1 de mar. de 2017

Convocado o X Premio Internacional Compostela ao Mellor Albúm Ilustrado



O Concello de Santiago e Kalandraka convocan o X Premio Internacional Compostela dotado con 9.000 euros ao mellor álbum ilustrado
O prazo de recepción de traballos remata o 12 de maio e o fallo do xurado coñecerase a última quincena de xuño.
Ao X Premio Internacional Compostela poden optar autores e ilustradores de calquera nacionalidade que presenten obras orixinais e inéditas, escritas en calquera lingua oficial da Península Ibérica. As persoas interesadas en presentarse ao certame deberán enviar cinco copias do texto, tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en color de cada unha delas, xunto cunha maqueta acabada de todo o proxecto.
Os proxectos poderán presentarse en calquera tamaño, técnica e formato; a extensión non deberá superar as 40 páxinas interiores (sen contar gardas nin cubertas). O material, asinado baixo lema ou seudónimo, e cos datos persoais dos participantes incluídos nun sobre pechado, enviarase ao Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende, 4, 15705 Santiago de Compostela).

Ningún comentario:

Publicar un comentario