Amosando publicacións coa etiqueta Concursos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concursos. Amosar todas as publicacións

14 de mar. de 2019

II Xornadas Arte Urbana + Batalla Mural: 23 de Marzo


 
O Concello de Vigo convoca o concurso de arte urbano "Batalla Mural" co obxectivo de achegar o valor da cultura urbana, especialmente do arte urbano e do graffiti en todas as súas manifestacións, á cidadanía en xeral e á xuventude en particular e conectalo co valor cultural, patrimonial e social da cidade de Vigo e, ao mesmo tempo, promocionar e dar participación a xóvenes creadores de graffiti e arte urbano como cauce de expresión cultural e artística.
Pode solicitar a súa participación no concurso a través do formulario de inscrición

Convocatoria: Prazo solicitudes: 05/03/2019 - 14/03/2019
Documentación: Bases (05/03/2019).


22 de maio de 2017

XIV Certamen de Artes Plásticas Deputación Provincial de Ourense



A Deputación provincial de Ourense, co obxectivo de promover e apoiar ós novos valores nos distintos eidos das artes plásticas, convoca o XIV Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense, destinado a premiar e difundir os traballos dos creadores máis novos. Poderán participar todos/as os/as artistas con idades comprendidas entre os dezaoito (18) e os trinta (30) anos.
A convocatoria realízase para as modalidades de pintura, escultura, gravado e calqueira outro tipo de expresión artística (vídeo, arte dixital, instalacións, etc.)
O prazo de presentación das obras estableceras e dende a convocatoria deste certamen no Boletín Oficial da Provincia (BOP) ate o día15 de xuño do 2017. As obras entregaranse ou serán enviadas ó Centro Cultural da Deputación de Ourense (Rúa Progreso, 30 32003 Ourense). Máis información

16 de maio de 2017

XIII Bienal Internacional de Cerámica “Manises 2017”


Ata o 16 de xuño pódese enviar a solicitude de participación nesta prestixiosa bienal, que concede un total de preto de 13.000 € en premios, divididos en dúas categorías.

CERCO 2017 Premio Internacional de Cerámica Contemporánea


A Asociación Profesional de Artesanos de Aragón (Artearagón) convoca a 15ª edición do Premio de Cerámica Contemporánea, CERCO. En 2013 CERCO iniciou un novo formato, convocando Feira e Premio cada dous anos en edicións alternas. No mesmo espazo da Feira expoñeranse todos os traballos seleccionados no Premio CERCO17, que volverá convocarse en 2019. 
No premio poderán participar, tanto de forma individual ou colectiva, autores de calquera nacionalidade, cun máximo de tres obras. As obras que se presenten non poderán ser premiadas noutros concursos. As dimensións non poderán exceder de 2 metros na súa parte máis longa ou 1 metro cúbico de volume total, nin dun peso superior a 50 kg en cada unha dos seus partes.
Inscricións ata o 20 de xuño.
Bases e boletín de inscripción: www.cerco.es/pdf/cerco2017ES.pdf 
 

18 de abr. de 2017

XXII Bienal "Arte no Morrazo"


O Concello de Cangas e Frigoríficos do Morrazo convocan a Bienal "Arte no Morrazo", co fin de fomentar as Belas Artes e estimular a creatividade, diversificándose nun Premio-Beca, en colaboración coa Facultade de BB.AA. de Pontevedra, Universidade de Vigo, segundo as seguintes BASES. O prazo de presentación remata o 22 de abril de 2017.

9 de mar. de 2017

Certame de Arte Gráfica para Mozos Creadores 2017



Coa finalidade de promocionar  a práctica das distintas técnicas de xeración de imaxes múltiples, en 1996, créase o Certame de Arte Gráfica para Mozos Creadores coincidindo coa conmemoración do  250 aniversario do nacemento de Francisco de Goya, así como o bicentenario da invención da litografía por Alöis Senefelder.
A través das sucesivas edicións do Certame, a Calcografía Nacional mantívose fiel ao obxectivo inicial: o desenvolvemento dun labor de mecenado cultural co fin de apoiar e promocionar os traballos dos creadores noveis, facilitándolles un medio que permita mostrar a súa actividade e sirva de estímulo para a súa consolidación como excelentes artistas gráficos. Aquí tedes las bases da convocatoria para o 2017. Bases Certame 2017. Pdf

1 de mar. de 2017

Convocado o X Premio Internacional Compostela ao Mellor Albúm Ilustrado



O Concello de Santiago e Kalandraka convocan o X Premio Internacional Compostela dotado con 9.000 euros ao mellor álbum ilustrado
O prazo de recepción de traballos remata o 12 de maio e o fallo do xurado coñecerase a última quincena de xuño.
Ao X Premio Internacional Compostela poden optar autores e ilustradores de calquera nacionalidade que presenten obras orixinais e inéditas, escritas en calquera lingua oficial da Península Ibérica. As persoas interesadas en presentarse ao certame deberán enviar cinco copias do texto, tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en color de cada unha delas, xunto cunha maqueta acabada de todo o proxecto.
Os proxectos poderán presentarse en calquera tamaño, técnica e formato; a extensión non deberá superar as 40 páxinas interiores (sen contar gardas nin cubertas). O material, asinado baixo lema ou seudónimo, e cos datos persoais dos participantes incluídos nun sobre pechado, enviarase ao Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende, 4, 15705 Santiago de Compostela).

