Amosando publicacións coa etiqueta Gravado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Gravado. Amosar todas as publicacións

27 de nov. de 2018

Premio María Teresa Toral de Produción Gráfica a Rosa García, Mestra de Escultura e Talla en Madeira da EMAO



Este pasado sábado, 24 de novembro, entregáronse os XXIV Premios Nacionais de Grabado no Museo do Grabado Español Contemporáneo. Temos que felicitar á nosa profesora de Escultura e talla en madeira, Rosa García Martínez, que recibiu o premio María Teresa Toral, un dos tres que conceden á Produción Gráfica. Seleccionáronlle dous dos seus gravados da serie “... o que queda tras o bosque” e recibiu o premio por un deles “Bosque Negro”

Obra premiada "Bosque Negro"
Obra seleccionada
Sería interesante destacar o xurado que outorgou o premio e que estaba formado por José María de Francisco, director da Feira de Arte Estampa (unha das máis importantes de Europa de Arte Gráfica); Juan Francisco Rueda, crítico e comisario de Arte e Germán Borrachero, director do MGEC (Museo do Grabado Español Contemporáneo).
Parabéns!!!







24 de xul. de 2018

Máis fotos dos Cursos de Verán 2018 da EMAO

"Estampación e edición dunha carpeta de gravados". Encadernación e Talla

 

"Insolado e estampación con tintes naturais". Serigrafía artística

 

"Mar de latón e fío". Encaixe e Ourivaría




 "O debuxo como linguaxe na moda: o figurín I". Debuxo e Moda


"Ferramentas para traballar o coiro". Coiro e Gaita


Curso "Pasta exipcia". Cerámica artística

  
"Banco de carpinteiro". Zanfona 

 

9 de mar. de 2017

Certame de Arte Gráfica para Mozos Creadores 2017



Coa finalidade de promocionar  a práctica das distintas técnicas de xeración de imaxes múltiples, en 1996, créase o Certame de Arte Gráfica para Mozos Creadores coincidindo coa conmemoración do  250 aniversario do nacemento de Francisco de Goya, así como o bicentenario da invención da litografía por Alöis Senefelder.
A través das sucesivas edicións do Certame, a Calcografía Nacional mantívose fiel ao obxectivo inicial: o desenvolvemento dun labor de mecenado cultural co fin de apoiar e promocionar os traballos dos creadores noveis, facilitándolles un medio que permita mostrar a súa actividade e sirva de estímulo para a súa consolidación como excelentes artistas gráficos. Aquí tedes las bases da convocatoria para o 2017. Bases Certame 2017. Pdf

30 de mar. de 2016

270 Aniversario do Nacemento de Goya


Hoxe cúmprense 270 anos do nacemento de Francisco de Goya y Lucientes (1746-1828), pintor e gravador, a súa obra abarca a pintura de caballete e mural, o gravado e o debuxo. En todas estas facetas desenvolveu un estilo que inaugura o Romanticismo. A arte goyesca supón o comezo da pintura contemporánea, e considérase precursor das vanguardias pictóricas do século XX.
Na nosa biblioteca podedes encontrar varios títulos referentes a súa traxectoria artística.

  
  • Goya / por Laurencio Matheron ; traducción de G. Belmonte Müller.-- Madrid : [s.n.], 1890
    Francisco de Goya, 1746 - 1828 / Rose-Marie y Rainer Hagen.-- Hong Kong, Köln, Madrid, etc. : Taschen, cop. 2005
  • Tapices y cartones de Goya : Palacio Real de Madrid, exposición Mayo- Julio 1996.--  Madrid : Lunwerg, D.L.1996
  • De Goya al cambio de siglo (1800-1920) : Pintura española y europea en la Colección Ibercaja : Museo de Belas Artes da Coruña, 5 outubro - 6 novembro 2001.--  [A Coruña]: Museo de Belas Artes da Coruña, Xunta de Galicia, 2001  
  • Goya Gravador : catálogo dos gravados de Goya no Museo de Belas Artes de A Coruña.-- A Coruña : Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, 1994
  • Goya, los caprichos : dibujos y aguafuertes / [coordinación general, Gabinete de Estudios de la Calcografía, Clemente Barrena ... et al.].--  Madrid : Central Hispano : Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, Calcografía Nacional, 1994
  • Goya, la Tauromaquia y Los Proverbios o Disparates: [catálogo de exposición]/ textos, Juan Carrete Parrondo, José Manuel López Vázquez .-- [Vigo]: Caixavigo D.L.1998
  • Los desastres de la guerra : Goya no Museo de Pontevedra : (mostra conmemorativa do segundo centenario da Guerra da Independencia) / [texto, Ana Barbazán Iglesias ... et al.].-- [Pontevedra] : Museo de Pontevedra, 2009 
  • Goya : dibujos / Enrique Lafuente Ferrari.-- Madrid : Sílex, D.L.1996
  • Francisco de Goya: o rostro, espello da alma, 26 novembro 2001-13 xaneiro 2002, Auditorio de Galicia.-- [A Coruña] : Fundación Caixagalicia, D.L.2001

12 de xan. de 2016

Curso monográfico na EMAO: "Gravado en relevo: xilografía"

Dentro das previsións do novo Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, inícianse neste mes o  curso monográfico da
especialidade de Talla e escultura en madeira: Gravado en relevo: xilografía, impartido por Rosa García profesora deste taller na EMAO.

