Amosando publicacións coa etiqueta Poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Poesía. Amosar todas as publicacións

25 de nov. de 2019

Imaxes das Actividades na Hemeroteca do Venres 22 de Novembro

Super Bock Under Fest 2019

Gruff Rhys no primeiro concerto do Super Bock Under Fest 2019

Gruff Rhys no ensaio previo á súa actuación

Presentación do Poemario "Lobo Come Lobo" de Rafael López Vilas 


16 de maio de 2019

Actividades na Hemeroteca para a Semana do 20 ao 24 de Maio

  • Mércores 22 de maio ás 19:45, presentación do poemario de Esther González Sánchez "El amor aún sabe dónde vivo"





  • Xoves 23 de maio ás 19:00, presentación de IndiGenias, un proxecto autoxestionado que busca resgardar oficios, técnicas deseños ancestrais dos pobos indíxenas de Latinomérica por medio da investigación, difusión e comercialización dos seus traballos baixo criterios de comercio xusto. Nas charlas de arte téxtil explícanse os procesos de elaboración das pezas, como se expresa a identidade cultural nos téxtiles, a relación que as bordadoras e tejedoras teñen coa súa comunidade, o espazo que habitan e a natureza, así mesmo faise unha revisión iconografica dos traxes tradicionais das comunidades situadas no lago Atitlán.  



17 de abr. de 2018

Presentación do libro "Festival de Poesía" na Hemeroteca


Onte na hemeroteca tivo lugar a  presentación da antoloxía dos autores participantes na primeira edición do Festival Poemaria.

13 de abr. de 2018

Presentación do Libro I Edición de Poemaria na Hemeroteca

Autor da portada Federico Fernández

A presentación da antologia dos autores participantes na primeira edición do Festival Poemaria nunha selección bilingüe, será o luns día 16 de abril ás 19:30 na nosa hemeroteca. Ademais dos directores do festival Keith Payne e Patricia Sanchez, participarán algunhas das marabillosas voces que participan no libro: Ismael Ramos, Silvia Penas Estévez, Iolanda Zúñiga, Miguel Ángel Alonso Diz e con sorte Elvira Ribeiro.

8 de maio de 2017

Presentación do libro "Sinfonías del Tiempo" de Rosario Miloro Costas


Este venres, 12 de maio ás 19:30 na hemeroteca temos a presentación do libro de Rosario Miloro Costas "Sinfonía del Tiempo". Son haikus ilustrados con tintas chinas e gravados por  Dolores Miloro Costas, alumna da nosa Escola.

14 de mar. de 2017

Presentación do Libro "La Realidad Extraviada" de Mª Isabel García Uría na Hemeroteca de Artes e Oficios


O vindeiro, xoves 16 de marzo ás 19.30, presentación na nosa hemeroteca do libro de poesía "La realidad extraviada" da autora afincada en Pontevedra, Mª Isabel García Uría e prologada polo tamén escritor e poeta Miguel Ávila Cabezas.

8 de mar. de 2017

Presentación do Libro "Six Galician Poets" o 10 de Marzo na Hemeroteca de Artes e Oficios


Este venres, 10 de marzo ás 20:00 h, presentación do libro Six Galician Poets,  unha antoloxia de seis dos mellores poetas contemporaneos galegos: Chus Pato, Yolanda Castaño, Maria do Cebreiro, Pepe Cáccamo, Estevo Creus e Daniel Salgado. No acto participarán entre outros a nosa alumna Su Garrido Pombo que poñerá un pouco de música ao evento

15 de xuño de 2016

Presentación do Libro de Poemas "Carrusel de las Eras" de Rafael Pintos (Wladimir Dragossán)


O luns, 20 de xuño ás 19:00, o artista pontevendrés Rafael Pintos, tamén coñecido como Wladimir Dragossán presentará na nosa hemeroteca un libro de poesía titulado "Carrusel de las Eras"

27 de abr. de 2015

Presentación do Poemario "Origen" de Daisy Villalobos Leal


Este mércores, 29 de abril, ás 20:00 h, na hemeroteca, teremos un recital poético a cargo de Miguel Angel Curiel e Daisy Villalobos Leal, co  gallo da presentación do último poemario de Daisy Villalobos, títulado "Origen". Este é o terceiro libro de poemas desta novísima escritora, anteriormente publicou "Pon labios en la hierba" e "Los paisajes de tu mano izquierda".

23 de abr. de 2014

"Espíritu Insomne" e " Está mal visto perder o tempo" de Miguel Núñez


O fotógrafo Miguel Núñez presentará este sábado 26 de abril ás 21 h, en Apo'strophe (Fernández del Riego s/n Plaza Elíptica, Vigo), o visionado de dúas pezas, diaporamas acompañados de música que aúnan fotografía e poesía. Miguel Núñez é alumno da nosa escola, no obradoiro de escultura e talla na madeira que imparte Rosa Garcia Martinez.