17 de feb. de 2017

Convocados os Curuxa do Humor 2017



O Boletín Oficial da Provincia publica as bases dos premios Curuxa do Humor 2017 convocados polo Concello de Fene para galardoar as mellores obras de humor gráfico do Estado. Cunha dotación total de 5.000 euros, os Curuxa do Humor contan de novo con dous apartados, os Curuxa para maiores de 25 anos e os Curuxa-Nova para autores e autoras menores desa idade. En calquera caso os traballos deben presentarse no rexistro municipal antes das 23.59 h. do día 30 de maio.

15 de feb. de 2017

Convocatoria Concurso Carteis para "Festa da Istoria" de Ribadavia



A obra deberá incluír o seguinte texto: 

FESTA DA ISTORIA RIBADAVIA
25 e 26 DE AGOSTO DE 2017 
Declarada de Interese Turístico Nacional
 www.festadaistoria.com 

  • Premio: 500€ o cartel gañador e dous accésits de 100€ c/u 
  • Data límite de entrega: 11 de maio de 2017 
  • Fallo do Xurado: 22 de maio de 2017
Bases concurso carteis 2017. Pdf.

13 de xan. de 2017

XXII Mostra ArtXove, Pontedeume 8 a 23 de Abril de 2017

O Concello de Pontedeume convoca a XXII Mostra ArtXove, destinada ó espallamento e potenciación das artes plásticas de acordo a unhas bases. Poderán participar nesta mostra tódolos artistas da Comunidade Autónoma de Galicia, naturais ou residentes. A idade dos participantes estará comprendida entre 18 e 35 anos. Poderase concorrer nas modalidades de escultura, pintura e fotografía. As obras e documentación para a elaboración do catálogo deberán ser enviadas antes do Luns, 20 de febreiro de 2017. Para máis información chamar ao teléfono da Biblioteca Municipal de Pontedeume: 981432598


Basesxove2016.Pdf

18 de nov. de 2016

Bases Concurso A Pedaliña 2017

Cartel gañador do concurso A Pedaliña 2016

Asociación A Golpe de Pedal (AGdP) e Concello de Vigo, coa colaboración da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), convoca o concurso de carteis anunciadores de A Pedaliña 2017.
Poderá participar no concurso o alumnado matriculado no curso 2016-2017 na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, en Centros nos que se curse Bacharelato artístico nesta cidade e o alumnado da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Poderán presentarse de xeito individual ou en equipo.
O obxectivo deste concurso é seleccionar o cartel para a divulgación do programa do evento denominado A Pedaliña 2017, conxunto de actividades que se celebrarán o sábado 27 de maio, na contorna do monte do Castro de Vigo -con diferentes disciplinas ciclistas-, e o domingo 28 cunha marcha popular en bicicleta polas rúas da cidade.
Os traballos que se presenten deberán ser orixinais e inéditos, non presentados noutros concursos e que non supoñan, en todo ou en parte, copia ou plaxio de obras xa publicadas propias ou doutros artistas. Bases concurso A Pedaliña 2017.pdf

O prazo para a entrega dos traballos a concurso finalizará o día 18 de xaneiro de 2017, luns ás 13 horas.
 

27 de out. de 2016

XXII Premio Internacional de Pintura 2016 "Francisco de Zurbarán"


Poderán participar todos os artistas maiores de 18 anos e de calquera nacionalidade.
As obras de estilo e temática libre han de estar realizadas utilizando óleos, acrílicos ou semellantes (pintura) sobre lenzo ou táboa. Quedan excluídas técnicas de témperas, acuarelas, carbón, sanguinas, tintas, etc. As obras presentadas non excederán de 2 metros lineales en ningunha das súas dimensións, sendo as medidas mínimas de 90 centímetros por 70 centímetros.
A presentación das obras farase exclusivamente en formato dixital, ata o día 18 de Novembro. Máis información na  web do  Concello de Fuente de Cantos.

19 de out. de 2016

Concurso de Cerámica e Alfarería “Memorial Joan Capdevila”


O Concello de Sant Julià de Vilatorta (Barcelona) convoca a novena edición deste concurso cuxo tema se enfoca ao ámbito da contrucción: pavimentos e revestimientos cerámicos interiores ou exteriores (baldosas, pasamanos, tezas, ladrillo oco, tobas... ).
Dotación económica: 2.500 €
Data límite de presentación de propostas: 31 de xaneiro de 2017. Basesit2017_santjuliandevilatorta.pdf (61,8 KB)

11 de abr. de 2016

LOEWE Craft Prize, un Premio Anual Internacional á Excelencia Artesanal.



