Amosando publicacións coa etiqueta E-Trad. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta E-Trad. Amosar todas as publicacións

12 de dec. de 2019

Venres, 13 de Decembro, Actuación Musical do Grupo Folk Moscuxia Cuartet no Espazo EMAO


Dentro das actividades complementarias da Exposición "É Encaixe", que se exhibe no Espazo EMAO (sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo), terá lugar na mesma sala este venres día 13 de decembro ás 19:15  unha actuación musical do grupo de música tradicional e folk Moscuxia Cuartet, que lidera o músico e mestre da E-Trad, Xosé Liz de Cea.
Entrada libre ata completar o aforo.

7 de feb. de 2013

Entroido 2013 na E-Trad


Os nosos amigos da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (E-TRAD), convocan a os seus alumnos a participar nas actividades do Entroido 2013 que organiza a Escola e comparten con nos este pequeno aperitivo, uns versos de Juanma Figueiro. É unha convocatoria para o disfrute destes días de entroido, son días de festa, de disfraces pero tamén son días para facer burla e  sátira do que nos acontece. As coplas tédelas aquí

Miñas Donas, meus Señores:
 tal e como está o ambiente
 (triste, tosco, deprimente...)
 e para aliviar as dores
 polas cousas que van mal

convocamos aos clientes,
aos alumnos, profesores,
e, en fin, a toda a xente
de Vigo e dos arredores
a cantar con Don Carnal.

A casados e solteiros,
sen esposa, con marido,
aos tristes e aflixidos,
aos alegres parrandeiros:
vinde cantar á ETRAD!

Para esquecer as penas,
para enterrar o loito,
este venres, día oito,
faremos unha verbena.
Vinde tocar á ETRAD!

No auditorio ás 6 da tarde
montaremos un ensaio,
antes de saír en manada
por Vigo, de parte a parte,
trouleando sen desmaio
entre a xente alborotada.

Vinde os de Conxunto!
Vinde os de Instrumento!
As coplas, polo momento,
tédelas no arquivo adxunto.
(Íanvos chegar por correo,
mais con esto dos recortes
non damos saído de pobres,
e co ive, a mala sorte
e o carallo 29,
están moi caros os portes,
que os cartos non caen do ceo
e non temos para SOBRES.)

E que viva Don Carnal!!!!!!!!!

27 de abr. de 2012

O MAIO E OS SEUS CANTARES SAEN Á RÚA

Este foi o proceso ata hoxe...








 

 








COLOCACIÓN DAS PORTADAS PARA CELEBRAR OS MAIOS 2012

Esta tarde procedeuse á colocación das portadas que decoran as entradas das escolas Emao e E-trad con motivo da celebración dos maios 2012, unha actividade creativa e lúdica na que colaboraron alumnos e profesores de ambas entidades.







25 de abr. de 2012

EMAO E ETRAD COMPARTEN A CHEGADA DOS MAIOS

Estudiantes das Escolas Municipais de Música Folk e Tradicional (e-Trad) e de Artes e Oficios (EMAO) celebran de maneira conxunta a festa tradicional dos maios.
O venres 27 de abril ramatarase o maio tradicional que se confecciona no patio do edificio;  asemade decoraranse as   portas e fachadas dos edificios das rúas García Barbón e Pontevedra que albergan ás dúas escolas.

O venres 27 de abril de 17:00 a 18:00h, para que todo o mundo poida participar deste interesante evento, haberá un curso intensivo de cantares dos maios no salón de actos. Este curso precederá á mostra na escola e á saida do maio polas rúas da cidade.
¡Animádevos a participar!

Texto enviado polo alumnado participante da EMAO/ETRAD:

"Un grupo de alumnos da E-Trad xunto con outro da E.M.A.O., puxéronse de acordo para elaborar unhas decoracións para as portas principais de ambas escolas para celebrar os Maios deste ano.

Foi unha actividade moi agradecida, polas cores, as formas, as ideas, todo un traballo en equipo e con moita colaboración desinteresada por parte de todos os participantes. O importante de todo isto é o gozar mentres se vai facendo, deixarse levar, deixar saír o neno que levamos dentro, con total liberdade creativa.

Durante o tempo deste proceso creativo e artístico moitos foron os que comentaron, tanto dentro como fóra das escolas, que oxalá isto sexa o principio de máis actividades artísticas entre os alumnos por e para eles, xa sexa entre os de cada escola por separado ou entre os das dúas como foi este caso.

Hai moita arte neste edificio que hai que mostralo a todo o mundo, aos compañeiros dos demais talleres e aos habitantes desta cidade, e por que non!?, ao mundo enteiro!. Hoxe día grazas ás redes sociais e á comunicación vía internet podemos facer que chegue a todos os recunchos. Nesta cidade fai falta RUÍDO", moito  RUÍDO ARTISTICO, RUÍDO SAN E DIVERTIDO.

Para algo estamos a estudar arte (plástico, artesanal, un oficio artesanal, un oficio artístico, sonoro, musical, danza, tradición,...) e formándonos como profesionais cada un no campo que elixiu.

!QUE VIVAN OS MAIOS!, e sobre todo.... !QUE VIVA A ARTEEEE!!!!!!."

Alumn@s da E-Trad e da E.M.A.O.

20 de abr. de 2012

ALUMNOS DA EMAO E DA E-TRAD PREPARAN XUNTOS A FESTA DOS MAIOS

 


Estas son as imaxes da preparación da festa dos maios, algúns alumnos e mestres colaboran neste proxecto común para decorar as portas das dúas escolas. Animarvos a participar!!!