talleres da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo no mes de xullo de 2016:
Aula de Debuxo artístico: “Debuxar o corpo espido”
Impartido por Federico Fernández, mestre da especialidade na EMAO 
Destinatarios: Ex-alumnos/as da EMAO das especialidades de Pintura e Debuxo. 
Programa:
  • A proporción e o encaixado. Toma de medidas
  • Representación da figura a través de unha estructura sinxela. Equilibrio e ritmo na figura humana. Fondo e figura.
  • A mancha o claroscuro a partir de modelo espido: Representación do volumen por contraste do claroscuro, tendo en conta a posición de luces e sombras.
  • Realización de apuntes de movemento. Captación e xestión da información visual.Retentiva. O boceto e o apunte do natural. 
Material a aportar polo alumnado: Lápis de carbón, barra de grafito, barras de carbón papeis de debuxo diversos, goma de pan, chinchetas, rotuladores acrílicos de diversos grosores.
Aula de Pintura: “O libro de artista”
Impartido por Paula Mariño, mestra da especialidade na EMAO 
Destinatarios: Ex-alumnos/as da EMAO das especialidades de Pintura e Debuxo.
Programa: 
  • Introducción: Qué é un Libro de artista?/ Historia do Libro de Artista/ Como fabricalo?/Traballos recentes 
  • Tipoloxía dos libros intervidos 
  • Prácticas de elaboración do Libro persoal. Traballo en grupo e individual. 
Material a aportar polo alumnado: dependendo da elección de libro que faga
Aula de Deseño e encaixe de palillos: “Iniciación ao encaixe ruso”
Impartido por Marian Núñez, mestra da especialidade na EMAO 
Destinatarios: Ex-alumnos/as de Encaixe de Palillos na EMAO 
Programa: 
  • Deseñar os distintos equipos para a correcta execución da cinta.
  • Axustar a escala do deseño.
  • Adecuar o material (liño, seda, algodón) á escala de traballo.
  • Obter distintas cintas para desenvolver nun deseño especifico de encaixe ruso.
Material a aportar polo alumnado: Almofada plana circular /Palillos mallorquins /Diferentes fios /Alfinetes /Ganchillos (e demais utensilios para realizar o traballo)
Taller de Cerámica artística: “A cerámica e o audiovisual”
Impartido por Miguel Vázquez, mestre da especialidade na EMAO 
Destinatarios: Aberto, non se necesitan coñecementos previos de cerámica
Programa: 
  • Distinguir os distintos xéneros da producción audiovisual sobre cerámica. 
  • Elaborar fichas técnicas das distintas propostas audiovisuais. 
  • Acostumarse a utilizar o audiovisual como método de coñecemento sobre cerámica
Material a aportar polo alumnado: Non hai material
Taller de Serigrafía artística: “Introducción á serigrafía artística”
Impartido por Alba Pardo, mestra da especialidade na EMAO 
Destinatarios: Aberto, non se necesitan coñecementos previos de serigrafía 
Programa:  
  • Equipo e materiais 
  • Preparación de pantallas 
  • Limpeza, emulsionado, insolado e secado 
  • O rexistro 
  • A impresión 
  • Cómo montar un pequeno obradoiro serigráfico caseiro 
Material a aportar polo alumnado: Rotulador opacador para serigrafía, cinta adhesiva, papel para estampar, acetatos A4.
Talleres de Ourivaría e Artesanía en coiro: “Creación de fornituras e accesorios en Coiro e Metal”
Impartido por Sandra de Jesús e Pepe Pereira, mestres das especialidades na EMAO
Destinatarios: Ex alumnos/as da EMAO das dúas especialidades, ou externos con coñecementos básicos demostrables.
Programa: 
  • Introducción os materiais e técnicas a empregar
  • Segueteado, conformado e acabado de pezas en coiro e metal.
  • Fixación de elementos de suxeición na peza decorativa.
  • Aplicación de complementos decorativos mixtos con técnicas de decoración e estampación.
  • Completar sistemas de peche e suxeición.
Material a aportar polo alumnado: Ferramenta básica de man que poidan aportar segundo a súa especialidade (alicates, seguetas, tesoiras, coitelas, burís…..)
Taller de Encadernación: “Carpetas e caixas contedoras de obra gráfica”
Impartido por Pablo Otero, mestre da especialidade na EMAO 
Destinatarios: Aberto 
Programa: 
  • Diferentes métodos de conservación gráfica:
         - Carpetas (Obra gráfica sen volume: debuxo, acuarela, fotografía, serigrafía)
         - Caixas para gravados que protexan o volume, o gofrado e o matérico
  • Elementos a elaborar:
    Carpetas de tapa dura con solapas, con peto e fol Caixas con tapa independente, de dobre bandeixa e con boca de peixe
Taller de Talla e escultura en madeira: “Gravado en relevo madeira -xilografía II”
Impartido por Rosa García, mestra da especialidade na EMAO 
Destinatarios: Persoas que teñan coñecementos previos demostrables de gravado en madeira. Terán preferencia as que realizaron o curso na EMAO “Gravado en relevo madeira -Xilografía I”. 
Programa: 
  • Procesos de creación do gravado en relevo, cunha soa plancha: plancha a fondo perdido.
  • Técnicas aditivas: O collagraph e Carborumdum
  • Técnicas mixtas
Material a aportar polo alumnado: Planchas de linóleo, madeira e papeis de gravado
Taller de Construción de Zanfonas: “Técnica de calado. Corte con segueta de marquetería”
Impartido por Xaime Rivas, mestre da especialidade na EMAO
Destinatarios: Aberto 
Programa: 
  • Habilidades e competencias necesarias para efectuar corte con segueta de marquetería con calidade. Prácticas con cortes en liña con serra de corte frontal, cortes en curva con serra de corte frontal, cortes con serra de corte redondo.
  • Construcción dun obxeto concreto suxerido polo alumno/a ou polo mestre. 
Material a aportar polo alumnado: Taboleiro de marqueteria para as prácticas.Taboleiro con deseño impreso para a construcción do obxeto concreto. Arco de marquetería grande.
Taller de Construción de gaitas: “Iniciación á construción de palletas”
Impartido por Carlos Corral, mestre da especialidade na EMAO 
Destinatarios: Antigos alumnos/as de IMPG ou CAIM da EMAO, profesores/as de gaita e gaiteiros/as. (indicarase no correo de inscrición) 
Programa: 
  • Corte e desbastado de cana
  • Calibrado da cana e preparación segundo tonalidade
  • Confección do tudel
  • Preatado e atado
  • Desvaste das palletas
  • Rematado e afinación
  • Confección de pallóns 
Material a aportar polo alumnado: Navalla, calibre (pé de rei)
CONDICIÓNS COMÚNS A TÓDOLOS CURSOS
Duración curso: 30 horas 
Datas: laborables do 4 ao 15 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas 
Prazas limitadas: 15 por curso, agás Zanfona e Gaita que será de 10 
Prazo de solicitude: ata o 28 de xuño de 2016 
Inscripción:
Gratuíta. Mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles)
  • Asunto: [nome do curso]
  • Nome e apelidos do/a solicitante:
  • DNI:
  • Anos nos que cursou estudos da especialidade na EMAO: [no caso en que sexa condición telos cursado para acceder ao monográfico seleccionado]
Admisión de solicitudes:
  • Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
  • Só serán válidas as solicitudes que cumpran as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso monográfico en concreto
  • A inscrición farase por estricta orde de recepción do correo electrónico de solicitude ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
  • A confirmación da matrícula realizaráa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase aos reservas