Neste ano 2016, a FUNDACIÓN LOEWE crea o LOEWE Craft Prize, un premio anual internacional á excelencia artesanal. Con esta ambiciosa iniciativa, LOEWE busca dar recoñecemento a creadores de vanguardia cuxo extraordinario talento, visión artística e vontade innovadora mostren novos camiños para o futuro da artesanía. O premio volve a súa mirada ás orixes de LOEWE, unha firma de luxo internacional que comezou como un colectivo de artesanos en 1846.

7 de abr. de 2016

XX Edición do Premio Humor Gráfico "Curuxa do Humor 2016"


O Concello de FENE convoca a XX edición do premio de humor gráfico “Curuxa do Humor 2016” 

Categorías:
  • Na categoría Curuxa, calquera persoa maior de 25 anos residente no Estado español.
  • Na categoría Curuxa-Nova, calquera persoa de ata 25 anos residente no Estado español.
  • Os/as participantes poderán presentar un só debuxo.
Temática: 
Nas dúas categorías, temática libre. Humor gráfico nas súas modalidades mudo, texto ilustrado ou viñeta.
Características do debuxo:
  • As obras presentadas a concurso deberán ser de creación propia e inédita.
  • Presentaranse en formato papel, mesmo no caso de traballos realizados dixitalmente.
  • A dimensión máxima do debuxo será de 29,7x42 cm (A3).
  • Non se admitirán fotocopias nin gravados.
Lingua: Os traballos deberán estar redactados en galego. Tamén se admitirán traballos redactados en calquera das linguas oficiais do Estado aínda que, neste caso, o/a autor/a deberá achegar xunto coa documentación requirida nas Bases, a tradución ao galego do texto do debuxo. Admítense traballos de humor mudo. 
Prazo: O prazo para presentar debuxos está aberto ata as 14:00 h do día 30 de maio de 2016.

15 de mar. de 2016

Concurso do Cartel das Festas de San Xoán 2016

É obxecto do presente concurso a selección do cartel que anunciará as festas de San Xoán 2016, organizadas pola Comisión de Festas de San Xoán, e que se celebrarán no municipio de Carballo entre o 22 e o 26 de xuño de 2016.
A Comisión de Festas faralle chegar as Bases as asociacións culturais de Carballo, institutos e colexios de Carballo e Comarca así coma outras institucións culturais relacionadas co deseño, a pintura e a fotografía de Galicia.
Os traballos deberán presentarse na Concellaría de Cultura do Concello de Carballo, persoalmente ou por correo certificado, entre o 14 de marzo e o 16 de abril de 2016.
Os interesados e interesadas en consultar as bases do concurso ao completo poden facelo aquí Bases do Concurso do cartel das Festas de San Xoán 2016

4 de mar. de 2016

Convocado o Premio Nacional ás Mellores Encadernacións Artísticas de 2016

Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca o concurso nacional para a concesión do Premio ás Mellores Encadernacións Artísticas de 2016. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo 31 de xullo. Entregaranse tres premios de seis mil, catro mil e dous mil euros.
O Xurado valorará as pezas presentadas de acordo cos seguintes criterios: un 70 por cento para a técnica na construción do libro e a conxunción de todos os elementos que interveñen na encadernación, e o 30 por cento restante para a adecuación entre decoración e contido.

2 de mar. de 2016

Bases do Concurso de Carteis "A Pedaliña 2016"

Cartel gañador do ano pasado


Un ano máis, a Asociación A Golpe de Pedal e o Concello de Vigo, envíannos as Bases deste concurso de carteis dirixido ao alumnado da Escola de Artes e Oficios de Vigo e dos centros con Bacharelato artístico da nosa cidade. O prazo de presentación de traballos remata o día 25 de abril próximo.

11 de feb. de 2016

54º Concurso Internacional de Debuxo da Fundación Ynglada-Guillot, Barcelona


A Fundación Ynglada-Guillot abre unha nova edición do Concurso Internacional de Debuxo, ao que poderán concorrer artistas españois e estranxeiros. Para participar no concurso débese presentar unha ou dúas obras en branco e negro realizadas a lapis, carboncillo, estilográfica, tinta chinesa ou corrente.

2 de feb. de 2016

Concurso de deseño do Cartel do Programa Xuventude Crea 2016



A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, con motivo do programa Xuventude Crea 2016, convoca un concurso co fin de elaborar o cartel do dito programa. Máis información en: http://goo.gl/HNdrrk

PARTICIPANTES
Poderán participar no concurso todas aquelas persoas de entre 18 a 30 anos, ambas inclusive, e residentes en Galicia, agás o/a gañador/a do premio na edición do ano anterior.

TEMA
O tema e a técnica serán libres. As obras deben incluír obrigatoriamente o texto “Programa Xuventude Crea 2016” así como as especialidades que o compoñen: artes plásticas, banda deseñada, cociña, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, relato breve, poesía, teatro e videocreación.
Admitiranse traballos realizados tanto de forma individual como en grupo.
 
LUGAR E PRAZO DE ENTREGA
O prazo de admisión das obras estará aberto ata o día 29 de febreiro de 2016 e poderanse enviar por correo postal a:
Concurso deseño do cartel programa Xuventude Crea 2016
Consellería de Política Social
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 3º
15781 Santiago de Compostela