O curso desenvolverase entre os días 22 de xaneiro e 15 de abril de 2016, cunha duración total de 24 horas, repartidas en 12 sesións, os venres entre as 10:30 e as 12:30 horas.
Vai dirixido a persoas que non estean matriculadas no curso 2015-2016  na EMAO e que posúan coñecementos básicos de debuxo e escultura. 
O número máximo de inscritos é de 15.  O prazo de preinscrición remata o 19 de xaneiro.
As persoas interesadas deberán preinscribirse por correo electrónico, seleccionándose a admisión, entre as que reúnan os requisitos, por orde de recepción no correo electrónico da Escola.  No correo deberán recollerse os datos que se indican no anuncio da convocatoria que pode  consultarse na cabeceira desta mesma entrada (pinchar na imaxe para agrandar).
 

10 de abr. de 2014

23 Premio Internacional de Gráfica Máximo Ramos 2014


O obxectivo do 23 Premio Internacional de Gráfica Máximo Ramos 2014, que se celebra con carácter bianual, é dar testemuño do dinamismo e pluralidade da gráfica actual desde a perspectiva da arte contemporánea múltiple e seriada.
Esta convocatoria constitúe, así mesmo, unha oportunidade para a consolidación e enriquecemento dos fondos de arte do Centro Torrente Ballester.
O carácter de convocatoria pública vén dado polo anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG). As bases serán expostas en www.ferrol.es, www.centrotorrenteballester.com e no taboleiro de anuncios do Concello de Ferrol.

3 de abr. de 2014

Marc Taeger Presenta O Seu Novo Álbum "Elefante Comellón"


Este venres, 4 de abril, a partir das 18:30 horas, presentará o seu novo traballo o ilustrador suízo Marc Taeger, un álbum ilustrado títulado "Elefante Comellón" publicado por Kalandraka. Trátase dun relato do narrador Rafa Ordoñez que Marc Taeger acompaña con imaxes elaboradas coa técnica do linogravado. No proceso de impresión dos orixinais, o ilustrador contou coa colaboración dos mestres Alba Pardo e Federico Fernández da nosa Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO).
Durante este mes de abril, a sala de exposicións de Libros Para Soñar (Triunfo, 1. Vigo) acolle unha mostra das ilustracións de Marc Taeger, xunto con bosquexos e materiais utilizados no proceso do linogravado. “Elefante comellón” tamén se asoma ao escaparate da libraría, cunha instalación artística realizada polo propio artista.


1 de abr. de 2014

IV Bienal Internacional de Gravado 2014


 
A Asociación Cultura para as Artes de Valladolid, Grupo Aguafuerte, en colaboración coa Deputación de Valladolid convoca a, IV Bienal Internacional de Gravado Aguafuerte Provincia de Valladolid á que poderá concorrer calquera artista nacional e internacional. Cada artista poderá presentar un máximo de dúas obras orixinais realizadas obrigatoriamente no sistema de gravado calcográfico (buril, punta seca, aguatinta, augaforte, augada, manera negra, verniz brando, etc.) que se poderán combinar con técnicas complementarias que o artista considere oportunas, incluídos os procedementos dixitais. Non se admitirán obras que fosen presentadas e premiadas con anterioridade. As obras deberán estar realizadas durante os anos 2013 ou 2014. Non poderá concorrer ao premio o gañador da convocatoria anterior. A medida de cada estampa sobre papel non excederá de 112 x 76 cm, e terá un mínimo de 55 x 40 cm.  Bases Pdf.
O prazo remata o 15 de abril de 2014.

"Jardines Imaginados" a Exposición de Rosa García na Sala Apo'strophe de Vigo


Este venres, 4 de abril, na sala de arte Apo'strophe de Vigo, inaugura exposición Rosa García, mestra de escultura e talla en madeira da Emao. Baixo o título "Jardines Imaginados", Rosa móstranos unha selección de gravado & escultura. A inauguración será ás 20:30 h e permanecerá aberta ata o 3 de maio. Animarvos a visitala.