11 de maio de 2016

Convocatoria do Nivel Avanzado para o Curso 2016-2017

Proxecto "Tecnoloxía Interestelar" 2014 de Isabel Prieto Varela

Convocatoria do Nivel Avanzado para o curso 2016-2017.
O alumno/a que remate o nivel superior da especialidade na que estea matriculado/a, coa cualificación de apto/a, poderá acceder ao nivel Avanzado, que consiste no desenvolvemento dun proxecto persoal de fin de estudos directamente relacionado coa especialidade cursada, previamente presentado e seleccionado ao remate do curso académico, unha vez avaliado e calificado como Apto/non apto o proxecto desenvolvido, conforme ao Plan de Estudos da EMAO 2015 (PEMAO2015). 
Este nivel ten carácter presencial, en sesións semanais de dúas horas de duración durante a totalidade do curso académico. A asistencia será obrigatoria para os /as seleccionados/as, cun máximo de faltas de asistencia xustificadas do 25% do total do crédito horario.
Á finalización do proxecto, que deberá ser rematado antes do fin do curso académico 2016-2017, o/a docente-titor/a emitirá un informe de valoración no que conste motivadamente se o alumno/a acadou ou non os obxectivos expresos indicados na súa memoria inicial de proxecto.

Prazos

  • Do 23 de maio ao 13 de xuño de 2016, presentación de proxectos por parte do alumnado.
  • Do 14 ao 17 de xuño de 2016, informe dos proxectos por parte do profesorado e presentación da ficha docente normalizada de cada proxecto seleccionado á Comisión citada en 5.2.
  • Do 20 ao 29 de xuño de 2016: estudo e selección de proxectos pola Comisión de valoración
  • Dia 30 de xuño de 2016: exposición pública (taboleiro e internet) do listado de alumnado e proxectos seleccionados. 

28 de mar. de 2016

Curso monográfico Luthería: elaboración de rosetas para laúde renacentista e barroco


Curso monográfico Luthería antiga: elaboración de rosetas para laúde renacentista e barroco
Obradoiro de Luthería antiga da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Impartido por: Ramón R. Casal, mestre da especialidade de CAIM-Luthería antiga da EMAO
Datas: 8 de abril ao 17 de xuño de 2016 en sesións de 2 horas os venres de 18.00 a 20.00 horas. Total 22 horas.
Máximo 8 prazas. Inscripción ata o 5 de abril

Destinatarios/as: músicos, artesáns ou afeccionados á madeira que sintan inquedanza pola luthería antiga e queiran ampliar os seus coñecementos. Non se admite alumnado actual da EMAO.
Inscripción: gratuíta mediante envío de correo electrónico a
emao@vigo.org cos seguintes datos:

- Asunto: Curso Elaboración de rosetas para laúde
- Nome e apelidos solicitante:
- DNI:

A inscripción realizarase por estricta orde de recepción do correo, sempre que se cumpran coas condicións citadas. A confirmación realizarase pola EMAO por correo electrónico.

Neste curso amosaranse as técnicas de elaboración de rosetas para Laúde Renacentista e Barroco empregadas polos luthieres do S. XVIII.
A técnica a empregar será a de marquetería: segueta e bisturí. No caso da roseta de dous pisos: gubia ou troquel.

Programa
O curso terá un contido eminentemente practico.
Historia da luthería, destacando o campo dos constructores de Laude Renacentista e Barroco.-Elaboración da mesa de calar. -Preparación da goma laca para vernizado final. -Debuxado do modelo elixido na madeira. -Taladro da peza para introducir a serra. -Segueteado manual. -Perfeccionamento con limas e bisturí. -Montaxe no caso da roseta de dous pisos, preparación do pergameo. -Acabado con goma laca.