6 de feb. de 2014

Exposición "Terra e Papel" de Fonso Castro



Últimos días para visitar a exposición Terra e Papel, no Pazo da Cultura de Pontevedra, ata o 9 de febreiro. Esta obra creada por Fonso Castro, é unha actuación artística sobre un libro, Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, que viu a luz en 1863, Vigo, na imprenta de Juan Compañel.
Esta colección de obras está dividida en catro grupos: libro escultura, encadernacións artísticas, instalacións e libro de artista. En todas as obras están os poemas que Rosalía escribiu para a primeira edición, tamén chamada “edición príncipe”, de Cantares Gallegos.
Na maioría das obras xógase con dous elementos o papel e o barro. Estes vanse unindo e complementando, de tal forma, que crean pezas únicas. Esta é unha das bases da formación do título da exposición, xunto coa orixe dos poemas de Rosalía e para quen vai dirixido, á súa querida Terra Galega. Os títulos das obras fan referencia a versos dos poemas e buscan incitar o espectador a ler e reler a obra de Rosalía. 


Data
19 de diciembre - 09 de febrero

Horario
De martes a venres de 17 a 21h
Sábados de 11 a 14 e de 17 a 21h
Domingos e Festivos de 11 a 14h

5 de feb. de 2014

Nova Exposición en Apos'trophe Sala de Arte "Os Páxaros Son o Meu Tempo"


Apo'strophe Sala de Arte segue traballando para ofrecernos unha fiestra aberta a múltiples universos e sensibilidades artísticas. Nesta ocasión, Apo'strophe achéganos o traballo "Los pájaros son mi tiempo" de Pilar Pérez Abilleira.
En "Los pájaros son o mi tiempo", a artista móstranos obras realizadas con obxectos concretos, caixas e outras construcións realizadas con papeis, collages que parecen cartas ou recordos cargados de afecto e misterio.
Nesta proxecto que é a Sala de Arte Apo'strophe participa un alumno da nosa escola José Manuel Ucha.

Do 31 de Xaneiro ao 22 de Febreiro
De luns a sábado de 18h a 21h en Apo'strophe Sala de Arte (
Centro Plaza Eliptica )

4 de feb. de 2014

"A Galopar" o Espectáculo de Hugo Ponce en Vigo

Información do espectáculo que Hugo Ponce ten previsto realizar en Vigo como colofón da súa volta por diversas cidades de España. En Vigo, durante esta semana está impartiendo seminario de Técnica Vocal a todos os grupos de corales de Vigo organizado por ACOPOVI, sendo estes seminario totalmente gratuitos.

As funcións do espectáculo de  HUGO PONCE, "A GALOPAR", desenvolveranse en o:

31 de maio de 2013

O Novo Proxecto de Federico Fernández

Ilustracións de Federico Fernández

Federico Fernández, o noso mestre de debuxo, calaborou co proxecto Verkami no novo disco de Carles Pastor "Dies de Ràdio" no que pon música a algúns poetas de Valencia,  Francesc Mompó, Alba Àlvarez, Manel Alonso i Vicent Nàcher máis unha poetisa galega Miriam S. Moreiras. Aquí tedes máis información

22 de maio de 2013

Presentación do Libro "Los Paisajes De Tu Mano Izquierda", Xoves, 23 de Maio


Mañá xoves, 23 de maio, ás 20 h tera lugar a presentación de "Los paisajes de tu mano izquierda", será na librería Librouro, este é o segundo libro da prometedora poetisa Daisy Villalobos Leal e está prologado por J. M. Caballero Bonald recentemente galardoado co premio Cervantes. Anteriormente publicou "Pon labios en la hierba". Desde aquí desexámoslle moita sorte a Daisy.

2 de maio de 2013

VI Certame de Poesía Victoriano Taibo

O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o VI Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. Está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM.
Victoriano Taibo foi unha figura sobranceira nos dous primeiros terzos do século XX. Mestre de profesión, membro da Real Academia Galega e do Instituto de Estudos Históricos do Minho, lingüista e escritor, publicou Abrente (1922), Da vella roseira (1925) e Da agra aberta, contos e lêndas (1956), reeditada agora polo IEM; Follas novas editou recentemente os seus poemarios Abicedo e Cabrinfollas.

20 de mar. de 2012

RECITAL DE POESÍA NA HEMEROTECA DA EMAO


O pasado venres, 16 de marzo, tivo lugar na hemeroteca da Emao, un recital de poesía a cargo da novísima autora Daisy Villalobos que deleitou ao público coa lectura dalgúns versos do seu libro "Pon labios en la hierba" publicado pola editorial Elvira. O acto foi presentado polo noso director Rafael Ojea,  a autora estivo acompañada polo escritor David Pérez que fixo unha semellanza da traxectoria poética de Daisy Villalobos e por Pablo Villalobos que puxo fondo musical ao recital. Desde aquí, desexamos moita sorte a Daisy neste camiño da creación poética que acaba de comezar.