28 de nov. de 2013

XXI Premios Nacionais de Gravado


A Fundación Museo do Gravado Español Contemporáneo de Marbella (MGEC) convoca a XXI edición dos Premios Nacionais de Gravado á que poderán concorrer artistas españois, así como estranxeiros residentes en España.
O prazo de presentación ás distintas categorías dos premios termina o 10 de xaneiro de 2014. Descargar bases
Máis información en:
Fundación Museo del Grabado Español Contemporáneo de Marbella

26 de xul. de 2013

Convocatoria Residencias Artísticas Gravado (1ª Metade 2014) en Bélgica


CONVOCATORIA RESIDENCIAS ARTISTICAS GRAVADO 
(1ª metade 2014)
FRANS MASEREEL CENTRUM (Bélgica)
Data límite presentación solicitudes: 01-08-2013
O centro Frans Masereel de Bélgica ofrece residencias de aloxamento e traballo dirixidas a artistas e críticos que traballen gravado calcográfico, serigrafía ou litografía e a todos aqueles que queiran investigar a relación entre a gráfica e o resto de técnicas artísticas.
Centrado principalmente na creación e non na reprodución, o Frans Masereel inaugurouse en 1972 co obxectivo de servir como plataforma e lugar de encontro entre o público e a obra do artista.
Toda a información en: www.fransmasereelcentrum.be/en/residency 

16 de maio de 2013

Concurso Internacional de Gravado Contemporáneo, Fig Bilbao 2013



Segundo Premio Internacional de Gravado Contemporáneo dentro de FIG Bilbao 2013, no que poden participar todos os artistas sen límite de idade e nacionalidade. O obxectivo do premio é dar un gran impulso ao gravado contemporáneo nas súas diversas formas e dar actualidade á tradición das Artes de gravado.
O premio é unha gran oportunidade para desenvolver unha colección permanente que será aloxada en museos e fundaciones internacionais, para difundir e mellorar o mundo do gravado contemporáneo. 
É unha iniciativa única no mundo do gravado, que busca o recoñecemento dos artistas, premiando a mellor obra de arte gráfico, convertendo a Bilbao nun centro europeo das Artes do Gravado. Seleccionarase a vinte participantes, cuxas obras serán expostas dentro do festival. Centrarase en obras de gran formato e realizados con técnicas mixtas de gravado.

6 de maio de 2013

Master en Medios de Impresión Gráfica, Ilustración e Acuñación Artística


MASTER EN MEDIOS DE IMPRESIÓN GRÁFICA, ILUSTRACIÓN E ACUÑACIÓN ARTÍSTICA.
UCLM/FNMT - RCM. IV Edición. 
BECAS Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda
Preinscrición: do 17 de xuño ao 30 de agosto , 2013
A Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - RCM en colaboración coa Universidade de Castilla A Mancha, imparte nas súas instalacións de Madrid, un Máster en Medios de Impresión Gráfica, Ilustración e Acuñación Artística dirixido a Licenciados e Graduados en Belas Artes cunha duración de dous anos lectivos. O prazo de preinscrición abrirase o próximo mes de xuño e seleccionaranse un máximo de 8 alumnos para cada unha das súas especialidades (Gravado e Deseño Gráfico).
Os alumnos seleccionados serán bolseiros pola FNMT-CRM nun 90% do custo do Máster, así mesmo e dependendo do aprovechamiento, poderanse outorgar ata un máximo de 3 becas para realizar prácticas na FNMT. Máis información en www.uclm.es e en www.fnmt.es

5 de abr. de 2013

VIII Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez

VIII PREMIO INTERNACIONAL DE ARTE GRÁFICA JESÚS NÚÑEZ


Na liña de apoio á creación artística que leva a cabo a Deputación da Coruña e, en concreto, ao desenvolvo da arte gráfica así como, en recoñecemento ao labor realizado pola Fundación €œCentro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos e á ampla traxectoria do artista Jesús Núñez, o seu fundador, a Deputación da Coruña convoca o VIII Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez
O prazo de envío das obras será do 1 ao 29 de xuño de 2013.

10 de set. de 2012

IV Premio Atlante do Museo de Gravado á Estampa Dixital de Artes




Poderán participar todos os artistas nacionais e estranxeiros que o desexen. As obras deberán estar executadas necesariamente en calquera dos sistemas e técnicas tradicionais da arte gráfica (calcografía, xilografía, litografía ou serigrafía), que se poderán combinar con aquelas outras técnicas gráficas, incluídas os procedementos dixitais e electrográficos, que considere conveniente o artista.
Os gravados enviaranse sen enmarcar, convenientemente protexidos á Fundación Museo das Artes do Gravado. Lugar de Outeiro. ARTES- Riveira. 15969 (A Coruña) España, do 1 de ABRIL ao 30 de NOVEMBRO.