Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiros. Amosar todas as publicacións

9 de mar. de 2018

2 de mar. de 2015

Obradoiro de Construción de Instrumentos Musicais na Universidade de Vigo



 
David Carbajal Castiñeira, alumno de 2º de luthería antiga na nosa escola, impartirá un obradoiro na Universidade de Vigo sobre a construción de instrumentos musicais con material reciclado. O Obxectivo deste obradoiro é estimular a imaxinación e a creatividade do alumnado. Crear unha serie de instrumentos sen a necesidade de investir moito diñeiro. Contribuír co medio ambiente dando unha segunda oportunidade aos materiais, diminuíndo así a nosa pegada ecolóxica.

Código: 2014834
Dirección: David Carbajal Castiñeira e Bibiana Piñeiro Muñiz
Datas: do 7 de abril ao 11 de maio de 2015
Horas: 40
Número de prazas: 20
Prezo: 40€
Lugar de celebración: Taller de madeira da Escola de Enxeñaría Forestal
Horario: luns a xoves de 16.30 a 18.30 horas
3 L.E/ 1 ECTS

5 de set. de 2014

XXXIII Feira de Cerámica , Ponferrada, 6-9 de Setembro 2014


PROGRAMA EMBARRARTE 2014 (do 6 ao 9 de Setembro)

Taller de torno dirixido polos Irmáns Peño, e intervencións sobre algunhas das súas formas, pola ceramista de Delhi (India) Madhur Sen.

Taller de reproducións de cerámicas dos Vacceos, achadas nas excavaciones do yacimiento de Pintia (Valladolid) e dirixido por Carlos Jimeno.

Taller de decoración e pintura cerámica artística sobre pratos e azulexos, dirixido pola profesora de pintura e decoración de cerámica artística do CENCAL (Portugal), Mª Jesús Sheriff.

23 de dec. de 2013

Obradoiros Infantís de Nadal no Marco



"No Nadal, un conto"
Obradoiros infantís de Nadal

Para nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas
 
Datas no MARCO:

Xoves 26 e venres 27 de decembro de 2013
Xoves 2 e venres 3 de xaneiro de 2014
Horario: de 12.00 a 14.00

Lugar: ‘Laboratorio das Artes’ (1º andar)
Organiza: Concellaría de Normalización, Concello de Vigo / Centro de Interpretación da Oralidade, en colaboración co MARCO
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ata completar aforo
· Hora límite de entrada: ás 12.15
· Máximo 3 nenos por adulto

20 de feb. de 2013

Michael Nadeau, Artista do Coiro, na Emao

Michael Nadeau en Artcuero.com
Este venres, 22 de febreiro, visítanos, para impartir unha master class ao alumnado da especialidade de Artesanía do Coiro da EMAO e a profesionais de obradoiros vigueses, un dos artesáns-artistas que aporta obra na exposición "100x100 Coiro" que se está a exhibir no Espazo EMAO; trátase de Michael Nadeau, un recoñecido mestre artesán, con obradoiro en Madrid e que ten recibido diversos premios nacionais polo seu traballo. Durante a sesión, cunha duración de catro horas, amosará especialmente a técnica de modelado en húmido da que é unha referencia no traballo en coiro en España. 
Con esta actividade complementaria da exposición producida pola nosa Escola, preténdese achegar ao alumnado e artesáns vigueses ás técnicas avanzadas, da man dun especialista de primeira orde.

Máis información...

21 de nov. de 2012

Cursos e Talleres Artísticos no MACUF


TALLERES DE ARTE INTERACTIVA
WASSILY IN WORKSHOPLAND.
Impartido por: Paola Guimerans

Grupo2_24 de novembro de 2012 | Público en xeral, sábado de 12.00 a 14.00 horas
Grupo3_24 de novembro de 2012 | Persoas maiores, sábado de 17.00 a 19.00 horas
Grupo4_30 de novembro de 2012 | Estudantes e profesionais da arte, venres de 17.00 a 19.00 horas.
Un total de 2 horas de curso en 1 sesión de 2 horas



TALLERES DE ARTE INTERACTIVO
INTERACTIVE PAINTINGS, WEAR IT!

Impartido por: Paola Guimerans

Viernes 21 de diciembre de 2012, de 17.00 a 19.00 horas

Un total de 2 horas de curso en 1 sesión de 2 horas

+Información

13 de nov. de 2012

Postais do Nadal Interactivas: Talleres de Arte Interactiva, Art Crafts Happening for kids


TALLERES DE ARTE INTERACTIVA
ART CRAFTS HAPPENING FOR KIDS:
POSTAIS DO NADAL INTERACTIVAS

Impartido por: Paola Guimerans 

no Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MACUF)
Sábado 1 de decembro de 2012
Taller aberto ao público de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 19.00 horas.

31 de maio de 2012

TALLER ANIMACIÓN CINEMATOGRÁFICA STOP MOTION CON OBXECTOS DE PLASTILINA



Coa colaboración da Deputación de Pontevedra, a UIMP Galicia programou o taller Animación cinematográfica Stop Motion con obxectos e plastilina, dirixido por Virginia Curiá e Tomás Conde, directores de cine de animación, de Algarabía Animación, que terá como marco a sala de investigadores do Museo desde o 11 ao 15 de xuño. Máis información.